Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

19 marzo de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 10:
XADREZ OURENSE B - 1 CÍRCULO XADREZ CHANTADA A - 3

Foto
Circulo Xadrez Chantada A vs Peña Recreativa

O encontro do Circulo Chantadino de Xadrez fronte a Peña Recreativa permítelle afastarse medio punto da zona de promoción ao tempo que lle obrigan a conquerir cando menos un empate para salvarse dos postos de promoción. Con este empate, e tendo en conta que Hoffman estará dispoñible para a derradeira xornada fronte a Universidade de Vigo moi mal lle terían que ir as cousas ao Circulo Chantadino para verse metido en postos de descenso dos que se afasta dous puntos, máxime cando se enfrontan entre sí o Alekhine e o Xadrez Ourense B.

Unha vitoria pola mínima suporía que matematicamente se salvase a categoría e unha derrota inda que fose mínima complicaría bastante as cousas cara as expectativas de salvarse  da promoción.

Falta unha soa xornada para rematar e a estas alturas só o CXF Porto de Vilagarcía  que ascende matematicamente a división de honra e o Fischer de Moaña  que  será  xa o segundo clasificado (tendo en conta o seu Sonnemberg),  os demais equipos, todos e cada un deles que configuran o grupo seguen loitando en diversas posicións pola súa permanencia e tan só 2,5 puntos separan ao Laroca-Nigran  (terceiro clasificado con 20,5 puntos)  da zona de promoción encabezada polo Clube de Xadrez Bueu A  que ten 18 puntos.

En data 26 de febreiro na crónica do Circulo Chantadino tras empatar a dous puntos co Universitario de Ourense xa se calculaban en sete os puntos que necesitaba o Circulo Chantadino para saír dos postos de promoción; tras a vitoria  co Xadrez Ourense na crónica se falaba dos catro puntos nas duas xornadas que restaban e tras o empate  dous a dous fronte a Peña Recreativa seguen restando dous puntos, para conseguir a permanencia nunha lóxica de resultados, inda que  para facelo matematicamente habería que gañar por 2,5 a Universidade de Vigo na vindeira xornada.  Dous puntos serán suficientes agás unha cadea de resultados contra prognóstico racional.

AS PARTIDAS UNHA A UNHA SEGUNDO GM ALEJANDRO HOFFMAN

Taboleiro 1. Hoffman 1 - José Antonio Alvarez-0

Foto
A. Hoffman vs José Antonio Álvarez

"Trátase dunha Defensa Ortodoxa, variante do cambio, onde as negras fixeron un plan pouco habitual no flanco de rei
e quedaron peor na apertura tras abrirse a columna c. logo cando xa lles quedaba pouco tempo
non acertaron nas mellores defensas e remataron perdendo"

Taboleiro 2. Manuel Álvarez 0,5 – Ramón Delgado -0,5

Foto
Manuel Álvarez vs Ramón Delgado

"No taboleiro 2 Ramón de negras saíu ben da apertura na Defensa India de Rei que formulou,
as brancas xogaron a variante Saëmisch e no medio xogo tras unha imprecisión de Ramón,
Manolo Álvarez quedou mellor pero repetiu xogadas e acordouse o empate."

Taboleiro 3. Miguel Vázquez Fortes 0 - Ángel Dorrio 1

Foto
Miguel Vázquer Fortes (Gotera) vs Ángel Dorrio

"No taboleiro 3 Gotera saíu ben da apertura tras a defensa escandinava formulada polo seu rival
pero unha distracción fatal custoulle unha peza e provocou o irremediable abandono"

Taboleiro 4. José Javier Lamas 0,5 – Pedro Guitián 0,5

Foto
Pedro Guitián (Foto de Arquivo)

"No 4 taboleiro Pedro xogou unha defensa escandinava e quedou levemente mellor na apertura
pero permitiu que a posición se simplificase e acordáronse unhas xustas táboas "

Rolda 10

CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
Res.
PEÑA RECREATIVA-PERA
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1 - 0
JOSE ANTONIO ALVAREZ FERNANDEZ
RAMON DELGADO COMERMA
1/2- 1/2
MANUEL ALVAREZ FERNANDEZ
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
0 - 1
ANGEL MANUEL VAZQUEZ DORRIO
PEDRO GUITIAN VAZQUEZ
1/2 - 1/2
JOSE JAVIER LAMAS GONZALEZ

Resultados 1ª C

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
1 - 3
LAROCA-NIGRAN "A"
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
2,5 - 1,5
CLUB XADREZ BUEU "A"
LUCENA "A"
0,5 - 3,5
FISCHER MOAÑA
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
2,5 - 1,5
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
2 - 2
PEÑA RECREATIVA-PERA
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
3 - 1
XADREZ OURENSE "B"

Clasificación: http://www.gefe.net/

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes