V Circuito Galego Escolar

Galicia - 2010

Descargar PDF

PRESENTACIÓN / TORNEO BASE:

Dando continuidade ao circuíto escolar celebrado no ano 2009, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do V CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2010, nun intento de seguir promovendo o xadrez nos rapaces máis mozos da sociedade galega afeccionados ou non a este deporte.

            Os torneos irían dirixidos a xogadores, non obrigatoriamente federados,  nados no ano 1994 e posteriores que se encadrarían en catro categorías:

            - Cadetes         (nados nos anos 1994-1995)
            - Infantís         (nados nos anos 1996-1997)
            - Alevíns          (nados nos anos 1998-1999)
            - Benxamíns    (nados nos anos 2000-2001)
            - Promesas       (nados nos anos 2002 e posteriores)

Preténdese que os torneos sexan organizados por Clubs, Institucións, Organismos ou Empresas que teñan como unha das súas prioridades o fomento do deporte base, polo cal dende a organización impulsarase que os eventos promovan máis a deportividade e a participación, que a competividade.

O Circuíto desenrolaríase dende o mes de abril ata o mes de novembro, deixando finalizar a competición de liga e dando tempo a que se celebren a fases zonais dos galegos do ano seguinte.

Co gallo de diversificar o máis posible o achegamento do xadrez os escolares e facilitar a participación de aqueles que normalmente non seguen de preto este deporte, procurarase que se celebren torneos en todas as provincias galegas.

Todos sabemos que neste tipo de torneos entre uns poucos xogadores acaparan os trofeos das distintas competicións, polo cal considérase oportuno que, a parte dos premios da parte competitiva, dérase cabida a un apartado de agasallos por sorteo, que mantería a incerteza e o anhelo ata o final, premiando aleatoriamente a aqueles mozos que normalmente non gañan.

Considerando que estamos falando de rapaces que empezan nesta actividade e que todos queremos fomentar a súa continuidade no xadrez, tamén sería oportuno chegar a dar un agasallo participativo a todos aqueles que finalicen o torneo. Con pouca cousa pódese manter a ilusión.

Xa no apartado económico, búscase non gravar a economía dos clubs ou das familias, que xa bastante fan dedicándose altruistamente a esta causa, polo cal sería exemplar que os eventos cubriran ós almorzos dos xogadores ou canto menos lle proporcionasen merenda e refrixerios. Hai moitas empresas que colaboran co deporte e outras que o están desexando e precisan un impulso.

Por mor de todo isto, elaborouse un “torneo base” que se debería intentar cumprir na maioría das súas pautas, inda que a organización sabedora das dificultades particulares de cada certame será flexible na integración dos torneos no circuíto galego. Trátase de que as competicións xa existentes nas diversas localidades se sumen ó circuíto, asegurándose unha maior publicidade e a participación dos mellores mozos xadrecistas galegos.

TORNEO BASE:

DATAS
Preferentemente entre os meses de maio e novembro.

DIAS
Os sábados, domingos ou festivos en xornada de mañá e tarde.

ROLDAS
As roldas que sexan precisas segundo o número de inscritos.

EMPRAZAMENTO
Lugares de ocio ou diversión para os mozos, centros comerciais, complexos deportivos...

SISTEMA E RITMO DE XOGO
Suízo con partidas de entre 15 ou 25 minutos por xogador. Poderase utilizar incremento de tempo.
Polo sistema actual de puntuación, NON se poden unificar categorías se houbese baixa inscrición.

REGULAMENTO
O que estableza cada organización.

DESEMPATES
Os que estableza cada organización

CATEGORÍAS
Cadete, Infantil, Alevín, Benxamín  e Prebenxamín-Promesas referidas ao ano 2010.

PREMIOS
Mínimo 5 por categoría (Trofeos ou similar).

AGASALLOS
Para cada xogador que finalice o torneo (Camisetas, Medallas, Recordos, Libros...).

SORTEO
Entre todos os xogadores (Libros, Reloxos, Xogos, CDs, DVDs, Material Deportivo, MP3....).

MANUTENCIÓN
A ser posible, a cargo da organización.

SOLICITUDES DE ADMISION AO CIRCUITO
Dirixidas por correo á Federación Galega de Xadrez ou a fegaxa@fegaxa.org por correo electrónico.

ACLARACIÓNS
Federación Galega de Xadrez  Teléfono: 986 23 79 45
Coordinador: Angel Vilas        Teléfono: 657 55 30 11

Circuíto Galego:

TORNEOS
Para ser aceptados deberanse cumprir maioritariamente as pautas marcadas pola Federación aínda que se tratará de adaptar as características individuais de cada torneo xa consolidado.

DATAS
O prazo de inscrición pecharase o 15 de abril, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2009 e o resto das solicitudes por orde de entrada.

PREMIOS E TROFEOS
A cargo de Federación Galega para os tres primeiros de cada categoría e para a primeira muller. Premios non acumulables. No caso de que unha xogadora clasifique nos tres primeiros da clasificación final, levaría o premio o cuarto clasificado.
O campión de cada categoría tería os gastos de aloxamento pagos por conta da Federación Galega de Xadrez  no seguinte Campionato Galego de Idades.

PUNTOS
Puntuarse da seguinte forma, segundo a clasificación de cada torneo:
- 12 puntos ao primeiro clasificad@ da xeral.           - 05 puntos ao sexto clasificad@ da xeral.
- 10 puntos ao segundo clasificad@ da xeral.          - 04 puntos ao sétimo clasificad@ da xeral.
- 08 puntos ao terceiro clasificad@ da xeral.           - 03 puntos ao octavo clasificad@ da xeral.
- 07 puntos ao cuarto clasificad@ da xeral.             - 02 puntos ao noveno clasificad@ da xeral.
- 06 puntos ao quinto clasificad@ da xeral.             - 01 puntos ao décimo clasificad@ da xeral.
*Se nos dez primeiros non puntuara ningunha muller, a primeira clasificada da xeral obterá un punto.
*Só puntuarán na xeral os xogadores/as federados ou escolarizados na Comunidade Galega.

DESEMPATES
- Suma da totalidade dos puntos obtidos en cada torneo.
- Mais participacións en torneos.
- Mais primeiros postos, segundos, terceiros....

DESCANSOS
Segundo número de torneos establecerase un mínimo de participacións para a clasificación final do circuíto, ou o que é o mesmo, contabilizar un número determinado de torneos.
Táboa do mínimo de torneos a participar para puntuar na clasificación final:

Torneos do circuíto
Mínimo deTorneos
a participar
4-5
3
6-7
4
8-9
5
10-11
6
12-13
7
14-15 …
8 …

CLAUSURA
Para celebrar o derradeiro torneo do Circuíto deberase facer unha proposta conxunta que englobe a Gala do Xadrez. Esta xornada final pódese concibir como unha festa do xadrez, onde os rapaces teñan o seu torneo, os pais poidan asistir a conferencias, os monitores a algún seminario, facer un curso de árbitros, etc...

WEB
A páxina da Federación Galega de Xadrez www.fegaxa.org dará cumprida información sobre a normativa do Circuíto, as solicitudes de admisión, sobre as bases de cada torneo e os seus resultados, así como da clasificación xeral do V Circuíto Galego de Xadrez Escolar.

Organiza / Máis Información:

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Federación Galega de Xadrez  Teléfono: 986 23 79 45
Coordinador: Angel Vilas        Teléfono: 657 55 30 11