Galicia/Galiza
Galicia

XV Torneo Virxe do Rosario

A Coruña

No local habitual do Club A. A. Dominicos, no propio colexio

Sábado 10 de outubro de 2009

Informa: Palaestra/AGAX WEB

En españolEn galego

 

Jorge Rodríguez Guillén, ex alumno do Dominicos gañou o XV Torneo de Xadrez Virxe do Rosario.

Foto

Por detrás de Jorge quedaron Walter López, do Círculo Ferrolano e aquen se lle consideraba favorito e Diego García-Muñoz, membro do Club Dominicos, onde se xogou o evento.

Fran Pedreira, do Sigrás, foi o mellor sub 18 e Ayrton Sardina, do Palaestra e campión coruñés sub 12 nas dúas últimas tempadas, foi o mellor alumno do colexio.

Nos premios complementarios Walter López logrou o título do campionato de rápidas a tres minutos.

Pola súa banda José María Dorado e Luis Carlos Martínez foron os afortunados no sorteo de 30 euros e da consola Nintendo DS.

Máis Información: http://www.agax.org/

Bases

Torneo, que é practicamente igual ao de anos anteriores. É a DÉCIMO QUINTA edición. Faríanse dous torneos, como vén sendo habitual nos últimos anos; un de rápidas como complemento e o clásico de semirrápidas. A actividade conta co apoio da Concellalia de Deportes no programa de actividades do Rosario.

Data de celebración: Sábado 10 de outubro de 2009

Horario: 16,30 a 19,00 o Torneo clásico. (16,30*17,00*17,30*18,00*18,30) e de 19,00 a 20,00 torneo de rápidas.

Lugar de celebración: No local habitual do Club A. A. Dominicos no propio colexio.

Número de Roldas: 5 roldas cada torneo.

Tempo: 15 ou 5 minutos segundo torneo.

Modalidade: Torneos por Sistema Suízo

Xogadores: Aberto a todos

Características particulares:

* Marca o inicio da tempada de xadrez para AGAX e os clubs do grupo.

* Polas datas coincide co XXVI Aniversario da creación do equipo de xadrez en Dominicos. E celebrarase a finalización de 25 tempadas consecutivas no xadrez Dominicos é o club en activo da cidade máis antigo por detrás de Artesáns, ademais do XX Aniversario de AGAX.

Premios:

Trofeos:

Campión, Subcampión e Terceiro clasificado

Campión Torneo de Rápidas

Mellor xogador de Dominicos

Mellor xogador xuvenil

Outros

60 euros ao gañador do torneo de 15 minutos.

Pin de regalo de AGAX a todos os participantes.

Sorteo dunha Nintendo DS entre os xogadores que disputasen os dous torneos integramente.

Sorteo dun premio de 30 euros entre os xogadores que disputasen os dous torneos integramente.

Inscricións:

* Recoméndase facela ata as 23,00 de mañá venres.

* A través do correo electrónico correo@agax.org

* No teléfono 608 08 47 05

Organiza/Web Oficial:

Logo
Asociación Galega de Axedrecistas AGAX
Palaestra

 

TablaDeFlandes