Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División

Chantada - Lugo

Sábado 22 de xaneiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 3:
Circulo Chantadino A 2,5 - Laroca-Nigrán 1,5

O Circulo de Xadrez de Chantada impuxose no seu local pola mínima ao Laroca nun encontro moi equilibrado

Foto
Terceira Xornada. Circulo Chantadino vs Laroca-Nigrán

No taboleiro numero 1, con pezas brancas, Alejandro Hoffman que se enfrontaba a Constantino González  colleu ventaxe nunha apertura semi-eslava, ventaxe que se concretou rapidamente con un ataque directo ao Rei Negro, impoñéndose o Chantadino

Foto
GM Alejandro Hoffman

No Taboleiro número 2 Gotera fixo fronte con negras a Breixo Alvarez. Excelente partida a de Gotera que foi traballando unha partida igualada con boa técnica deica provocar debilidades das brancas na estructura de peóns que remataron caendo. Unha partida de casi catro horas de xogo nun final desigual facián que fose inevitable a coroación dun dos dous peóns pasados de Gotera que fixo que Breixo rendese.  A preparacion desta partida durante a comida que ao final se comentará deu os seus froitos transcurridos un cuarto de hora.

Foto
Gotera

Boa partida de César Varela, con brancas tivo como rival a Agapito González,  despois de longo tempo sen contacto co taboleiro, non obstante pagar esta ausencia cando chegado un punto nunha apertura igualada, non pudo contrarestar unha boa maniobra táctica do seu rival que rematou impoñendo a sua ventaxa de peón de maneira máis convincente

Foto
César Varela

No taboleiro número catro, ao igual que fixo Cesar Varela no taboleiro número 2 debutou Celestino López, quen as 16 horas  acudiu previamente ao lugar habitual de preparación das partidas a cargo de Alejandro Hoffman, que tivo que apañarse como puido, pois ao Gran Mestre levárano Camilo e Gotera  para a Ribeira chantadina.

Boa partida de Celestino ónde xogou bastante ben a apertura e presionóu ata gañar un peón en pero non viu un recurso táctico en g6 que lle levou a perder peza. Aínda así logrou complicar un final que teoricamente tiña perdido conquerindo unhas moi meritorias táboas.

Foto
Celestino Jeús López Otero vs Sergio López

CIRCULO XADREZ CHANTADA A
Res.
LAROCA-NIGRAN A
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1-0
CONSTANTINO GONZALEZ LEVICES
JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTES
1-0
BREIXO ALVAREZ DOMINGUEZ
CESAR AUGUSTO VARELA LOPEZ
0-1
AGAPITO GONZALEZ RODRIGUEZ
CELESTINO JESUS LOPEZ OTERO
½-½
SERGIO LOPEZ PEREZ

Resultados 1ª C. Rolda 3

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
LUCENA "A"
2 - 2
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
0,5 - 3,5
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
2,5 - 1,5
LAROCA-NIGRAN "A"
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
1 - 3
CLUB XADREZ BUEU "A"
XADREZ OURENSE "B"
2 - 2
FISCHER MOAÑA
PEÑA RECREATIVA-PERA
1 - 3
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO

Clasificación: http://www.gefe.net/gefe2/ZPClasificacion.asp?IdCompeticion=2

TERCEIRA DIVISIÓN

Circulo de Xadrez de Chantada b 2-5- Universitario Ourense B 1,5

O Circulo Chantadino B) impúxose  ao Universitario B) de Ourense nunha partida moi equilibrada dende o principio, á que o Universitario acudiu co seu equipo de Gala.-

No taboleiro numero 1   Camilo Rodriguez con brancas, tivo en fronte ao forte rival Ramón Cid que xoga con frecuencia no equipo de primeira división do seu club.Partida equilibrada durante as tres primeiras horas, ás que chegou o Ourensán co tempo casi esgotado nunha partida de recíprocos ataques, nos que con maior serenidade  unido a falta de tempo fixo que o Ourensán  primeiro perdera  unha peza e  xa con forza desigual nun intento desesperado do ourensán de forzar as táboas deixouse logo a dama provocando unha irremediabel rendición fronte ao Chantadino.

Foto
Camilo Rodríguez

No taboleiro número 2 Ricardo García  con Negras tiña como rival á fortisima xogadora Graciela Gómez con máis de 1800 de elo. Unha partida na que pouco a pouco a xogadora ourensán foise impoñendo ata chegar a un final con dous peóns de máis e que facían pensar a Ricardo na sua rendición, pero un inexplicable erro da xogadora que permitiu a Ricardo recuperar un dos seus peóns de desventaxe, unido a boa colocación do rei e da torre de Ricardo conseguiu forzar as táboas nunha partida que parecía perdida.


Foto
Ricardo García

No taboleiro número 3  o Chantadino Anxo Boán, con brancas, tiña como rival a Miguel P Helvia.- Despois  da sexta xogada un erro do Ourensán levouno a pédida dun peón, ademáis de quedarlle unha torre chantada na casilla b3.- e serios con serios apuros para defender o peón a2 que parecía tamén perdido. Nestas circunstancias o Chantadino consigue dobrar as dúas torres na diagonal d totalmente aberta, que xunto cos dous cabalos listos para atacar en calquera momento o flanco de rei  iniciou un ataque  no que o Ourensán non tivo posibilidade de defenderse.-

Foto
Anxo Boán

No taboleiro numero 4.-  Lionel Salgado, con negras enfrontábase a Amador Figueiral. Boa partida de Lionel que tras unha ordenada apertura consegue unha inmellorable posición no medio xogo para tratar de atacar directamente ao rei rival, pero a indecisión de Lionel para levar o ataque permitiu ao xogador do Universitario invertir os papeis cun ataque de dama torre e alfil na que tivo que ser o xoven xogador do Circulo quen sucumbe ante o inevitable mate.

Foto
Lionel Salgado

Xadrez Loureiro B 2 -Circulo Chantadino C-2

O equipo C do Circulo Chantadino de Xadrez acada un meritorio empate ante o Loureiro B) que sempre é un rival que conta para os postos de ascenso como veu demostrando nas duas últimas tempadas as que ao final renunciou.- Boas partidas de Alberto Perez Sanchez e Gabriel Perez Varela.

 

RESUMO E ANÉCDOTA:  Boa xornada do Circulo Chantino de Xadrez, no que o equipo A) impuxose en primeira división ao Laroca Nigran por 2,5 a 1,5 mentres o equipo B) sacaba idéntico resultado  sendo que o equipo C) que viaxaba a Ourense empataba a dous fronte ao equipo B do Loureiro. Tamén é de destacar como a calidade dos viños da zona puderon influir nos resultados, pois sobre das duas da tarde, en plena preparación do local de xogo xuntaronse algúns dos que xogaban en Chantada, concretamente  Hoffman, Gotera, Camilo e Anxo Boán e mentres os tres primeiros iban a comer a unha adega da zona e preparar as partidas o último facía o propio nun pueblo próximo a zona, dándose o feito que os catro citados fixeron os seus puntos, e que non ten outra explicación ca boa calidade dos viños da zona. O Viño de Chantada xunto co-a preparación previa notouse claramente en Gotera  cuarto de hora do xogo. Polo demáis bó ambente donde incluso divertíronse os que estaban en apuros. Podemos ollar a foto 7 na que Ricardo Garcia, lonxe de sorrir a cámara, a estilo de mofa lle saca a lingua.

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes