Galicia/Galiza
Galicia

I Torneo Escolar Pontiñas Haley

Lalín - Pontevedra

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio) Mapa

Sábado 16 outubro de 2010 | Galería Fotos

VALEDOIRO PARA O V CIRCUITO GALEGO ESCOLAR 2010

Informa: Escola Xadrez Lalín

En castellanoEn galego

Bases:

FotoO pasado sábado día 16 de outubro, celebrouse en Lalín a primeira edición do Torneo Escolar de Xadrez Pontiñas CCO Haley cunha ampla participación logrando alcanzar os 150 inscritos que, finalmente e debido ás clásicas baixas de última hora, deixou a cifra en 135 xogadores, moitos dos cales están entre os 20 mellores de España e incluíndo a campioa galega e nacional sub-10, Mireya Represa Pérez.

A xornada transcorreu con suma deportividade e alegría xa que ningún tivo tempo de aburrirse porque cando non tocaba partida de xadrez había diversos entretementos nas moi gabadas instalacións do Pontiñas CCO Haley. Todos os participantes recibiron o seu regalo de participación correspondente, nesta ocasión tratábase de gorros. Ademais e grazas ás xestións do Concelleiro de Deportes do Concello de Lalín, D.Nicolás Varela Garcia, ofrecéronselles bolsas de merenda. No aspecto puramente deportivo destacar a enorme competitividade e igualdade dominante entre os primeiros clasificados de todas as categorías, coa excepción de sub-08 onde o campión fixo pleno de vitorias. O cadro de honra final desta primeira edición concluíu da seguinte forma:

Categoría Sub-16
Campión: Julio Suárez Gómez (Club de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa)
Subcampión: Samuel Cruz Guerra (Xadrez Ourense)
3er. clasificado: Luis Marcos Medarde Santiago (Universidade Santiago de Compostela)
4to. clasificado: David Gómez Diéguez (Xadrez Ourense)
5to. clasificado: Henrique Rey Malde (Círculo Ferrolano)

Categoría Sub-14
Campión: Jorge Iglesias García (Lucena de Vigo)
Subcampión: Inés Prado Acebo (Círculo Ferrolán)
3er. clasificado: Martín Arellano Pardo (Xadrez Ourense)
4to. clasificado: Luis Segura Santos (Club de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa)
5to. clasificado: Lucas Abal Cores (Club de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa)

Categoría Sub-12
Campión: Alberto Portela Peleteiro (Escola de Xadrez de Pontevedra)
Subcampión: Ivo Rodrigues Dias (NXVSC- Didáxis de Portugal)
3er. clasificado: Juan Andrés Bayón Rolo (Club de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa)
4to. clasificado: Miguel Picos Maiztegui (Círculo Ferrolán)
5to. clasificado: Daniel Reboreda García (Escola de Xadrez de Pontevedra)

Categoría Sub-10
Campión: Miguel Puga Sánchez (Casa Da Xuventude de Ourense)
Subcampión: Pablo Ferreiro Solla (Escola de Xadrez de Pontevedra)
3er. clasificado: Mireya Represa Pérez (Xadrez Laroca de Nigrán)
4to. clasificado: Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense)
5to. clasificado: Brais Gerpe Vilas (Casa da Xuventude de Ourense)

Categoría Sub-08
Campión: Martín Pena Varela (Universidade Santiago de Compostela)
Subcampión: José Carlos González Irala (Casa da Xuventude de Ourense)
3er. clasificado: Jorge Méndez Rial (Club de Xadrez Rianxo)
4to. clasificado: David Seoane Castilla (Círculo Ferrolán de Xadrez)
5to. clasificado: María Alice Machado Oliveira (NXVCS Didáxis de Portugal).

Para finalizar, a organización quere expresar o seu máis sincero agradecemento a todos cantos participaron neste evento: xogadores, monitores, delegados, pais e familiares, que chegastes de diversos puntos de Galicia e mesmo de Portugal (muito obrigado). Sen a vosa presenza non sería posible porque sodes (somos) a auga que move este muíño. Iguamente a nosa gratitude para o patrocinador oficial do torneo, Pontiñas CCO Haley, por apostar forte por este e a todos os nosos colaboradores: Concello de Lalín (cunha implicación directa do seu concelleiro de deportes); as entidades bancarias Caixanova, Bancaja e La Caixa; e finalmente aqueles que nos prestaron importante apoio loxístico como a Federación Galega de Xadrez e Deza Espectáculos e en menor medida, pero igual de útil, o Club de Xadrez da Estrada. A todos moitas grazas e ata sempre.

Escola de Xadrez Lalín

PDF Clasificacións Finais:

Sub 8 | Sub 10 | Sub 12 | Sub 14 | Sub 16

Bases:

Cartel1.- Data: Sábado, 16 de outubro de 2010

2.- Local: Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio)

3.- Sistema de Xogo: Suízo a 7 roldas, a través do programa informático Swiss-Manager.

4.- Categorías:

Sub-16 (participantes nacidos no ano 1994 en diante)
Sub-14 (participantes nacidos no ano 1996 en diante)
Sub-12 (participantes nacidos no ano 1998 en diante)
Sub-10 (participantes nacidos no ano 2000 en diante)
Sub-08 (participantes nacidos no ano 2002 en diante)

5.- Ritmo de Xogo: 15 minutos + 5 seg./xogada nas categorías sub-16 e sub-14. 20 minutos a finish no resto de categorías.

6.- Non se aplicará a regra dos 2 minutos de tempo engadido en caso de xogadas ilegais. En todo o demais se rexerán polas normas da FIDE.

7.- Horarios:

10:30 -> acreditación de xogadores
11:00 -> 1ª rolda
12:00 -> 2ª rolda
13:00 -> 3ª rolda
16:00 -> 4ª rolda
17:00 -> 5ª rolda
18:00 -> 6ª rolda
19:00 -> 7ª rolda
20:00 -> Entrega de premios e sorteos.

8.- O sistema de desempate será o seguinte:

a)Buchholz brasileiro,
b)Buchholz total e,
c)Progresivo ata as últimas consecuencias.

9.- Haberá Trofeos para os 5 primeiros clasificados e obsequios conmemorativos para todos os participantes.

10.- Material a sortear: Dvd + Home Cinema, Bicicleta, Kaiak, 2 Minicadeas, MP4, Patíns, Monopatín, Xogo de raquetas de Tenis, Xogo de raquetas de bádminton, Diana e máis regalos.

Inscricións: gratuíta, e por rigorosa orde, ata as 22 horas do xoves 14-10-10 ou ata un máximo de 200 xogadores, enviando un correo a escueladeajedrezlalin@gmail.com ou chamando ao 670599301 ou 638040826 indicando nome completo, ano de nacemento e, opcionalmente, club.

Ofertas de Comidas para todos os participantes e acompañantes

No propio centro comercial ofertaranse os seguintes menús e prezos:

Restaurante G A S T H O F:

1º Menú: hamburguesa completa + refresco ou auga + xeado ou arroz con leite =5 €.
2º Menú: cadeliños quentes con ensalada rusa + refresco ou auga + xeado ou arroz con leite =6 €
3º Menú: filete de polo + refresco ou auga + xeado ou arroz con leite =7 €.
Aforamento: 100 comensais.

Doner Kebab-Pizzería B A I:

1º Menú: Kebab cordeiro ou polo + patacas + refresco= 6,50 €
2º Menú: Dürum cordeiro ou polo + patacas + refresco=6,50€
3º Menú: Pizza turca cordeiro ou polo + patacas + refresco=7,50€
4º Menú: Prato cordeiro ou polo + ensalada e patacas + refresco=7€
Aforamento: 50 comensais.

Restaurante K E R I G M A:

1º Menú: hamburguesa completa + patacas fritas + refresco ou cana + torta de queixo ou limón =6 €
2º Menú: bocadillo vexetal con patacas fritas + refresco ou cana + torta de queixo ou limón =6 €
3º Menú: lombo con patacas fritas e ensalada mixta + refresco ou cana + torta de queixo ou limón + pan =7 €
4º Menú: espagueti boloñesa ou napolitana + croquetas ou luras + refresco ou cana + torta de queixo ou limón + pan =8 €
5º Menú: tortilla de patacas con pementos recheos ou champiñóns recheos + refresco ou cana + torta de queixo ou limón + pan =8 €
Aforamento: 50 comensais.

En similares condicións poderá comer no Restaurante A DILIXENCIA (estación de autobuses).

Os interesados poderán facer as súas reservas de mesas no mesmo correo e prazo que para a inscrición no torneo.


Patrocina:

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley
http://www.pontinas.com/

Organiza:

Escola de Xadrez Lalín

 

TablaDeFlandes