Ourense. I Xornadas Internacionais con Iván Salgado. 2018

15 ao 17 de xuño de 2018

Final

I Xornadas Internacionais co GM Ourensán Iván Salgado

O campión de España desenvolveu na súa cidade un intenso ciclo de actividades os días 15, 16 e 17 de xuño

Conferencias, exhibición de xadrez simultáneo, encontro entre as seleccións de Galicia e Portugal e Torneo Internacional de Xadrez Lóstrego


2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

As primeiras xornadas internacionais de Xadrez con Iván Salgado, Grande Mestre Ourensán (1991), e vixente campión de España de xadrez absoluto, resultaron un éxito participativo ademais de incluir no seu programa varias actividades exclusivas e novidosas, como a exhibición de xadrez simultáneo dos 4 medallistas nacionais do Club organizador ante máis de 50 adversarios, ou como o match oficial da Selección Galega, ante a selección de Portugal.


Presentación e conferencia

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

O venres 15 tiña lugar a presentación destas xornadas coa presenza de Marisol Díaz, (Delegada Provincial), Marta Míguez (Secretaría Xeral para o Deporte), Jesús Vázquez (Alcalde de Ourense), Mario Guede (Concelleiro de Deportes), Gaspar Pérez (Presidente da Federación Galega) e Elías González (Presidente do Club Xadrez Ourense).

Estas xornadas realizaronse baixo a organización do Club Deportivo Xadrez Ourense, coa colaboración da Federación Galega e co apoio do Consello Municipal de Deportes e da Secretaría Xeral para o Deporte.

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

O Venres ás 17.00 horas tivo lugar a charla conferencia de Iván Salgado "Progresión dun campión de España desde Alevín a Senior", celebrada no edificio de La Molinera, e cun auditorio repleto, nun acto que se prolongou ata as 19.00 horas, e rematado cunha espectacular partida de exhibición do campeón de España ante un espectador do público.


Simultáneas, presentación equipo Club Xadrez Ourense e Match Galicia vs. Portugal

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

Na Matinal do sábado chegaba un dos pratos fortes destas xornadas, Os 4 medallistas Nacionais de Ourense, Iván Salgado (Campeón de España), Yudania Hernández, (Bronce nacional feminino), Martín Gómez (Bronce nacional Infantil) e Xacobe Conde (Prata nacional Alevín), enfrentábanse nos salóns de la Molinera a cerca de 60 xadrecistas simultáneamente nunha actividade realmente chamativa e expectacular, onde se viviron escenas realmente fermosas, ao ver a campións de España correndo literamente entre as mesas para poder evitar que o tempo de cada un dos seus 15 cronómetros se esgotase.

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

Finalmente Iván Salgado venceu en todas as súas partidas excepto en tres delas que remataron en táboas, o mesmo que Yudania Hernández que contou todas as súas partidas por victorias agás dúas que remataron en táboas, e hai que facer gran mención ao esforzo dos máis xóvenes Martín Gómez e Xacobe Conde que conseguiron vencer en todas as súas partidas, soberbios.

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

Previamente ás simultáneas tivo lugar a presentación oficial da equipación deportiva que o Club Xadrez Ourense lucirá no vindeiro Campionato de España de Clubs, en Linares o próximo Agosto, con Iván Salgado como primeiro taboleiro.

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

O Match internacional entre a selección galega e a selección portuguesa tivo lugar na tarde do sábado, desde as 17.00 horas no salón de actos do edificio da Xunta de Galicia, (Casa do Chocolate), unha proba moi intensa dividida en tres partes, no primeiro dos matches Galicia e Portugal empataron 3-3, caendo do lado Luso a segunda proba por un apretado 3.5 a 2.5, e volvendo a resultar empatada a terceira proba, por 3-3, o que rematou coa victoria final dos visitantes por 8.5 a 9.5, proclamándose vencedores deste primeiro internacional encontro da Selección Galega.


Torneo Internacional de Partidas Lóstrego

2018. Xornadas con Iván Salgado. Ourense

Na Matinal do Domingo tivo lugar unha das máis vistosas actividades do programa, coa celebración na sala de competicións de Barrocás, do torneo de xadrez relámpago , no que participaron grandes xadrecistas, entre eles o anfitrión e campeón de España, Iván Salgado.

O triunfo final foi para o gran Favorito, Iván Salgado, seguido do Mestre Internacional Portugués, David Pires, e o bronce foi para o Mestre Internacional Vigués, Manuel Pena, (recén chegado de Hong-kong).

Iván Salgado recibiu o premio de vencedor da Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e do Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Elias Gónzalez
Presidente do Club Xadrez Ourense