Galicia/Galiza
Galicia

Campionato coruñés xuvenil / II Torneo semirrápidas Club Ludo

A Coruña

Luns 28 de decembro de 2009

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

En españolEn galego

Final:

MAÑAN LUNS 28 comeza o Campionato Coruñés de Xadrez Xuvenil.

A proba ten dúas categorías; sub16 e sub18 e desenvolverase durante luns, martes e mércores na sala de xogo que pon a disposición deste evento o Sporting Club Casino.

A proba é a oficial desta categoría e clasifica para os Campionatos Galegos Individuais que se celebrarán xa no 2010, ademais de sinalar ao que será o campión coruñés durante esta tempada.

Os xogadores interesados deben estar federados e disputarán as súas partidas mediante Sistema Suízo e cun ritmo de xogo de 60 minutos por xogador.

As sesións de xogo serán pola tarde ás 16:30 e 18:45

As Inscricións poden facerse en: correo@agax.org ou no teléfono: 608 084 705 até luns 28 ás 12,00

II Torneo de Semirrápidas Club Ludo

Aproveitando este evento e nas mesmas salas e horas disputarase o II Torneo de Semirrápidas Club Ludo.

Neste caso a participación é libre, tanto para federados ou non e independentemente da idade dos xogadores.

A cota de participación é de 5 euros e neste caso como premios haberá trofeos para o tres primeiros, pequeno obsequio para todos e 50 euros para o gañador.

Do mesmo xeito que no caso anterior as Inscricións poden facerse en: correo@agax.org ou no teléfono: 608 084 705 até luns 28 ás 12,00


Organizan:

www.palaestra.net

 

TablaDeFlandes