Galicia/Galiza
Galicia

X Torneo Isaac Newton

Santiago de Compostela - A Coruña

Facultade de Fisica de Santiago de Compostela

Xoves 12 de maio de 2011

Informa: Fran Pereira

En castellanoEn galego

Resumo Bases:

Tras varios anos sen torneos na facultade de física de Santiago de Compostela, co renacemento da AISNE (Asociación Isaac Newton), tamén volve o
torneo que adoitaba organizar esta.

O torneo terá lugar o día 12 de maio ás 17:00, e terá un ritmo de 15 minutos finish por xogador; as roldas serán en principio 6, aínda que poden variar dependendo do número de xogadores.

A inscrición será de 3 € para os membros da AISNE, e de 5 € para o resto de participantes.

Os premios dependerán do recadado, e en principio será:

1º- 30%
2º- 20%
3º- 15%

Primeiro clasificado da AISNE- 10%
Para a AISNE- 25%

No caso de que houbese poucos participantes, poderíase suprimir o terceiro posto.

Os emparellamentos serán feitos polo Swiss Manager, e os desempates serán:

progresivo, bucholz e bucholz medio, por esta orde.

Podedes inscribirvos enviando os vosos datos ao e-mail franpedre@yahoo.es ou chamando ao teléfono 618898535.

 

 

 

TablaDeFlandes