I Torneo Fischer Random McGestal

A Coruña

Reunión Instrutiva e Recreativa de Artesáns. Rúa San Andrés, 36

Domingo 30 de xaneiro de 2011 | Fotos en Facebook

Informan: Ricardo Vilariño Gestal Escola Técnica Xadrez. A Coruña Web
MF Óscar de Prado Blog | Web

En castellanoEn galego

Final:

Crónica

Foto
Ricardo Vilariño entrega o premio ao MF Óscar de Prado. Foto: Óscar de Prado

Disputouse este domingo o I Torneo de Xadrez Fischer-Random no Círculo de Artesáns organizado pola Escola Técnia de Xadrez e patrocinado pola nova web de Ricardo Vilariño www.mcgestal.com unha web que alberga xadrez, poker, apostas e videoxogos e que facía así a súa presentación en sociedade, foron 7 roldas con partidas de 10 ´ +3" e repartíronse 400 € en premios para os 8 mellores.

A variante Fischer-Random, ou Xadrez 960, consiste en que os peóns se colocan igual e se sortea antes do comezo de cada rolda a posición das demais pezas con 2 regras: o rei debe quedar entre as 2 torres para facer o enroque e que debe ter un alfil de cada cor e logo o único especial é o enroque que segue as normas do xadrez normal e que cando se efectúa as pezas quedan na posición igual que no xadrez tradicional.

Ao torneo acudiron 24 xogadores que tendo en conta que era domingo e que estamos en datas da liga non está mal e sobre todo que moita xente descoñece esta modalidade pero seguro que para vindeiras edicións a participación medrará, dos que participamos para a maioría era a 1a vez que xogabamos a esta variante e se ben había algo de temor ao principio logo a xente foise soltando e dende logo foi moi divertido e animo a xente que participe para futuras edicións eu era a 1a vez que xogaba e o resultado non puido ser mellor: vitoria e pasar unha tarde divertida.

Dos xogadores participantes destacar ao GM Dragan Paunovic máximo favorito ao aos ferrolanos MF Tone Pazos, Pablo Año e Walter López, do ETX Jorge Graña e de Arteixo a MF Oscar de Prado e Rashid Navarro pero de cara ao torneo se decidiu que non se utilizaría o Elo para a orde inicial e así xa na 1 a rolda tocou un duelo entre os MF De Prado-Pazos e tiven a sorte de gañar tras ter que entregar unha calidade logo Tone equivocouse e permitiume contraxogo e recuperei o material chegando a un final de damas gañado, na 2 a rolda outra bomba tócame o GM Paunovic eu con negras pero xoguei ben e fun quedando cada vez mellor ata que preto do final entrego unha peza por 2 peóns e iniciativa e Dragan tivo que devolver material para chegar a alfil e 4 peóns contra torre e peón que gañei sen problemas, dende logo un mellor comezo para o meu imposible ao gañar aos 2 Elos máis altos pero sobre todo a Dragan claro favorito, Pazos volveu perder esta vez ante Santi e quedaba con 0 de 2 sen opcións de vitoria.

Foto

Pero na 3 a rolda volvía á realidade tras obter clara vantaxe ante Graña un grave erro mestura de relaxación e por xogar rápido custoume unha torre e a partida quedando na cabeza Graña, Año e Walter con 3 puntos, na 4a Borrego gañaba a Walter e Graña a Bornia quedando ambos os dous con 4 puntos, na 5a Borrego gaña a Graña e quédase líder con 5 de 5 seguido por De Prado,tras gañar a Walter que se deixou un peón na xogada 2 porque non vió que non estaba defendido cousas do xogo, Paunovic e o propio Graña con 4 puntos.

A 6 a rolda foi clave para meu e o torneo xogábase Borrego-De Prado e Graña-Paunovic para min só valía a vitoria e Pablo en caso de gañar tería o torneo case gañado aínda que perdese a derradeira contra Paunovic, por sorte para o meu puiden gañar pero foi unha partida onde quedei peor e perdín un peón, logo entreguei outro por ataque e entón chegou o erro de Pablo que me permitiu un golpe táctico que recuperaba material e xa con pouco tempo Pablo entregou unha peza por 2 peóns pasados no flanco de dama pero eu coa miña dama e cabalo fun a polo rei e conseguín dar mate con isto alcanzaba a Pablo e a Paunovic, que gañou a Graña os 3 con 5 puntos pero eu con mellor desempate antes da última e é que comezar xogando contra Pazos e Dragan tiña que valer para algo, na 7 a rolda eu gañei a Angel de Blas que fixo bo torneo e Paunovic gañou a Borrego quedando ambos os dous con 6 puntos pero eu con mellor desempate o que me permitiu gañar o torneo e os 125 € destinados ao 1er premio, GM Paunovic foi 2º, logo con 5 puntos 3º Borrego (perdeu as dúas derradeiras),4º Walter (tras gañar a Graña) e 5º MF Pazos que puido remontar tras as súas 2 derrotas iniciais, completaron os postos premiados 6º Angel de Blas, 7º Rashid Navarro ambos os dous con 4 ,5 e 8º Jorge Graña con 4 (perdeu as 3 últimas).

Na clausura ofrecéronse uns pinchos para recuperar forzas e o organizador Ricardo Vilariño comprometeuse a organizar máis torneos no futuro e contar co patrocinio da web.

Óscar de Prado
http://pokeryajedrez.com

Clasificación Final

Posc. Nome                         Feder Rtg Loc Ptos. M-Buch. Buch. Progr.

  1   DE PRADO, OSCAR                            6        29.5  32.5   23.0
  2   PAUNOVIC, DRAGAN                           6        27.0  29.0   22.0
  3   FERNANDEZ BORREGO, PABLO                   5        28.0  31.0   25.0
  4   LOPEZ, WALTER                              5        24.0  24.5   21.0
  5   PAZOS, ANTONIO                             5        22.5  24.5   15.0
  6   DE BLAS, ANGEL                             4.5      26.0  28.0   17.5
  7   RASHID, NAVARRO                            4.5      20.0  22.0   18.0
  8   GRAÑA LOIS, JORGE                          4        30.0  33.0   22.0
  9   DOMINGUEZ, SANTIAGO                        4        25.5  28.5   15.0
 10   CAMARERO ALBANDOZ, ALFONSO                 3.5      25.0  28.0   16.0
 11   PEDREIRA, FRAN                             3.5      25.0  27.0   14.5
 12   BORNIA, BENJAMIN                           3.5      22.0  22.5   16.5
 13   BUGLIOT, DIEGO                             3        22.5  24.5   13.0
 14   HIDALGO MERA, BRAIS                        3        21.5  22.0   13.0
 15   HIDALGO ROMERO, ANTONIO                    3        20.5  22.5    9.0
 16   HIDALGO MERA, IAGO                         3        19.5  20.0    7.0
 17   MITCH, IVOTH                               3        18.0  18.5   10.0
 18   LEAL, PACO                                 2.5      21.5  23.5   10.5
 19   ESTEVEZ DE LA PUENTE, OLIVER               2        23.5  25.5    9.0
 20   BLEIFUSS, DIEGO                            2        21.0  21.5    8.0
 21   BOYD, WILL                                 1        20.5  22.5    3.0
 22   RECUNA ARANDA, MIGUEL                      1         9.0  11.5    2.0
 23   RECUNA ARANDA, XOAN                        1         6.5   8.5    1.0
 24   RECUNA CARRASCO, RAFEAL                    1         5.5   7.5    3.0

Táboa de Torneo:

No  Nome                         Feder Rtg  1    2    3    4    5    6    7  

1.  BLEIFUSS, DIEGO                        13:L 17:W 21:L  6:L 14:L  4:W 20:L
2.  BUGLIOT, DIEGO                         14:W 16:L  3:L 17:W 19:L 15:W  5:L
3.  BORNIA, BENJAMIN                       15:D  4:W  2:W 11:L  6:L  5:W 19:L
4.  BOYD, WILL                             16:L  3:L 17:L 12:L   :W  1:L 13:L
5.  CAMARERO ALBANDOZ, ALFONSO             17:W 13:W 10:L 21:D 18:L  3:L  2:W
6.  DE BLAS, ANGEL                         18:L 14:W 20:D  1:W  3:W 21:W  7:L
7.  DE PRADO, OSCAR                        19:W 18:W 11:L 13:W 16:W 10:W  6:W
8.  DOMINGUEZ, SANTIAGO                    20:L 19:W 22:W 18:L 13:W 16:L 17:W
9.  ESTEVEZ DE LA PUENTE, OLIVER           21:L 23:W 18:L 19:L 15:W 14:L 12:L
10. FERNANDEZ BORREGO, PABLO               22:W 20:W  5:W 16:W 11:W  7:L 18:L
11. GRAÑA LOIS, JORGE                      23:W 21:W  7:W  3:W 10:L 18:L 16:L
12. HIDALGO MERA, IAGO                     24:L 22:L 19:L  4:W 17:L   :W  9:W
13. HIDALGO MERA, BRAIS                     1:W  5:L 24:W  7:L  8:L 17:L  4:W
14. HIDALGO ROMERO, ANTONIO                 2:L  6:L 23:L   :W  1:W  9:W 21:L
15. LEAL, PACO                              3:D 24:W 16:L 20:L  9:L  2:L   :W
16. LOPEZ, WALTER                           4:W  2:W 15:W 10:L  7:L  8:W 11:W
17. MITCH, IVOTH                            5:L  1:L  4:W  2:L 12:W 13:W  8:L
18. PAUNOVIC, DRAGAN                        6:W  7:L  9:W  8:W  5:W 11:W 10:W
19. PAZOS, ANTONIO                          7:L  8:L 12:W  9:W  2:W 20:W  3:W
20. PEDREIRA, FRAN                          8:W 10:L  6:D 15:W 21:L 19:L  1:W
21. RASHID, NAVARRO                         9:W 11:L  1:W  5:D 20:W  6:L 14:W
22. RECUNA ARANDA, MIGUEL                  10:L 12:W  8:L   :    :    :    : 
23. RECUNA ARANDA, XOAN                    11:L  9:L 14:W   :    :    :    : 
24. RECUNA CARRASCO, RAFEAL                12:W 15:L 13:L   :    :    :    : 

Bases:

1. Lugar de Xogo e Data:

O lugar será na Reunión Instrutiva e Recreativa de Artesáns na rúa San Andrés nº36 - A Coruña e xogarase na tarde do domingo día 30 de xaneiro.


2. Sistema de Xogo:

Suízo 8 roldas, (10 min +3 s. /jug.). Emparellamentos por ordenador.

Sortearase por ordenador en cada rolda a posición inicial das pezas.

Desempates: Bucholz medio, Bucholz, Progresivo, Resultado partícular.

Modalidade: Fischer Random Chess (Chess960).

As decisións do árbitro serán inapelables.


3. Horario: 16:00 a 21:30

1ª Rolda: 16:00 a 16:40
2ª Rolda: 16:40 a 17:20
3ª Rolda: 17:20 a 18:00
4ª Rolda: 18:00 a 18:40
5ª Rolda: 18:40 a 19:20
6ª Rolda: 19:20 a 20:00
7ª Rolda: 20:00 a 20:40
8ª Rolda: 20:40 a 21:20

A entrega de premios será ás 21:20, na que todos os participantes estarán convidados a un pequeno refrixerio.


4. Premios


No caso de menos de 50 xogadores:

1º- 125€
2º- 90€
3º- 65€
4º- 45€
5º- 30€
6º- 20€
7º- 15€
8º- 10€

No caso de 50 ou máis xogadores:

1º- 150€
2º- 100€
3º- 75€
4º- 50€
5º- 40€
6º- 30€
7º- 20€
8º- 15€
9º- 10€
10º-10€


5. Inscricións

A inscrición será de 2 €, pagarase antes da primeira rolda co que se prega aos participantes estar polo menos 10 minutos antes do comezo do torneo.

As prazas estarán limitadas a 60 xogadores.

Tanto as inscricións coma calquera comentario, dúbida ou suxestión, realizaranse a través do correo ajedrez@mcgestal.com indicando o seu nome completo.

Correo: ajedrez@mcgestal.com

Nota: A organización resérvase o dereito, en calquera momento, a cancelar ou a modificar calquera punto das bases se así o cre necesario.


Organiza:

Escola Técnica de Xadrez. A Coruña

Colabora

Club de Xadrez de Artesanos
http://artesanosajedrez.blogspot.com/

Patrocina:

McGestal
http://www.mcgestal.com/
Páxina Torneo