Galicia - Galiza
Galicia

XIX Torneo Virxe do Rosario

A Coruña

4 ao 6 outubro

Informa: Asociación Galega Axedrecístas | Web AGAX | Web Xadrecista

Final

Ibragim Khamrakulov gana XIX Torneo Rosario

O XIX Torneo Virxe do Rosario de Xadrez pechou onte a súa decimonovena edición, coincidindo cos trinta anos de xadrez do grupo que actualmente conforma a Asociación Galega de Axedrecistas.

Podio dos Torneos Virxe do Rosario 2013
Podio dos Torneos Virxe do Rosario 2013

Os favoritos para o título eran os dous Grandes Mestres inscritos; o serbio Strikovic e o uzbeco nacionalizado español Ibragim Khamrakulov, que en 1998 foi o campión do mundo sub16 e campión asiático xuvenil. Ambos empataron a puntos cedendo unicamente as táboas na partida que os enfrontou, pero o sistema de desempate favoreceu a Khamrakulov fronte a Strikovic que buscaba revalidar o título obtido o ano pasado. O mestre fide galego Marcial García-Carbo acabou en terceira posición

Ibragim Khamrakulov. Gañador do Torneo Virxe do Rosario 2013
Ibragim Khamrakulov. Gañador do Torneo Virxe do Rosario 2013

Este ano houbo dúas competicións complementarias; o torneo infantil sub12 na que a vencedora foi Sabela Igrexas, grazas ao desempate sobre os xogadores que quedaron a continuación cos mesmos puntos; Brais Hidalgo e Alba Souto.

Sabela Iglesias. Gañadora do Torneo Infantil
Sabela Iglesias. Gañadora do Torneo Infantil

Tamén se realizou un Torneo de Rápidas no que o vencedor foi Angel de Blas.

Ángel de Blas. Gañador Torneo de rápidas
Ángel de Blas. Gañador Torneo de rápidas

Na clausura desta proba a Asociación Galega de Axedrecistas aproveitou o acto para facer entrega dunha placa ao presidente do Sporting Club Casino, Juan José Medín Guyatt, como socio de honra da entidade pola súa decidida colaboración coas actividades de xadrez. É a cuarta distinción deste tipo que realiza a entidade na súa historia.

Entrega dunha placa ao presidente do Sporting Club Casino, Juan José Medín Guyatt. Virxe do Rosario. A Coruña 2013
Entrega dunha placa ao presidente do Sporting Club Casino, Juan José Medín Guyatt

Toda a información pode verse en www.agax.org ou directamente en www.xadrecista.eu

 

Clasificación Torneo Virxe do Rosario 2013

1. GM Ibragim Khamrakulov 5.5 puntos
2. GM Aleksa Strikovic 5.5 puntos
3. MF Marcial García Carbo 4.5 puntos
4. José Luis Fernández Saavedra 4.5 puntos
5. José Sande Edreira 4.5 puntos
6. MF Antonio Pazos Porta 4 puntos
7. Rafael Alonso 4 puntos
8. Walter López 4 puntos
9. José Sánchez 4 puntos
10. Francisco Pedreira Giralda 4 puntos
11. Carlos Pena 4 puntos
12. Santiago Dominguez 3.5 puntos
13. Fernando Sánchez 3 puntos
14. Marcos Laíño Ordóñez 3 puntos
15. Julián del Río Rey 3 puntos
16. José Carlos Eiriz 3 puntos
17. Gonzalo Saavedra Santiago 3 puntos
18. Javier Mazaira Alba 3 puntos
19. Carlos de Pablos Arribas 3 puntos
20. Adriano Todaro 3 puntos
21. Diego Bugliot 3 puntos
22. Miguel Tomé Vázquez 3 puntos
23. Rodrigo Julio López Roble 3 puntos
24. Angel de Blas 2 puntos
25. Luis Carlos Martínez 2 puntos
26. Manuel García 2 puntos
27. Daniel Pousada Estevez 2 puntos
28. Alberto Souto 2 puntos
29. Esteban Fidalgo 2 puntos
30. Antonio Hidalgo Romero 2 puntos
31. Roberto Blandón 1 puntos
32. Marco Melilli 1 puntos
33. Francisco Javier iglesias 1 puntos

Clasificación Torneo Infantil Virxe do Rosario

1.Sabela Iglesias González 5 puntos
2.Brais Hidalgo Mera 5 puntos
3.Alba Souto Parga 5 puntos
4.Andres Gento Blanco 4 puntos
5.Iago Hidalgo Mera 4 puntos
6.Hugo Souto Parga 3.5 puntos
7.Sergio Pousada García 3.5 puntos
8.Ana Varela Dios 3 puntos
9.Auria Chouciño 3 puntos
10.Julio Regueira Prats 3 puntos
11.Guillermo Regueira Prats 3 puntos
12.Carlos Azpiricueta 2.5 puntos
13.Roque Chouciño 2.5 puntos
14.Patricia Couceiro Naveira 2.5 puntos
15.Isabel Rial 2 puntos
16.Claudia González Redondo 1.5 puntos
17.Gabriela Azpiricueta 1 puntos

Clasificación Torneo de Rápidas Virxe do Rosario 2013

1. Angel de Blas 4 puntos
2. Ernesto Pérez 4 puntos
3. Dani Mayo 3 puntos
4. Esteban Fidalgo 3 puntos
5. Dani Codesido 3 puntos
6. Manuel Andión 2 puntos
7. Emilio Santos 1 puntos

BASES:

Torneo Previo de partidas a 5 minutos: 4 de outubro ás 20,00 en Sporting Club Casino (4ª planta).

Torneo de partidas a 15 minutos: 6 de outubro ás 17,00 en Sporting Club Casino (1ª planta).

As inscricións en ambos son gratuítas. O ano pasado as cinco roldas quedaron curtas polo que este ano xógase a 6. Inscripcións e dúbidas no correo electrónico correo@agax.org ou no teléfono 981 150 168

TORNEO DE PARTIDAS A 5 MINUTOS

6 Roldas: 20,00 20,15 20,30 20,45 21,00 21,15

Premio para o Primeiro clasificado: Trofeo (entregarase na clausura do torneo principal)

TORNEO DE PARTIDAS A 15 MINUTOS

6 Roldas: 17,00  17,30  18,00  18,30  19,00  19,30

Os xogadores serán distribuídos en dúas categorías: Infantil (sub12) e absoluta.

Premios:

Primeiro clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 70 euros
Segundo clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 60 euros
Terceiro clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 50 euros
Cuarto clasificado absoluto do Torneo: 40 euros
Quinto clasificado absoluto do Torneo: 30 euros

Primeiro clasificado do Torneo sub12: Trofeo
Segundo clasificado do Torneo sub12: Trofeo
Terceiro clasificado do Torneo sub12: Trofeo

Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo do seu paso polo Torneo.

ACTO DE CLAUSURA: 20,30 coa entrega de trofeos. Duración prevista 20 minutos.

Comentarios Pechados (0)

Organización :

Toda a información pode verse en www.agax.org ou directamente en www.xadrecista.eu

 

TablaDeFlandes