Galicia
Crónica da Liga Galega de Clubs 2012 - Circulo Chantadino
26 marzo de 2011
Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino Web
Crónica Final:
O derradeiro sábado 21, en Primeira División o Circulo Chantadino de Xadrez – Cabezas Mobres dirixido por Alejandro Hoffman impuxose por 3-1 ao Laroca-Nigrán rematando a liga de lider destacado con máis de tres puntos e medio de ventaxe sobre o segundo clasificado, o Liceo Ouresán, co que conquire o acceso directo a división de honra.- Polo Circulo Chantadino xogaron Alejandro, Gotera, Alba e Villarino.-
Circulo Chantadino de Xadrez vs Laroca Nigrán
En segunda división o “Circulo Chantadino de Xadrez-Deportes Jamex” dirixido por Anxo Boán impuxose 4-0 ao equipo “Deportes Rodas” do Clube de Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa .- Na derradeira xornada polo Circulo Chantadino xogaron Xulio Alvarez, Pitelo, Diego do Carballino e Manolo García.-
O Circulo Chantadino chegou ao descanso de semán Santa en noveno posto da taboa peligrando a súa categoría, mais o resultados do día catorce de abril ganando en Ponteareas por 3,5 a 0,5 para logo rematar na casa imponiéndose por 4-0 que lle permitiu rematar a liga no cuarto posto da taboa clasificatoria.-
Circulo Chantadino Deportes Jamex
Ao remate do encontro celebración de todo o clube polos inéditos éxitos deportivos acadados na presente campaña. Tratabase de unir a presente celebración o ascenso a segunda divisióndo equipo Circulo Xadrez de Chantada-Carniceria Amarante dirixido por Enrique Rojo acadado o derradeiro 14 de abril, ademáis dos exitos a nivel individual acadados no campeonato galego onde se lembran os sorprendentes resultados dos chavales do Circulo Chantadino entre os que destaca o campiontato galego femenino da xogadora do Circulo Chantadino, Daría López.-
Celebración e ascenso a segunda
O Circulo Chantadino de Xadrez na vindeira xornada xogará con un equipo en division e honra, dous equipos en segunda, amén dos que se formen para a terceira e cuarta , algo nunca acadado na vila chantadesa nin en ningunha outra población galega de menos de 10.000 habitantes.-
Ahora mismo o Circulo Chantadino de Xadrez inicia a partir do martes 24 de abril un curso de nivel básico, para adultos a cargo dos monitores Enrique Rojo e Anxo Boán que ten como finalidade difundir a practica do xadrez a todos os habitantes de Chantada e a sua bisbarra sexan ou non sexan socios do clube de xadrez chantadino. As clases impartiránse martes e xoves a partir das oito e media da tarde no local das escolas do circulo.-
Ten previsto asimesmo celebrar no mes de xuño o Primeiro Open Internacional de Xadrez de Chantada donde concurrirán xogadores de élite mundial, e para a vindeira tempada Anxo Boán ten como ouxetivo levar a cabo a creación do Clube de Xadrez Ribeira Sacra a fin de unir aos esforzos dos chantadinos os da vila veciña de Monforte e dese xeito unidos afrontar novos retos que se plantexen , inda que a inmediato plazo o ouxetivo sexa manter o clube entre os grandes de Galicia e manter o primeiro equipo na división de honra do xadrez.-
Para a vindeira tempada o Circulo Chantadino seguirá contando nas suas filas co Gran Mestre Internacional Alejandro Hoffman e non descarta reforzarse para afrontar a División de honra de Xadrez tan soio ao alcance duns poucos clubes galegos.-
E de ter en conta que dende a liga 2008/2009 que se chegou por primeira vez a segunda división, o Circulo Chantadino sempre ascendeu a algun dos seus equipos a categoría superior.-
Anxo Boán
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es
Sitios Relacionados:
Circulo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es
Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org
Programa GEFE. Resultados da Liga Galega de Clubs
http://www.gefe.net