Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Intercomarcal Benxamín de A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

Nota de Prensa:

[16-05-2007]

O 19 de maio de 2007 terá lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I, en A Coruña, o Campionato Intercomarcal de Xadrez Benxamín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participarán os equipos que se clasificaron nas fases previas da categoría Benxamín masculina/mixta (nados nos anos 1997/98/99), segundo se especifica a continuación:

CEIP María Barbeito "A" (A Coruña) A Coruña
CEIP María Barbeito "B" (A Coruña) A Coruña
CEIP O Graxal (Cambre) As Mariñas
CEIP A Rabadeira (Oleiros) As Mariñas


Cada equipo estará composto por 4 xogadores/as, podendo contar cun xogador/a reserva.

O Campionato Intercomarcal Benxamín de Xadrez disputarase polo sistema de eliminatorias. Cada encontro constará de 4 partidas. A orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo. O ritmo de xogo será de 45 minutos por xogador a finish.

O sistema de desempate consistirá en multiplicar o resultado do primeiro taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro será o vencedor.

Os encontros terán lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I, Avda. De Glasgow, nº 11 en A Coruña, en xornada de mañá, comezando a competición ás 10:30 horas.

10:30 Semifinal 1: CEIP María Barbeito "A"- CEIP A  Rabadeira
10:30 Semifinal 2: CEIP O Graxal  - CEIP María Barbeito "B"
12:00 3ª e 4ª posto: Perdedores Semifinal 1 e Semifinal 2
12:00 Final: Gañadores Semifinal 1 e Semifinal 2


Clasificarase para o Campionato Provincial Benxamín o equipo campión.

 

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX/Palaestra
A Coruña

 

TablaDeFlandes