Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Provincial Benxamin de Xadrez - A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

 

[25-05-2007]

O sábado 2 de xuño de 2007 terá lugar no centro comercial El Corte Inglés, en A Coruña, o Campionato Provincial de Xadrez Benxamín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participarán os equipos que se clasificaron nas fases Intercomarcais das Zonas de A Coruña, Ferrol, Noia e Santiago da categoría Benxamín (nados nos anos 1997/98/99), segundo se especifica a continuación:

CEIP María Barbeito "A" (A Coruña)
Círculo Ferrolá de Xadrez (Ferrol)
Escola Municipal de Riveira
CEIP Présaras (Vilasantar)


Cada equipo estará composto por 4 xogadores/as, podendo contar cun xogador/a reserva.

O Campionato disputarase polo sistema de eliminatorias. Cada encontro constará de 4 partidas. A orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo. O ritmo de xogo será de 45 minutos por xogador a finish.

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes