Galicia - Galiza
Galicia

Mireya Represa Pérez Subcampioa de España Sub 12

Nigrán- Pontevedra

Xullo de 2012

Informa: Club Xadrez Laroca Nigrán. Pontevedra | Web

Nota de Prensa do Club Xadrez Laroca

Mireya Represa Pérez de novo podium no campionato de España
de Xadrez por tercer ano consecutivo

Mireya Represa Pérez
Mireya Represa Pérez

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de subcampioa de España de Xadrez na categoria alevin no campionato de España que desenvolveuse no hotel Best Western en Salobreña (Granada) do 2 o 7 de Xullo do 2012.

Mireya ven de acadar o seu tercer podium consecutivo tralos títulos de campioa de España benxamin nos anos 2010 e 2011. Ase mesmo, conquistou o 9ª posto na clasificación xeral mixta.

Podium femenino Sub 12
Podium femenino Sub 12

O campionato decidiuse na 9ª e derradeira rolda na que 2 xogadoras (Cristina Cabrera e Mireya Represa), separadas por medio punto, disputáronse o campionato. Mireya, loitando con pezas brancas contra o numero 1 de Galicia dende a 7ª mesa foi quen de vencer. Sen embargo, Cristina tambén vencia cunha fermosa combinación e acadaba o campionato e o 7º lugar na xeral mixta.

Mireya Represa Pérez (historial deportivo)

Mireya vive coa súa familia en Sabaris (Baiona). Empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor).

Mireya Represa Pérez
Mireya Represa Pérez

2009: proclamase Campioa Galega en categoría pre-benxamín e 2ª na xeral.

2010: acada o título de Campioa Galega benxamín, 3ª na xeral e o título de Campioa de España Benxamín.

2011: vence no Campionato Galego Benxamín (1ª xeral e 1ª feminina) e o título de Campioa de España Benxamín. Acada o 7º posto no campionato da Union Europea.

2012: acada o título de Campio Galega infantil (sub14) e o título de SubCampioa de España

Forma parte dos grupos de tecnificación das Federaciones Galega e Española de Xadrez. Parabéns.

Club de Xadrez Laroca - 7 de Xullo do 2012

Club Xadrez Laroca
http://www.cxfontecarmoa.com/

Máis Información:

FEDA
FEDA
Campionato de España Puleva-Max Sub 12

Laroca
Club Xadrez Laroca

http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.es/

 

TablaDeFlandes