VI Memorial Guillermo Domínguez

Santiago de Compostela - A Coruña

Casa de Europa. Parque de Vistalegre. Rúa Salvadas s/n

Sábado 13 de decembro de 2008 | Resultados

Informa: Karlos Pena
Club Algalia. Santiago Web

En españolEn galego

Bases:

O xadrez compostelán lembra cada ano ao noso compañeiro Guillermo Domínguez co torneo que leva o seu nome.

En 2008 acada a sexta edición, e rexerase polas seguintes bases:

O torneo xogarase o sábado 13 de decembro, na Casa de Europa ―Parque de Vistalegre Rúa Salvadas s/n 15705 Santiago de Compostela―, e comezará ás 10.45 horas.

As partidas terán unha duración de 15 minutos para cada participante.

Haberá unha comida conxunta para o que o desexe e logo continuarase ás 4 da tarde.

Xogarase polo sistema suízo a 7 roldas.

As persoas que compitan poden facelo individualmente ou en relevos con cantas desexen; é dicir, para completar as 7 partidas, poden sucederse 7 xogadores, que comunicarán a circunstancia no momento de dar o resultado.

De acordo coa idea do propio Guillermo, neste torneo está permitido desenrocar e, logo de facelo, enrocar para o lado contrario.

No sistema de desempate, terá prioridade o número de desenroques realizados.

As inscricións individuais e as de relevos poden realizarse no teléfono 670 628 568 (Carlos Arias) ou no correo electrónico arietnemra@yahoo.es, ou no mesmo local de xogo, o día do torneo, a partir das 10.00.

Como premios este ano haberá 10 Baños no Balneario do Tremo en Brión, algúns libros cedidos pola editorial Toxosoutos, e varios agasallos.


Organizan:

Clubes Composteláns Nemenzo, Algalia e Universitario