Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

Sábado 19 febreiro de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 7:
Circulo Xadrez Chantada A 1,5 –Alekhine Correduría Tempu 2,5

O Circulo de Xadrez de Chantada A, non acaba de repuntar e despois das partidas das últimas xornadas, comida de matanza e cocido previo, parece cada paso máis fundido na táboa clasificatoria, e o que é máis alarmante e que os puntos  acadados, agás unhas táboas de Pitelo na partida que xogou e unha vitoria de Boado concéntranse  nos taboleiros de Gotera e Alejandro Hoffman que responden as súas expectativas mentres os demais membros do equipo non acaban de encontrar o seu sitio en primeira división.- Un equipo que ascendeu de forma brilante o ano pasado e que aparece nesta categoría reforzado con Boado, Pitelo e Julio Álvarez non debería estar na zona na que está, e quizais de aquí ao fin de tempada  haxa que concentrarse máis no taboleiro ca nos demais eventos, que están ben e non son reprochables, pero polo menos debemos intentar cada un dar o que temos dentro e chegar as partidas en óptimas condicións en lugar de lamentar esta situación, que non dubidamos seremos capaces de solventar, e logo xa virán as reunións e celebracións  que reforcen a cohesión existente entre os socios, tan importante ou máis ca os resultados deportivos, pero a bo recado se poden aprazar ou deixalas para despois das partidas .

Foto
Circulo Xadrez Chantada vs Alekhine de Vigo. De esquerda a direita e co orde do taboleiro invertido
Julio Alvarez, Pedro Guitián, José Miguel Fortes (Gotera) e Alejandro Hoffman.
-

As partidas unha a unha comentadas por Hoffman diste xeito:

A. Hoffman 1 - Julio Fernández 0.

As negras deixáronse un peón central en plena apertura e logo só tiveron que agardar a que as brancas de a pouquiño lles montaran un ataque no flanco de rei que sumado ao control do centro grazas ao peón de máis foi imparable.

Santiago Hernández 1/2 Gotera 1/2

Logo dunha manobra estraña coa dama na apertura gotera logrou unha posición de clara vantaxe posicional contra o esquema de peón illado en que quedaron as brancas. Inexplicablemente cando ía a facer o plan gañador tocou o alfil do lado do que ía mover e iso fixo que perdese dous peóns. Logrou remontar para finalmente facer táboas merecidas nun final de alfís de distinta cor.

Pedro Guitián 0 - Alberto Misa 1

Pedro saíu equilibrado da apertura, entregou unha calidade de xeito dubidosa e o seu rival mais tarde lle devolveu o favor entregando unha peza pero Pedro confundiuse tacticamente e quedou perdido. Aínda lle está custando a Pedro entrar en ritmo.

Antonio Gómez 1- Julio Álvarez Flórez 0

Julio saíu peor da apertura e inclusive o seu rival gañáballe unha peza nun momento pero non o viu. Logo Jullo foi complicando moi ben pola á de dama logrando unha boa posición pero quedou moi curto de tempo e chegou a un final perdido pero o seu rival volveu a descoidarse e Julio xa conseguiu un final de torres que debeu polo menos empatar pero comezou a xogalo de xeito moi pasivo e rematou perdéndoo

CIRCULO XADREZ CHANTADA A
Res.
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
1 - 0
JULIO FERNÁNDEZ ALONSO
JOSÉ MIGUEL VÁZQUEZ FORTES
½ - ½
SANTIAGO HERNÁNDEZ HERAS
PEDRO GUITIAN VÁZQUEZ
0 - 1
ALBERTO MISA JUNCAL
JULIO ÁLVAREZ FLOREZ
0 - 1
ANTONIO GÓMEZ RODRÍGUEZ

Resultados 1ª C. Rolda 7

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
1,5 - 2,5
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
2 - 2
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
XADREZ OURENSE "B"
0 - 4
LUCENA "A"
PEÑA RECREATIVA-PERA
0 - 4
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
1 - 3
LAROCA-NIGRAN "A"
FISCHER MOAÑA
2,5 - 1,5
CLUB XADREZ BUEU "A"

Clasificación: http://www.gefe.net/

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO E

Loureiro B 1,5 -Circulo Xadrez Chantada b 2,5

Liderado e ascenso a segunda dos chantadinos

O Circulo de Xadrez de Chantada B, que dende o derradeiro día 12, co mero feito de asistir ao encontro estaba matematicamente en segunda división (soben tres no grupo) acadou no local do Loureiro B o campionato de grupo tras vencer pola mínima ao equipo local.

Moi bo ambiente no desenrolo do encontro entre dous clubes que o xadrez quixo facer dos seus compoñentes un grupo de amigos, inda que rivais no taboleiro, e onde o Loureiro nada se xogaba, e o Circulo B quizais aquela honrilla de poder acadar o liderado de grupo.

Foto
Circulo Chantadino B selando o liderado.
De esquerda a dereita Anxo García Brea, Lionel Salgado, Anxo Boán e Manuel García.

No taboleiro número un David Tabares (brancas) 0,5 –Anxo Boán (negras) 0,5 Anxo Boán non se encontraba nas mellores condicións de disputar a partida por motivo dun inflamón facial que non remataba de molestar e Tavares, quen ultimamente tiña como rival a Camilo, fai dous anos en terceira división onde ademais da vitoria de Tabares os do Loureiro nos gañaran en Chantada por 1-3, e o ano pasado en segunda onde Tabares gañara a dama por unha torre e logo camilo logra unhas meritorias táboas nun final onde a dama de Tavares foi incapaz de vencer a torre de Camilo, quen con hábil picaresca logrou forzas as táboas.

A partida saíu igualada, logo Boán tomou a iniciativa sen ser capaz de lograr froitos do ataque, e veu o contraataque de Tavares, quen incluso estivo a punto de gañar calidade. Boán logrou forzar unha serie de trocos chegando a unha posición que se se podería cualificar de equilibrada, peón illado de Boán polo centro compensado cunha mellor posición do seu rei cando o Ourensán ofreceu unhas táboas que foron aceptadas polo Chantadino, conscente da posición igualada e que non estaba nas mellores condicións para disputar o final de rei e pions que se aveciñaba.

No taboleiro numero dous Anxo Brea (blancas) 1 – M. Angel R. Ojea 0 Esta partida tivo dúas fases ben diferentes, unha primeira que despois da apertura ambos xogadores cegaron a unha posición rara, e na que Anxo Brea que contaba cunha moito mellor posición de ataque chegou a perder unha peza por peóns, pero seguiu a partida onde Brea, unido a un erro do rival conseguiu recuperar a peza e logo capturar unha torre nunha posición de ataque que obrigaba ao rival a renderse.

No taboleiro numero tres David Rodríguez (brancas) 0– Lionel Salgado (negras) 1 Partida na que o xovencísimo xadrecista Lionel Salgado (12 anos) tiña como rival ao inda máis xovencisimo xadrecista David Rodríguez. Lionel saíu mellor da apertura con bo desenrolo das pezas e unha posición sólida no centro do taboleiro. Pouco máis que comentar, Lionel foi impoñendo pouco a pouco e logo atacou directamente ao rei rival que rende ante un mate inevitable.

No taboleiro numero catro, Manuel García (brancas) 0 – Andrés Ibarra 1. Se de voltar favores se trata ninguén tan agradecido como Manuel García na partida que fixo con Andrés Ibarra. Tras unha apertura equilibrada Andrés Ibarra fixo a Manuel un inexplicable regalo de peza menor que permitiu a Manuel chegar a unha posición cuio mate para Ibarra parecía inevitable, pero como de favores iba a partida, en lugar de preparar un mate que ía a chegar dun momento a outro, Manuel regálalle inexplicablemente a dama ao rival voltandolle así o favor do Alfil con intereses. A partir de ahí a situación cambiou radicalmente e Ibarra liberando as suas pezas lanza o contraataque contra o Rei de Manuel que tiña totalmente desprotexido e Ibarra non perdonou nin fixo máis favores.

Se a vitoria do Circulo b engadimos o punto que os do circulo c acadaron fronte a casa da xuventude foi suficiente para manter o liderado do grupo co ascenso a segunda división que xa estaba asegurado.

Circulo Xadrez Chantada C – 1 Casa da Xuventude A.- 3

Sorprendente vitoria de Antón Pardo fronte ao seu rival da casa da xuventude. Este cronista atopábase en Ourense con mor da visita ao Loureiro b e non dispón de datos obxectivos para enviar unha crónica de cada un dos taboleiros, agás unhas fotos adicadas aos protagonistas do encontro dun e doutro bando.- Felicidades a Antón Pardo pola súa vitoria inda que non se dispoñía de foto especifica para a lembranza da súa actuación.

Foto
Circulo Xadrez Chantada C vs Casa da Xuventude A

Foto
Miguel Puga (Casa da Xuventude A)

Foto
Alberto Pérez (Circulo Chantadino C)

Foto
Gabriel Pérez (Circulo Chantadino C)

Foto
Ángel Domínguez (Casa da xuventude A)

O Circulo Chantadino C  rematou en sexta posición a liga nuns rapaces que deron o que tiveron dentro e tras as dúas primeiras xornadas sen puntuar lograron facelo no resto da liga galega que auguran unhas boas expectativas para a vindeira tempada.

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes