Galicia/Galiza
Galicia

Liga de Outono de Xadrez

A Coruña

Sábado 22 de novembro 2008

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

[21-11-2008]

LIGA DE OUTONO DE XADREZ - 2008

En 1992, ASENCUDEGA creou a chamada Liga de Outono de xadrez, que hoxe chega a súa XVI edición.

É unha proba para equipos de 4 xogadores, que vai ter tres fases iniciais na Coruña, Santiago e Vigo.

A fase da Coruña disputarase o 22 e o 29 de novembro entre os equipos inscritos e presentes sábado 22 ás 17,30 na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Ademais de diferentes premios para os equipos mellor clasificados, haberá un pequeno regalo para tódolos participantes.

BASES.
 
Primeira: A proba é por equipos de 4 xogadores.
Segunda: O ritmo de xogo vai ser o de trinta minutos a finish para cada xogador. 
Terceira: Será obrigatorio anotar ata os últimos cinco minutos.
Cuarta: Haberá tres fases clasificatorias e unha fase final.
 
A Coruña: 22 e 29 de novembro. Véase abaixo organización.
Vigo: por determinar.
Santiago: por determinar.
 
Quinta: A fase final disputarase en data el lugar a decidir ó remate das fases locais. Concorrerán a esta Fase final os campións de cada fase previa e o segundo clasificado da sede con mais equipos participantes.
 
Sexta: A entrega dos  premios e trofeos terá lugar ó remate da última rolda de cada fase.
Premios fase local:
1º Clasificado: Trofeo + 120 € Tarjeta regalo del C. Inglés
2º Clasificado: Trofeo + 80 € Tarjeta regalo del C. Inglés
3º Clasificado: Trofeo + 40 € Tarjeta regalo del C. Inglés
Premios fase final:
1º Clasificado: Trofeo + 250 € Tarjeta regalo del C. Inglés
2º Clasificado: Trofeo + 200 € Tarjeta regalo del C. Inglés
3º Clasificado: Trofeo + 150 € Tarjeta regalo del C. Inglés
4º Clasificado: Trofeo + 100 € Tarjeta regalo del C. Inglés
Tódolos participantes recibirán un pequeno agasallo de recordo da actividade.
 
Sétima: O sistema de xogo na fase Final será o de Liga dacordo co seguinte horario:
17,00: 1ª Rolda
18,15: 2ª Rolda
19,30: 3º Rolda
20,45: Entrega de premios
As fases clasificatorias poderán optar por sistema de liga se o tempo e o número de equipos inscritos o permite.  
Oitava: No caso de empate empregarase o resultado particular e neste o sistema holandés ata as últimas consecuencias, incluíndo a cor das partidas como desempate final. Se aínda así non se resolvera acudiríase a un match a partidas rápidas.  
Novena: O sorteo das eliminatorias realizarase media hora antes do inicio da fase final e cinco minutos antes nas fases previas.  
Décima: Os clubes interesados se inscribirán diante dos organizadores locais ou ven en correo@agax.org.

Disposición do Torneo na Coruña.

Segundo número de inscritos (presentes sábado 22 ás 17,30 na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés). Máximo 8 equipos.
 
4 equipos:   Liga a dobre volta.
                 Sábado 22 partidas ás 17,30 – 18,45 – 20,00
                 Sábado 29 partidas ás 17,30 – 18,45 – 20,00
 
5/6 equipos:   Liga a unha volta.
                   Sábado 22 partidas ás 17,30 – 18,45 – 20,00
                   Sábado 29 partidas ás 17,30 – 18,45
 
7/8 equipos:  Liga a unha volta.
                  Sábado 22 partidas ás 17,30 – 18,45 – 20,00
                  Sábado 29 partidas ás 17,00 – 18,15 – 19,30 – 20,45

ACTIVIDADE DE XADREZ NA UNIVERSIDADE

Por outra banda a Universidade da Coruña empezou a súa actividade deportiva do curso. No tocante ó xadrez os membros da comunidade
universitaria teñen dúas opcións para achegarse ao mesmo. Os mércores de 19,30 a 21,00 no Pabillón de Deportes no Campus de Elviña e os venres de 19,30 a 21,00 no Centro Universitario de Riazor.

 

Informa/Máis Información: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX. A Coruña
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes