Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

26 marzo de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 11:
UNIVERSIDADE DE VIGO -XADREZ GALEGO 2 vs CÍRCULO XADREZ CHANTADA A

Foto
Circulo Chantadino de Xadrez antes de partir para Vigo

Na anterior xornada  xa apuntabamos  que de conquerir un empate en Vigo ó Circulo Chantadino de Xadrez non debería ter problemas para manter a categoría na primeira división como así foi.

Complicada competición a deste grupo cando entrada a derradeira xornada, dez dos doce equipos que  compoñen o grupo aínda loitaban dende distintas posicións para non caer en zona de promoción ou descenso ou fuxir desa zona.

Desigual forza nos taboleiros do Circulo Chantadino donde dos 20,5 puntos acadados, mais da metade deles (10,5) foron feitos no taboleiro número un, de Alejandro Hoffman, 6 foron feitos por Gotera nas dez partidas que disputou, e dous por Boado nas  cinco partidas que disputou.

Bos xogadores como Pedro Guitián deron medio punto en catro partidas e Camilo non puntuou en ningunha das catro que xogou. Ramón Delgado cun Elo de 2165  e Enrique Rojo xogaron dúas partidas cada un donde só puntuou Ramón con medio punto mentres que Ricardo, Cesar Varela, Diego Alvarez,, Julio Álvarez, Boán e Celestino só xogaron unha partida cada un e tan só estes dous últimos puideron acadar medio punto cada un deles na súa partida que disputaron

Deste xeito os apuros estiveron presentes deica a derradeira  xornada, e algo falla ou algo fallou cando a practica totalidade dos puntos se concentran en Hoffman e Gotera sendo que o Circulo Chantadino contaba entre os seus compoñentes con xente da Categoría de Martín Boado e Ramón Delgado, como tampouco é normal que entre Pedro e Camilo  non se sumasen máis ca o medio punto de Pedro Guitián  nas oito partidas que disputaron entre os dous.

En resumo, cada un fixo o que puido e deu sen dubida o que tiña dentro, e soio queda agardar  optimismo para a vindeira tempada na que podamos estar loitando nos postos altos da táboa  en lugar de  estar con apuros, relativos,  pero apuros ao fin e ao cabo.

De todos os xeitos o Circulo Chantadino de Xadrez cumpriu os seus obxectivos cales foron manter a categorÍa na primeira división e ascender un equipo máis a segunda, que nos permitirá, por primeira vez na nosa corta historia,  ter representatividade en catro das cinco categorías da Liga Galega de Xadrez por equipos. E máis, é o único clube en toda Galicia  dun pobo con menos de 10.000 habitantes que ten representación en catro categorías.

AS PARTIDAS UNHA A UNHA SEGUNDO GM ALEJANDRO HOFFMAN

Taboleiro 1. Ricardo Antonio Baldwin 0 - Alejandro Hoffman-1

Foto
Alejandro Hoffman. Foto de Arquivo

""No primeiro taboleiro con negras quedei mellor na apertura contra Ricardo Baldwin,
e coidándome dalgunha complicación táctica rematei gañando por tempo
nunha posición con 3 peóns de máis""

Taboleiro 2. Martín Boado 0 – Jorje Iglesias -1

Foto
Martín Boado vs Jorje Iglesias

"No taboleiro 2 de Blancas Boado saíu mellor da apertura contra Jorge Iglesias
pero logo un terrible despiste fíxolle tocar unha peza que se a movía era mate e tubo que abandonar."

Taboleiro 3. Roi Cabanas -0 Miguel Fortes (Gotera) -1

Foto
Miguel Vázquez Fortes (Gotera)

"No 3 Gotera con negras saíu moi ben da apertura contra Roi
e rematou gañando un peón, se coidou de que o seu rival non poida montar
ningún contraxogo e rematou gañando de moi bo xeito"

Taboleiro 4. David Pérez – 1 José Camilo Rodríguez Ferreiro 0

Foto
José Camilo Rodríguez Ferreiro

"No 4º taboleiro Camilo pagou o seu inexperiencia en formulacións contra
a defensa grünfel de David e quedou xa sen chances rapidamente "

Rolda 11

UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
Resultado
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
RICARDO ANTONIO BALDWIN DEL CASTILLO
0 - 1
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
JORGE IGLESIAS GARCIA
1 - 0
MARTIN BOADO RODRIGUEZ
ROI CABANAS RODRIGUEZ
0 - 1
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
DAVID PEREZ DOMINGUEZ
1 - 0
JOSE CAMILO RODRIGUEZ FERREIRO

Resultados 1ª C

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
XADREZ OURENSE "B"
4 - 0
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
PEÑA RECREATIVA-PERA
3 - 1
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
2 - 2
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
FISCHER MOAÑA
4 - 0
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
CLUB XADREZ BUEU "A"
1 - 3
LUCENA "A"
LAROCA-NIGRAN "A"
2 - 2
CXF-PORTO DE VILAGARCIA

Clasificación: http://www.gefe.net/

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes