III Torneo de Xadrez Activo Algalia

Santiago de Compostela - A Coruña

Colexio "La Salle Santiago". Rúa San Roque 6, Santiago Mapa

1 de agosto de 2009 | Resultados

Informa: Karlos Pena Club Algalia. Santiago Web

En españolEn galego

 

Data: 1 de agosto de 2009

Local de xogo: Colexio La Salle Santiago San Roque 6, Santiago.

Horario: Mañán: 10.30 h a 14.30 h. Tarde: 16.30 a 21.30 horas.

Bases

Cartel1.- O III torneo Algalia de xadrez activo disputarase en Santiago de Compostela o día 1 de agosto de 2009.

2.- Xogarase por Sistema Suizo a 8 roldas a ritmo de 15 minutos, máis dous segundos de incremento por xogada, a finish.

3.- O torneo comezará ás 10.30 da mañan e rematará coa entrega de premios sobre as 9 e media da noite.

4.- O emparellamento realizarase por sistema informático contra o que non haberá reclamacións.

5.- O pago da inscrición é imprescindible e obrigatorio para todos os xogadores agás para Grandes Mestres e para todos aqueles aos que a organización invite como agradecemento pola súa contribución á realización deste evento e á promoción do xadrez en Compostela.

6.- Haberá tres byes a disposición dos xogadores que en ningún caso se poderán empregar despois da quinta ronda.

8.- O sistema de desempate e a súa orde de aplicación sortearase trala última ronda entre os seguintes: Buchholz Total, Buchholz Mediano e Progresivo.

9.- Os premios non serán acumulables e sempre se optará polo de maior contía

10.- Todo o non especificado nestas bases rexirase polas normas e regulamento da Federación Internacional de Xadrez (FIDE).

11.- A participación neste torneo supón a aceptación das bases.

Premios:

Premios xerais
1º. 600 € + Trofeo
2º. 300 €
3º. 150 €
4º.  75 €
5º.  60 €
6º.  50 €
7º.  50 €
8º.  40 €
9º.  40 €
10º. 30 €
11º. 30 €
12º. 30 €

Premios especiais
Galego
1.º 100 €
2º. 30 €
Local
1º. 100 €
2º. 30 €
ELO < 2.000
1º. 80 €
2º. 30 €
ELO < 1.700
1º. 80 €
2º. 30 €
Sen ELO
1º. 80 €
2º. 30 €
SUB 16
1º. 80 €
2º. 30 €

* * Os premios poderán reducirse na contía do IVE que a lei contemple.

Inscricións

A inscrición poderase facer no teléfono ou no email abaixo sinalados, indicando nome e apelidos, e ELO e categoría se procedese, antes do día 01/08/09.

Importe da inscrición:
≥ 16 anos 12 €
< 16 anos  6 €

Teléfono: 610 603 687

E-mail: xadrez.algalia@gmail.com


Organiza:

Club de Xadrez Algalia

www.xadrezalgalia.net

www.xente.mundo-r.com/algalia

Colaboran:

Logos Federación Galega Xadrez

Logos