Galicia/Galiza
Galicia

Epilogo da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Informa: Círculo Chantadino Web

Circulo Chantadino de Xadrez

De simple pena de amigos a clube, e dende terceira a primeira división

O Ascenso do Circulo Chantadino de Xadrez  non é mais ca un froito de dez anos de traballo unido a un cúmulo de circunstancias e apoios que tivo dende finais do 2008 e que  lle faltaron os anos anteriores.

Lembremos que o Circulo Chantadino de Xadrez tuvo o seu orixe, base  e desenrolo de  catro personas  que  sabían mover as pezas con dificultades e anunciaron un torneo aberto na Cafetería Hilton, no ano 2001, que gañou o carismático Jaime Pena, "O Forestal". Aquelas seis persoas trocáronse en  oito no ano 2002, xa incorporado Alfonso Otero, "O Lerio" gañador do segundo Open de Xadrez, nunha final de desempate trepidante que  gañou ao organizador daqueles torneos  que e Anxo Boán. O Lerio non volveu xogar, e dende entón aínda se xogaron outros dous torneos, un deles polo Forestal e o outro por Anxo Boán...

Foto
Xadrez Hilton 2003. A Pena no monte da Raña, na final da II liga do Hilton

Os xogadores  de certa calidade do extinto clube de xadrez de Saviñao como Julio Álvarez, o Pitelo, Gotera, etc. reuníanse de vez en cando no Solpor para xogar entre eles, mentres no Hilton cunha calidade de xogo moi inferior, seguíase o día a día, e alí apareceu Jesús García Ruíz  quen confesaba, como así debía ser (coa excepción apuntada das partidas que se xogaran entre os do Saviñao) que  non atopara ningún sitio en Chantada ata que chegou ao Hilton.

Jesús García propuxo a formación dun clube de Xadrez, e Anxo Boán , que eran quen entón coordinaba  aos xadrecistas que proviñan do Hilton, aproveitando o xantar do torneo do  2004  convocou a xente  para formar o primeiro Clube de Xadrez, o Clube de xadrez de Chantada.

Ao pouco xurdiron desavenencias. Coa Baixa de Boán sucederonse a de Carlos Guerra, logo a de Anxo García Brea, e logo a de Jesús Varela e chegamos a formar un clube entre cinco persoas que xa non coincidía para nada coa pena do Hilton. Eses eran Anxo Boán, Andrés Pavón, Anxo Garcia Brea, Carlos Guerra e Cristobal Rodríguez Ledo. Nacera "O CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ" (nome posto en agradecemento ao Circulo Recreativo Cultural de Chantada que nos ofreceu o primeiro local de xogo) e que en menos dunha semana chegou a 12 persoas (uníronse Lino, Vicente, Macario, Argiz, Peinado, Camilo, e os nenos Iago Boán Francis  e Francisco Boán  Vázquez. Chegábase xusto a tempo para competir na liga galega de Xadrez na tempada 2006, ano  no que se fixo un octavo posto, con 19,5 puntos . Eran os meses de Outubro/Novembro do ano 2005.

Foto
Torneo de Xadrez 2004 Chantada

Foto
Torneo 2004. Algúns torneos empezábanse no Hilton e remataban no Monte da Raña.
Na imaxe Jesús Varela (Hilton) vs Macario e Anxo Brea vs Pato

Foto
E mentres uns remataban a partida outros disfrutaban do ambente.
Na imaxe o carismático Forestal disfrutando co seu pequeno no Monte da Raña

Foto
E logo das partidas as comidas entre a pena xadrecistica

Foto
E logo a sobremesa


Foto
E rematábase cunha queimada.
Macario preparando a derradeira queimada antes da creación do club de xadrez

O Circulo Chantadino de Xadrez, a finais do ano 2005, organiza para uso da vila chantadesa o primeiro Open de Nadal de Chantada. Invitouse aos membros doutro clube da vila cuxos directivos rexeitaron a invitación aínda que Macario e Pato participaron no noso torneo para rematar uníndose a nós como socios non activos. O I Open de Nadal  tivo unha tímida participación de dez  xadrecistas  e que foi gañado por Carlos Guerra Torres, sendo segundo Camilo Rodríguez Ferreiro e Anxo García Brea de terceiro. Era o torneo do Circulo, o Torneo de Nadal do casino que se acababa de fundar. 

Foto
Os primeiros torneos de Nadal do Circulo Chantadino convertéronse nun clásico do xadrez

No ano 2006 o Circulo Chantadino debuta en terceira división,  rematando en oitavo lugar pero dobrando en puntos ao equipo que fundaramos un ano antes.

Aquel ano, chegado o verán  xogase a derradeira liga de Chantada de Xadrez  ou liga Hilton  combinando a organización entre Camilo e Esteban Díaz, dado que Boán  por motivos de saúde pasara a meirande parte da duración daquel torneo hospitalizado. Detectáraselle un cancro ao que había que facerlle fronte. As partidas de Boán aprazáronse e  volveu do hospital para gañar a liga do ano 2006, a derradeira liga de xadrez  entre os membros dun club . Anxo Boán participou logo de novo no II Open do Circulo, en Nadal, este ano coa  participación dos membros do outro clube. Gañou Boán, Argiz foi segundo e Lino terceiro. A participación aumentara a 20 persoas. Os trofeos, esta vez xa foran doados polo Concello.

Foto
Ano 2007. Boán anunciaba as súas pretensions de impartir xadrez nas Escolas Municipais do Deporte

O Circulo Chantadino de Xadrez seguía medrando, e no ano 2007 chegou, (tamén das mans de Anxo Boán tras diversas xestións compartidas entre este e Camilo Rodríguez co Conselleiro en aquel entón de Deportes Castor Novoa) as  Escolas Deportivas Municipais.

Foto
Torneo de Nadal de 2007. Os nenos das escolas municipais ollan os trofeos

E a partir de carnavais do 2007 o Circulo Chantadino accede as escolas municipais do deporte (Nelas estaba Jesús García)  e  número de alumnos  que se anotaron foron dous inicialmente.

No 2007 incorporáranse Ricardo García Vigo, Navarro, Pablo Rodríguez, O Xurelo, Janeiro, Javier González, Janeiro  e os nenos das escolas  hasta superar as vinte persoas.

Aumentaron os socios e por iso na  liga galega, pasase dun equipo a dous equipos e rematarase mellorando dende un oitavo posto no 2006 a un sexto posto no 2007. E fixéranse outras actividades tanto polo Día das Letras Galegas como no verán.

Foto
Ricardo García recollendo o seu premio durante o Open do 2007

No torneo de Nadal  de 2007  empezaba a acudir xente doutros clubes, e os organizadores  xa non  participaban no torneo, E o número chegaba a trinta participantes.

Foto
Ricardo García despois de recoller o trofeo do 2007,
non esconde a súa euforia e abrázase ao organizador do torneo

No ano académico que empezaba ese ano, o número de alumnos pasaba de dous a dez, para aumentar durante o curso, mentres Boán e Camilo facían un curso de monitor convocado pola federación.

Foto
Lionel Salgado gañou o a sección infantil no ano 2007

Foto
Ana Doval vs Lucas Ledo, Lionel Salgado vs Ares Montes e María Ramberde vs Iria Montes
en pleno enfrontamento no torneo de Nadal 2007

Foto
O XADREZ XIGANTE, foi utilizado por Boán como un atractivo dos pequenos
durante a súa monitoría nas Escolas Deportivas

O ano 2008, foi na realidade  a práctica desaparición do equipo de Jesús García, no que só quedaban el, Benigno e Enrique Rojo, máis algún pai que colabora de boa fe. O Circulo Chantadino, xunto co-as escolas Deportivas de Chantada, acadaban la Liga un cuarto posto nunha liga  que foron de menos a máis.

Ricardo García acaba de impoñerse no Nadal 2007 de forma absoluta a pesar da participación do clube de Xadrez de Celanova con xente de primeira División.

Foto

E disputouse por primeira vez en Chantada a final do Campionato Provincial do xadrez Escolar, con Boán de Monitor e conseguíase o Subcampionato Provincial da Categoría Alevín, a pesar que tres dos catro participantes polas Escolas Deportivas Municipais eran de categoría inferior.. As escolas Deportivas Municipais, con Piñeiro de Concelleiro, Guillermo García de director  e Boán como monitor, conseguían o primeiro éxito real da década para o xadrez Chantadino. A  sede da fase final do Campionato Provincial escolar era Chantada e  a participación Alevín que foi formada por Benxamíns deu a Chantada o Subcampionato Provincial. Martín de Arriba, Lionel Salgado, Ares Montes e Lucas Ledo só foron superados por 3-1 polos Franciscanos de Lugo,  trunfos que teñen máis mérito polo feito de que o monitor só dispoñía dun Alevín pertencendo os outros tres a categoría inferior ou sub-10 naquel entón.

No 2008, con Salvador Crespo Varela de Presidente, Fido da Estrada de Secretario Juan Jesús Sanz Sixto de Lalín de tesoreiro e Anxo Boán e Golmar ,de Silleda e a coordinadora de Cuntis  como vocais  crease o Clube de xadrez   que colle o eixe Cuntis-Chantada.- Encontrar un nome para xuntar todos os equipos non era doado pois o nome da Estradeza era pouco axeitado para os de Chantada e Cuntis, e o nome de Corazón de Galicia tampouco identificaba a meirande parte dos seus integrantes  e  pasou a chamarse o CLUBE DE XADREZ  GALICIA CENTRAL.-, que se converteu no circuíto que leva o seu nome, o Circuíto de Xadrez de Galicia Central que tantas tardes de satisfaccións deu aos nosos nenos e que serviu para coñecer e reforzar as relacións de amizade cos compañeiros doutros clubes.

Foto
Ricardo García e José Luis Janeiro, despois de preparar o escenario da primeira etapa
do Galicia Central disputada en Chantada

O 6 de Setembro do 2009, O Circulo Chantadino celebra o seu IV OPEN, co nome "Cor da Galicia" que foi a primeira etapa do "Galicia Central".- A colaboración de Janeiro e Ricardo foi decisiva naqueles intres....

No Nadal do 2008/2009  en data 3 de Xaneiro do 2009  V Open do Circulo  superou o número de 70 persoas  conventindose  no record  de todos os eventos do clube deica a fecha. O clube de Xadrez de Chantada cesara no seu empeño de torpedear os actos do Circulo Chantadino, mentres Enrique Rojo, trataba de paliar a agonía do primeiro clube de xadrez domiciliado en Chantada captando pequenos polos colexios e pola escola de música, nun clube, practicamente  sen socios adultos. Aquel sen sentido de dous clubes fundados pola mesma persoa e co seu orixe no mesmo lugar, esquecéronse do enfrontamento para pasar á colaboración no seu obxectivo cal é a promoción do xadrez na zona, para acabar  a ultima etapa do ano cunha  unión anunciada.

Na Liga Galega de Xadrez, xa contamos como se conseguirá o ascenso, ónde a incorporación de Diego Álvarez foi decisiva para completar a casi  forzada  participación en todas a partidas de Boán Camilo e Ricardo. Anxo García Brea cubría esporadicamente a baixa de Diego e Carlos Guerra decaera estrepitosamente no seu nivel de xogo, pero o ascenso estivo dunha maneira brillante.
  
Nas escolas Municipais, o equipo formado por Lionel, Martín, José Manuel López, Lucas Ledo, Gabriel Pérez consiguen de novo un subcampionato provincial na fase final. Na fase previa  participaron tamén Carlos Lamas e Ana Doval Fernández.- Quedaron a tres puntos dos Franciscanos, agardando desta vez vaia a vencida...

Por primeira vez, e coa colaboración de Rojo, nas etapas da Expo-Ourense, na dos Maristas de Ourense e na etapa de Monforte, os nosos nenos debutan no circuíto escolar de Xadrez.

A participación dos chantadinos no circuito  da GALICIA CENTRAL, coa colaboración do Concello,  fixo  que  os  chantadinos xunto cos de Lalin se repartisen a maioría das medallas, e fixo posíbel que a etapa de Chantada fose Record de todas as etapas do circuíto.

A Profesionalizacion do ensino do Xadrez da man de ALEJANDRO HOFFMAN. Boán  tiña cada vez mais dificultades, pois unido a falta de tempo, os nenos necesitaban  algo máis ca o ensino  dos coñecementos básicos do xadrez  e  facíase necesaria unha persoa de mais coñecementos  que puidera dar resposta as preguntas dos nosos nenos, e para eso  tivemos a sorte e honor de contar  con Alejandro Hoffman para facelo.-Deica ahora  inda é moi pronto para falar de éxitos dos nosos nenos nas participacións xa de liga como individuais, pero tamén se pode afirmar, que un clube situado nun concello con menos de 10.000 habitantes, con 58 fichas entre os dous clubes unidos, e con cinco equipos en competición e un éxito que  sin  dar lugar a equivoco hai que atribuír a unha serie de factores cal é a dedicación e organización cara un traballo ben feito,  a  dedicación e o traballo tanto nos colexios como nas escolas que está aportando e realizando Rojo sen o cal non teriamos a metade dos rapaces nin con que pagarlle ao profesor, a decidida e decisiva implicación de Gotera cos seus amigos do Saviñao, e a participación de Hoffman tanto nas escolas como no equipo.-

E Sobrado  estenderse sobre estes acontecementos, porque a partir de xaneiro do 2009, están escritos no portal de xadrez máis importante do mundo, cal é a web www.tabladeflandes.com  da man de Antón Busto, á  que me remito.
   
CONCLUIMOS POIS DECINDO QUE: Hoxe o Circulo Chantadino conta con un Open de Xadrez, que salvo esa pequena recesión este Nadal aumentou todos os ano, conta cunha canteira de nenos fabulosa que será o relevo xeracional do clube, conta con unha participación e colaboración que lle faltaba os anos anterior, queda en primeira división coa economía saneada, co orgullo de ter un Gran Mestre da categoría humana, ética e profesional de Alejandro Hoffman, e cunha dotación de material para facer fronte a calquera evento. Agora temos pendente o Provincial de Xadrez coas Escolas Deportivas Municipais de Chantada, onde por primeira vez podemos deixar de ser subcampions para subir algo máis, primeira proba de lume para evaluar o progreso dos peqenos, e logo a xunta directiva decidirá quen vai ser a persoa idonea para seguir ao frente do clube  asi como dos demáis colaboradores implicados na marcha do clube.

Foto
Anxo Boán, despídese da liga 2010 satisfeito polo desenrolo dos acontecementos,
mérito de todo un traballo de equipo

A idea de Anxo Boán agora mesmo e crear un clube de xadrez que  faga de revulsivo en Monforte e no seu día abranga toda a Ribeira Sacra, e se chegado o mes de maio/xuño deixa o Circulo Chantadino de Xadrez, faino coa satisfacción de deixar o equipo en Primeira de traballar co Concello para o fomento do xadrez dende as Escolas Municipais, co pracer de observar como o torneo fundado co galo do Nadal medra cada dia máis, con cinco equipos en competición e un deles en Primeira División, cos medios de comunicación apoiando o fomento desta actividade tan marabillosa apaixonante e útil cal é o xadrez.-

Ánxo Boán. Círculo Chantadino de Xadrez

Crónicas anteriores:

Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | Rolda 5 | Rolda 6 | Rolda 7 (derradeira) | Rolda 8 | Rolda 9 | Rolda 10 | Rolda 11

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes