Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs

Chantada - Lugo

Sábado 9 de xaneiro de 2010

Informa: Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 1:

CÍRCULO XADREZ CHANTADA 2.5 - CLUBE ÁGORA 1.5

O CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ IMPUXOSE AO AGORA SILLEDA POLA MINIMA CON MAIS DIFICULTADES DAS ESPERADAS

O Circulo Chantadino de Xadrez, recen ascendido a segunda de forma brilante e notoriamente reforzado, e que parte coma un dos favoritos ao ascenso, encontrou no Agora Silleda, un rival que en ningún momento foi inferior.

Foto
Á esquerda equipo Ágora. Silleda, á dereita equipo Círculo Xadrez Chantada. Lugo

Xogaron polo Circulo Chantadino o Gran Mestre Alejandro Hoffmann, Fortes (Gotera), Camilo e Anxo Boan, mentres os de Silleda presentáronse co mellor equipo.

Boan, con negras,  tras a primeira hora de xogo, pasou a tomar a iniciativa do encontro, que por indecision na xogada 17, nuranteson traduxo en ventaxe material, mais aínda asi mantivo a iniciativa durante as tres primeiras horas, pero como quen perdoa paga, o cotraxogo do adversario, deu un punto para Silleda.

Gotera, tamén con negras, cunha posición mellor, ao final tivo que ceder táboas ante Golmar.

Camilo, con brancas,  mantivo o equilibrio  durante as dúas primeiras horas, cando emprende un ataque unido a un erro do adversario que necesariamente lle daba ventaxe de peza ou mate, polo que a victoria foi cuestión dunhas xogadas máis.

Foto
En primer plano, GM Alejandro Hoffman (Chantada. Lugo) vs José Manuel López (Ágora. Silleda)

Hoffman, non defraudou, tomou a iniciativa dende o primeiro momento e acabou impoñendose tras tres horas de partida.

A Clasificación da primeira xornada queda encabezada polo Loueiro de Orense que gañou 4-0 nas Rias Baixas, seguido do Lalin, que gañou 3-1 ao Ateneo.

A próxima semana o Circulo Chantadino viaxa a Moaña, onde leva ben aprendida a lección que recibiron dos de Silleda, quenes con humildade e deportividade, estiveron a punto de dar unha gran badalada.

  CÍRCULO XADREZ CHANTADA
2,5
  CLUBE ÁGORA. SILLEDA
1,5
B ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1
N JOSE MANUEL LOPEZ CAAMAÑO
0
N JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
1/2
B MANUEL GOLMAR FONDEVILA
1/2
B JOSE CAMILO RODRIGUEZ FERREIRO
1
N LUIS CEJO FERREIRO
0
N ANXO BOAN RODRIGUEZ
0
B XOSE ANTON GOMEZ VILLAVERDE
1

Círculo Chantadino de Xadrez

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes