Galicia/Galiza
Galicia

Campionato Provincial Alevín de A Coruña

A Coruña

Informa: Brigantium-Palaestra-AGAX. Medios/Mailing List WEB

 

[25-05-2007]

Campionato Provincial Alevín de Xadrez. A Coruña - 26 de maio de 2007

O 26 de maio de 2007 terá lugar no Salón de Actos do Complexo deportivo de Elviña I, en A Coruña, o Campionato Provincial de Xadrez Alevín da "Competición deportiva en idade escolar", organizado polo Servizo de Deporte de A Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Axedrecistas.

Participarán os equipos que se clasificaron nas fases Intercomarcais das Zonas de A Coruña, Ferrol, Noia e Santiago, das categorías Alevín masculina e feminina (nados nos anos 1996/95), segundo se especifica a continuación:

ALEVÍN FEMININO
E.M. Riveira Noia
CEIP Présaras (Vilasantar)Santiago

ALEVÍN MASCULINO

CEIP A Rabadeira (Oleiros) Coruña
Círculo Ferrolá de Xadrez (Ferrol) Ferrol
E.M. Riveira Noia
Colexio Peleteiro (Santiago) Santiago

Cada equipo estará composto por 4 xogadores/as e o campionato disputarase polo sistema de eliminatorias. Cada encontro constará de 4 partidas. O ritmo de xogo será de 45 minutos por xogador a finish.

Horario:
10:30: Semifinais
12;00: Finais e tercer e carto posto

 

Informa: Asociación Galega de Axedrecístas. AGAX/Palaestra
A Coruña

 

TablaDeFlandes