Galicia/Galiza
Galicia

Crónicas da Liga Galega de Clubs
Circulo Chantadino - 1ª División Grupo C

Chantada - Lugo

12 marzo de 2011

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web

Crónica Rolda 9:
XADREZ OURENSE B - 1 CÍRCULO XADREZ CHANTADA A - 3

Foto
Circulo Xadrez Chantada A: Hoffman, Boado, Ramón Delgado e Fortes

O circulo Chantadino de Xadrez venceu a domicilio ao xadrez Ourense, e colócase  provisionalmente  en oitavo lugar,  e cos mesmos puntos que o Clube de Xadrez de Bueu que baixa provisionalmente a postos de promoción en noveno lugar. Seguen nos postos dez e once Lucena A e o Xadrez Ourense B a tan só un punto. Curiosa situación este grupo de primeira, no que ao longo da liga houbo  un equipo superior (CXF Porto de Vilagarcía) e todos os demais a falta de dúas xornadas para rematar a liga aínda están loitando para conquerir a permanencia no grupo. O Porto xa está matematicamente en segunda división mentres a falta de dúas xornadas todos os demais equipos do grupo aínda loitan por asegurar a permanencia que agora mesmo estaría matematicamente en 21 puntos.

A pesar do complicado dos resultados finais da liga e a pesar da igualdade existente , ao Circulo Chantadino  deberíanlle ser suficientes catro puntos nas dúas xornadas que quedan para eludir tanto o ascenso como a promoción. Unha vitoria fronte a Peña Recretativa na vindeira xornada do día 19  deixaría o obxectivo case cumprido tendo en conta  que o taboleiro numero un do Circulo Chantadino o leva o GM Alejandro Hoffman  fai apostar a que puntúe tamén na xornada do día 26 de Marzo fronte a Universidade de Vigo-Xadrez Galego.  Empero unha derrota fronte a Peña Recreativa na vindeira xornada complicaría moito as cousas no obxectivo de eludir os postos de promoción-descenso da primeira división. Un empate fronte a Peña Recretativa obrigaría a repetir un novo empate fronte a Universidade de Vigo-Xadrez Galego e as cousas poderían complicarse tamén,  aínda que en menor grado do que suporía unha derrota.

AS PARTIDAS UNHA A UNHA SEGUNDO GM ALEJANDRO HOFFMAN

Taboleiro 1. Juan Delfin Conde Carvajal 0- Hoffman 1

Foto
Conde Carvajal vs A. Hoffman

"Un peón dama tranquilo onde as negras saíron ben da apertura e tras unha imprecisión das brancas unha combinación nos deu a vitoria"

Taboleiro 2. Boado 1- Francisco Sotelo Feioo -0

Foto
Martín Boado vs Fco Sotelo

"Doada vitoria de Boado tras un gambito do centro e un ataque preciso"

Taboleiro 3. Alfonso Agra Torres 1- Ramón Delgado 0

Foto
Agra Torres vs Ramón Delgado

"O xogador Ourensán conduciu moi ben a partida contra o gambito letón formulado por Ramón e
foi adquirindo vantaxe posicional que se transformou nun peón de máis e logo en dous"

Taboleiro 4. Miguel Fortes (Gotera) 1 – Ruiz de Almirón Lomo-0

Foto
Miguel V Fortes vs Ruiz de Almirón Lomo

"Orixinal manobra de Goteira na escandinava que o levou a unha vantaxe material
tras uns complexos golpes tácticos que resolveu estupendamente. "

Rolda 9

XADREZ OURENSE B
Res.
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
JUAN DELFIN CONDE CARVAJAL 0 - 1 ALEJANDRO SERGIO HOFFMAN
FRANCISCO SOTELO LÓPEZ 0 - 1 MARTÍN BOADO RODRÍGUEZ
ALFONSO AGRA TORRES 1 - 0 RAMON DELGADO COMERMA
LUIS RUÍZ DE ALMIRON LOMO 0 - 1 JOSÉ MIGUEL VÁZQUEZ FORTES

Resultados 1ª C

Equipo local
Resultado
Equipo visitante
UNIVERSITARIO DE OURENSE "A"
3 - 1
ALEKHINE-CORREDURIA TEMPU
XADREZ OURENSE "B"
1 - 3
CÍRCULO XADREZ CHANTADA A
PEÑA RECREATIVA-PERA
3 - 1
EXP IVAN SALGADO LOPEZ
UNIVERSIDAD DE VIGO-XADREZ GALEGO
2 - 2
LUCENA "A"
FISCHER MOAÑA
2,5 - 1,5
CXF-PORTO DE VILAGARCIA
CLUB XADREZ BUEU "A"
2 - 2
LAROCA-NIGRAN "A"

Clasificación: http://www.gefe.net/

Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Sitios Relacionados:

Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org

Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net

 

TablaDeFlandes