Galicia/Galiza
Galicia

VII Torneo Festas do Carme e a Fraga

As Pontes. A Coruña

Locais LAR Endesa. As Pontes

Domingo, 15 de xullo de 2007

Informa: Jesús Caaveiro
Club de Xadrez As Pontes

En españolEn galego

 

Data: O torneo disputarase polo sistema suízo a 7 roldas o día 15 de xullo de 2007.

Local de Xogo: Edificio L.A.R. Endesa situado no Poboado das Veigas

Sistema: O ritmo de xogo será de 25 minutos por xogador, a finish.

Establecerase un límite de 70 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición.
A organización reservase o dereito a aumentar o número de participantes

Inscricións:

A inscrición será de 6 €, os xogadores menores de 16 anos pagarán 3 €, poderá facerse nos números de teléfono: 654166 777 (Chucho), 654 166 815 (Javier), 629 266 005 (Zokis) ou en jcaaveiro@yahoo.es, O prazo para inscribirse rematará o día 14 de xullo ás 10 da noite.

O pago da inscrición farase ao comezo do torneo e será imprescindible para ser emparellado na 2ª rolda.

Calendario:

O calendario do torneo será:

Inscrición e pago día 15 de xullo ás 10,00 horas

1ª rolda día 15 de xullo ás 10,30 horas
2ª rolda día 15 de xullo ás 11,30 horas
3ª rolda día 15 de xullo ás 12,30 horas
4º rolda día 15 de xullo ás 16,30 horas
5ª rolda día 15 de xullo ás 17,30 horas
6ª rolda día 15 de xullo ás 18,30 horas
7ª rolda día 15 de xullo ás 19,30 horas

Entrega de premios día 15 de xullo ás 21 horas.

Premios:

1º Clasificado 200 € + Trofeo
2º Clasificado 100 € +Trofeo
3º Clasificado 50 € + Trofeo

1º Clasificado sen ELO FIDE 50 €
2º Clasificado sen ELO FIDE 30 €
3º Clasificado sen ELO FIDE 20 €

1º Clasificado sen ELO FIDE + FEDA 50 €
2º Clasificado sen ELO FIDE + FEDA 30 €
2º Clasificado sen ELO FIDE + FEDA 20 €

Tamén haberá trofeos para os dous primeiros clasificados de cada categoría, asi como tamen para o mellor clasificado local masculino e feminino.

Os premios non serán acumulativos, no caso de concurrir un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior cuantia.

Desempates:

No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes, e por esta orde:

Bucholz
Sonnenborg – Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Cor do enfrontamento entre ámbolos dous.

Outros:

Será eliminado o xogador que imcompareza a unha rolda, asi mesmo a organización reservase o dereito de eliminar a todos os xogadores que non comparezan ao comenzo da 1ª rolda.

O torneo farase co programa Swiss Perfrct 98, evitando os emparellamentos de xogadores do mesmo club durante as 3 primeiras roldas.

Arbitrará un membro do club Xadrez As Pontes.

As decisións do árbitro serán inapelables.

Tentaremos de habilitar un local donde se poida fumar e analiza as partidas, non permitindose facelo na sala de xogo.

O non previsto nestas bases rexirase polo regulamento en vigor da FIDE.

A participación no torneo supón a aceptación das bases.

Organiza:

Club de Xadrez As Pontes
Club Xadrez As Pontes

Colabora:

As Pontes

Concello de As Pontes

 

TablaDeFlandes