Conferencia de Leontxo García. Lugo

16 setembro 2016

"Bobby Fischer un xenio en xaque perpetuo"

A Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o diario El Progreso levarán a cabo a conferencia Bobby Fischer un xenio en xaque perpetuo, por Leontxo García.
Esta conferencia levarase a cabo o venres 16 de setembro ás decenove horas, no Centro Xuvenil Lug2.

Esta conferencia lévase a cabo dentro do programa Mozos xadrecistas é unha iniciativa xuvenil, a cal, é apoiada pola Dirección Xeral de Xuventude. E o seu principal obxectivo é o fomento do xadrez entre a xuventude.

Conferencia de Leontxo García. Lugo 2016

“Bobby Fischer un xenio en xaque perpetuo”

Unha viaxe pola vida deste campión do mundo, que para moitos foi o mellor xogador de todos os tempos. Ademais de ver algunhas das súas partidas máis coñecidas o afeccionado poderá coñecer anécdotas vividas por Leontxo nalgún dos seus múltiples encontros con Bobby fischer.

Leontxo García Olasagasti é un conferenciante, presentador, comentarista e xornalista español especializado en xadrez. Actualmente, é xornalista no diario El País e na cadea Ser. Ademais, impartiu numerosos cursos e é un conferenciante habitual sobre temas Pedagoxía e Aplicacións Sociais do Xadrez.

Iniciativa Xoven:

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), pretende acadar unha participación social activa e dinámica da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida.

Beneficios do xadrez:

Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.
Tamén tense a satisfacción de axudar a alumnos con problemas tantos físicos como psíquicos a integrarse a través deste deporte e que lle vai facer sentirse cómodo nun ámbito xadrecístico e social. Tamén é de resaltar que encaixa perfectamente na educación para a igualdade, xa que está dirixido aos dous sexos por igual.
É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.

O xadrez desenvolve a agilidad mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.
Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicoloxía o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte – ciencia – xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.
Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como asignatura nos plans de estudos dá Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO e polo Parlamento Europeo.

 

Asociación Cultural Xaquedrum