XVIII Memorial Adolfo Pedrido
IV Torneo Escolar Memorial Adolfo Pedrido
Pavillón deportivo da Rúa Castelao, 13 – Vilagarcía de Arousa
Sábado 18 de setembro de 2010 | Resultados
TORNEO DO V CIRCUITO GALEGO ESCOLAR
Informa: Anxo Vilas Club Xadrez Fontecarmoa Web
Bases:
Data: Sábado, 18 de setembro de 2010
Lugar de xogo: Pavillón Deportivo da Rúa Castelao de Vilagarcía de ArousaHorario:
10:30 h. Presentación
11:00 h. 1ª Rolda
12:00 h. 2ª Rolda
13:00 h. 3ª Rolda
16:00 h. 4ª Rolda
17:00 h. 5ª Rolda
18:00 h. 6ª Rolda
19:00 h. 7ª Rolda
20:00 h. Entrega de PremiosCategorías:
Sub-8 “Promesas”: Nados nos anos 2002 e posteriores
Sub - 10 “Benxamís”: Nados nos anos 2001 e 2000
Sub - 12 “Alevíns”: Nados nos anos 1999 e 1998
Sub - 14 “Infantís”: Nados nos anos 1997 e 1996
Sub - 16 “Cadetes”: Nados nos anos 1995 e 1994Sistema de xogo:
Suízo a 7 Roldas (20 min. Finish para as categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12)
Suízo a 7 Roldas (15 min. + 5” por xogador para as categorías Sub-14 e Sub-16)Inscricións:
Ata o 16 de setembro. Non se admitirán inscricións pasada esta data.
cxfontecarmoa@hotmail.com Teléfono: 610 77 03 61 – José A. de SantiagoParticipantes: Ata un máximo de 200 xogadores admitidos por orde de inscrición.
Desempates:
1º Buchholz Brasileiro, 2º Buchholz total e 3º Progresivo ata as últimas consecuencias. As partidas non disputadas computarán como táboas contra se mesmo para os efectos de Buchholz.
Byes: Permítense dous byes sen puntos solicitados antes da primeira Rolda.
Xogadas ilegais: Tres xogadas ilegais supoñerán a perda da partida. Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.
Inicio das partidas: Á hora indicada para o inicio da sesión, poñeranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñen as pezas brancas. O tempo permitido de atraso é ata a caída de bandeira.
Director do Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández
Árbitro principal: Evaristo Rodríguez López
Premios: Para os cinco primeiros de cada categoría. A organización resérvase o dereito de incluír premios a nivel local.
Comida: A organización facilitará un vale de comida para cada xogador.
Sorteo: Entre todos os xogadores que rematen o torneo.
Obsequios: A todos os participantes.
Organizan: