Centro Sociocultural Uxío Novoneyra WEB
Sábado 25 de febreiro de 2006
xadrez xigante na Praza Maior de Lugo. Foto de Arquivo
Informa: Pablo Castro
(Pte. Asociación Almenilla, Escola Luguesa de Xadrez)
III Torneo de Xadrez do Entroido:
O III Torneo de Xadrez do Entroido celébrase o sábado 25 de febreiro. O prazo de inscrición remata o venres A Concellería de Educación e a Escola Luguesa de Xadrez, que dirixe a Asociación Almenilla, organizan a terceira edición do Torneo Entroido de Xadrez, que se celebrará o sábado dentro do ciclo Camiño do Scacorum, que comtempla a programación de xadrez para todo o ano e que pode consultarse na web municipal www.lugo.es.
O torneo celebrarase no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra dende as once ata a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde. A participación é totalmente de balde, e pódese realizar chamando ao 650 434 114 ou enviando un email a castruper@yahoo.es.
O prazo para anotarse remata o día 24 de febreiro. Haberá cinco categorías:
Menores de 10 anos
Menores de 12 anos
Menores de 14 anos
Menores de 18 anos
Familiares ou acompañantes dalgún participanteOs organizadores repartirán trofeos e medallas entre os mellores clasificados e todos os participantes terán un agasallo.
Ademáis, os campións/as sub 10 e sub 12 gañarán a praza para participar nos campionatos galegos das súas categorías.
Domingos de Xadrez:
Por outra banda, continúan, dentro da programación os Domingos de Xadrez, organizados pola Asociación Almenilla en colaboración coa Concellería de Educación, e que consisten na celebración dunha xornada de xadrez todos os domingos na praza Maior.
Pódese xogar tanto no xadrez xigante coma nos convencionais e disfrutar, en xeral, de partidas para todos os niveis, que estarán supervisadas por dous monitores.
Paralelamente a esta actividade, a biblioteca itinerante da Concellería de Educación ubicarase ás mesmas horas e no mesmo lugar onde se celebren as partidas para o goce dos rapaces.
Se fai mal tempo as actividades terán lugar nos soportais da praza Maior e só se suspenderán en casos de choiva torrencial.
A actividade de xadrez está tendo unha gran acollida por parte da poboación lucense de todas as idades polo que o programa se está a ampliar este ano. Así mesmo, durante o resto do ano continuarán cos torneos, como o de "Semana Santa", ademáis da liguilla Intercentros e a Festa do Axedrez, ao final do curso.
Por suposto, seguen a celebrarse as actividades de xadrez nos centros educativos públicos durante todo o curso escolar como actividade extraescolar e as clases de perfeccionamento na escola de xadrez.