Galicia
Xadrez Universitario
9 e 10 de marzo de 2010
Informa: Asociación Galega Axedrecistas. AGAX WEB
Nota Medios:
GALEGO UNIVERSITARIO DE XADREZ
O xogador da Universidade de Santiago de Compostela, Fernando Sánchez, proclamouse ontes campión galego universitario de xadrez. A proba desenvolveuse durante todo o día no Campus de Elviña. Na segunda posición quedou Manuel Pena, da Universidade de Vigo e campión nas dúas últimas edicións. En terceira posición quedou o mexicano Mauro Arturo Rivera, xogador que representaba tamén á Universidade de Santiago. O mellor representante da universidade organizadora foi Antonio Pazos, campión hai tres anos que quedou na cuarta posición.
Paralelamente desenvolveuse o Campionato Galego Universitario de Promoción para xogadores sen ELO, no que a Universidade da Coruña logrou as dúas primeiras parazas. Iago García, foi o gañador desta proba e na segunda posición quedou Francisco Domínguez. O terceiro posto foi para Jorge Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información en www.xadrezuniversitario.org
XX TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ
Por outra banda hoxe comeza o XX Torneo Universitario da Coruña, proba clasificatoria para o Campionato de España Universitario, que este ano terá lugar en León nas primeiras datas de maio.
Nota Previa:
GALEGO UNIVERSITARIO DE XADREZ
O martes día 9 de marzo desenvolverase no Estadio de Elviña o Campionato Galego Universitario de Xadrez, que enfrontará a representantes das tres universidades galegas. Esta proba ten a característica de diferenciar entre os xogadores con ELO (sistema de ranking dos xogadores) nun torneo e aos que non están no ranking das federacións noutra proba que é considerada de promoción.
As partidas empezarán ás 11,00 e rematarán en torno ás 19,30 da tarde, coa entrega de trofeos.
XX TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ
Ademais a nivel interno o mércores 10 comezará o XX Torneo Universitario de Xadrez que ademais de detrminar quen é o mellor xadrecista da Universidade da Coruña serve para confeccionar a selección desta universidade que competirá no Campionato de España a celebrar en León no mes de maio.
A información completa destes torneos pode verse en www.xadrezuniversitario.org
Máis Información:
www.xadrezuniversitario.org | www.agax.org | www.palaestra.net