Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Intercomarcal Alevín de A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

VER GALERÍA DE FOTOS

Nota de Prensa:

[15-05-2007]

O 12 de maio de 2007 tivo lugar no Salón de Actos do Complexo deportivo de Elviña I, en A Coruña, o Campionato Intercomarcal de Xadrez Alevín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participaron os equipos que se clasificaron nas fases previas da categoría Alevín masculina/mixta (nados nos anos 1996/95), segundo se especifica a continuación:

CEIP María Barbeito (A Coruña) A Coruña
Clube de Xadrez Alexandre Bóveda (A Coruña) A Coruña
CEIP A Rabadeira (Oleiros) As Mariñas
CEIP O Graxal (Cambre) As Mariñas


Os encontros, que tiveron lugar no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña I, depararon os seguintes resultados:

Semifinal 1: CEIP María Barbeito - CEIP O Graxal (Cambre) : 3 - 1
Semifinal 2: Clube Xadrez Alexandre Bóveda- CEIP A  Rabadeira: 1,5 - 2,5


3ª e 4ª posto: O Graxal - Alexandre Bóveda: 1 - 3
Final: María Barbeito - A Rabadeira: 2 - 2

Foto

A igualdade presidiu a final, na que se declarou vencedor o equipo da Rabadeira por ter conseguidos os seus puntos en taboleiros máis altos.

 

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX/Palaestra
A Coruña

 

TablaDeFlandes