
Galicia
XIV Día da Ciencia na Rúa
Sábado 9 de maio de 2009
Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB
Final:
Marcos Martínez, C Sardiñeira. Torneo de rápidasUn ano máis a actividade do Día da Ciencia na Rúa foi todo un éxito.
Por cuarto ano consecutivo participou nas actividades de AGAX, o Mestre Internacional Wilson Palencia, que a pesar de non estar aínda sanado da gripe xogou varias partidas cos afeccionados presentes e fixo unhas simultáneas á cega.
Ademais destas actividades de difusión con Wilson Palencia, que gañou o tradicional Torneo de Rápidas, AGAX realizou outras probas.
Fran Pedreira do Club Sigrás foi o gran beneficiario xa que acadou a segunda praza no torneo de rápidas, gañou o torneo de pasapezas formando parella con Sebastian Boedo e gañou o concurso de resolución de problemas.Agax-Palaestra
Nota de Prensa. Anuncio de actividades
[8-05-2009]
O sábado 9 de maio celébrase o XIV Día da Ciencia na Rúa organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Como dende o primeiro ano a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) colabora na actividade, igual que o Club Ludo que tamén ven colaborando dende hai uns anos.
Actividades AGAX:
11,00.- Inicio das actividades.
* Partidas libres de xadrez e damas en taboleiros normais e xigantes.
* Concurso de Resolución de Problemas.11,30.- Torneo de Pasapezas.
Variante popular do xogo do xadrez.13,00.- Torneo de partidas rápidas.
Cinco minutos por xogador. Dúas categorías.16,30.- Simultáneas á cega.
Varias partidas simultáneas sen ver o taboleiro.Actividades de Ludo
- Xogo de rañaceos (rascacielos),
- Xogos de Lóxica con lapis,
- Xogos de crebacabezas,
- Actividades con Tangram,
- Limbo
- Xogo de Dominó de gran tamaño,
- Xogos de dominó para facer figuras e derrubar,
- Xogo de habilidade de argolas (anillas).
- 4 en liña
Organizan: