Nota EXP - U Vigo. Xadrez na Rúa e PonteXadrez 2018

25 - 26 maio 2018

Final

Un ano máis, e xa son 11, o Xadrez toma o centro da cidade de Pontevedra. Unha vila que zumega cultura e deporte polos seus catro costados e que ten na súa escola de xadrez un exemplo de educación en valores e solidariedade.

A Escola Xadrez Pontevedra foi merecedora do galardón Cidade de Pontevedra 2017 en recoñecemento á promoción que fan do deporte do xadrez na cidade, e a súa labor social e solidaria.


XI Xadrez na Rúa

Xadrez na RúaXadrez na Rúa

venres 25 de maio a Escola Xadrez Pontevedra organizou un dos maiores festivais de xadrez ao aire libre en España, o Xadrez na Rúa. Preto de 400 rapaces e rapazas dos centros educativos de Pontevedra encheron de xadrez a Praza de España en Pontevedra. Unha cita que se repite por décimo primeiro ano consecutivo, cada mañá do último venres de maio, nunha das céntricas prazas da cidade do Lérez.

Saludo inicialSaludo Inicial

Os escolares pontevedreses inauguraron a Exposición "Xadrez: Estratexia pola Paz". Un resumo en 16 paneis da experiencia da escola pontevedresa no campo de refuxiados sirios de Azraq (Xordania) que foi visitado por milleiros de persoas ao longo da fin de semana.

Exposición. Xadrez: Estratexia pola PazExposición. Xadrez: Estratexia pola Paz

ACNUR e UNICEF acompañaron á Escola Xadrez Pontevedra nesta xornada de marcado compromiso social.


IX PonteXadrez

Plano General

O sábado 26 chegou a quenda da competición oficial, o IX PonteXadrez. Un torneo pertencente ao XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción. 281 deportistas de toda Galicia, Castela León e norte de Portugal acudiron á cita pontevedresa co xadrez.

Pontexadrez 2018


Clasificacións Finais

Categoría Sub 08

Categoría Sub 08

Sofía ValenteXadrez PortoPortugal
Emma CernadasXadrez BrétemaNoia
Javier del ValleXadrez MosMos

Categoría Sub 10

Categoría Sub 10

Iago FernándezXadrez BrétemaNoia
Jose SilvaXadrez VerínVerín
Eduardo CabanasUSCSantiago de Compostela

Categoría Sub 12

Categoría Sub 12

Sara SoaresXadrez PortoPortugal
Carmen PortelaEXP-UVigoPontevedra
Xabier PérezCírculo ChantadinoChantada

Categoría Sub 14

Categoría Sub 14

Marta QuintásEX LuguesaLugo
Gabriel GonzálezXadrez MosMos
César PérezUniversitario OurenseOurense

Categoría Sub 16

Categoría Sub 16

Categoría Absoluta

Categoría Absoluta

Rubén FernándezEXP-UVigoPontevedra
Artai BringasXadrez LarocaNigrán
Mireya RepresaXadrez LarocaNigrán


Éxito sen precedentes do xadrez feminino con vitorias en tres das cinco categorías.

Mireya RepresaMireya Represa

Carmen PortelaCarmen Portela

Rubén Fernández, a promesa do Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, obtén o triunfo na categoría absoluta. Rubén, vixente Campión Galego Sub14 e SubCampión de España Sub12, tan so cedeu dous empates, un ante o subcampión, Artai Bringas, e outro ante a varias veces campioa de España, Mireya Represa.

Rubén FernándezRubén Fernández

O remate da proba organizouse o tradicional sorteo de agasallos aportados polos comercios locais, un valor engadido que fai desta, unha experiencia inesquecible para moitos dos cativos.

Miguel Senlle CaridePablo García

Toda la información de ambos eventos en la web oficial de la Escola Xadrez Pontevedra: www.xadrezpontevedra.com

Pablo García Castro

Resultados:

PonteXadrez 2018