Galicia/Galiza
Galicia

Liga de Primavera de Xadrez

A Coruña

31 de maio de 2008

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

[29-05-2008]

 

Organiza: Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
Patrocina: El Corte Inglés

BASES DE COMPETICION

A Liga de Primavera de Xadrez é unha competición promovida pola Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (federación de entidades de ámbito galego).

BASES DA LIGA DE PRIMAVERA 2008

1) A competición será por equipos compostos de tres xogadores máis suplentes. A un ritmo de 20 minutos por xogador.

2) Valorarase o resultado do enfrontamento de xeito global e non por taboleiros. De xeito que se un equipo gaña se lle concederá 1 punto, se empata medio e se perde se lle darán cero puntos.

3) O desempate será a suma dos tres mellores resultados dos xogadores do equipo nun torneo previo de partidas rápidas.

4) Segundo o número de inscritos o sistema de competición escollido será unha Liga (se hai seis ou menos equipos inscritos nunha categoría) ou ben un suizo por equipos.

5) As roldas e xornadas de xogo serán as seguintes: Sábado 31 de maio: Ás 17,00 - 17,45 - 18,30 - 19,15 - 20,00

6) Premios e inscripcións.

O Torneo por equipos terá tres trofeos para os tres primeiros clasificados e 50 euros en tarxeta regalo para o equipo clasificado en primeira posición.

7) A entrega dos trofeos terá lugar ás 20,45 (ao remate da última rolda).

Informa/Máis Información: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes