Galicia - Galiza
Galicia

Crónica Liga Galega Clubs 2013
Círculo Chantadino

Chantada - Lugo

Informa: Anxo Boán. Círculo Chantadino Xadrez | Web

Crónica Rolda 6
23 febreiro 2013

División de Honra

O Circulo Chantadino de Xadrez A  conqueriu dous dos seis puntos disputados o derradeiro sabado fronte en Santiago fronte ao Clube de Xadrez ALGALIA mercede a victoria de PAUNOVIC no primeiro tablero e tablas de Martín Boado no segundo Tablero asi como as tablas de Diego Alvarez no sexto tablero..-

A pesar da derrota o Circulo Chantadino de Xadrez sigue nas posicions estables da taboa clasificatoria dado que os seus inmediatos perseguidores, o kARPOV de Pontevedra e o Circulo de Xadrez de Narón soio acadaron un punto cada un destes clubes.-

O circulo Chantadino de Xadrez vive unha liga de circunstancias pola ausencia do Gran Mestre Internacional Luis Gallegos,  que xa non se incorporará ao clube, que  sendo que nas vindeiras xornadas  fará fronte a esta suplencia co retorno do Gran Mestre Argentino  Alejandro Hoffman, así como co-a incorporación a clube  de Ibragim Hamrankulov que a bon recaudo lle permitira sair  da zona medio-baixa da taboa e evitar deste xeito os riscos de descenso.-

Na vindeira xornada enfrentaranse ao segundo clasificado da Division de Honra, o Clube de Xadrez Ourense A, que reciben en Chantada.-

Circulo Chantadadino fronte a Algalia. (Paunovic, Boado, Gotera, Camilo, Xulio e Diego)
Circulo Chantadadino fronte a Algalia. (Paunovic, Boado, Gotera, Camilo, Xulio e Diego)

Segunda División

En segunda division o Circulo Chantadino B enfrentouse a Casa da Xuventude B de Ourense, acadando un empate de dous a dous puntos.- Victorias de Boán de Ricardo, sendo que Pedro Guitián e Juán Villarino non poideron acadar o punto do seu taboleiro. Este enfrontamento era importante para o Circulo Chantadino B, pois de gañar permitirialle aproximarse un pouco máis aos postos de promoción, ademáis de eliminar un rival directo do equipo C do Circulo Chantadino-

O Circulo Chantadino de Xadrez sigue cuarto clasificado na segunda division, agora a dous puntos e medio dos postos de promoción, que terán que remontar nas cinco xornadas de liga que quedan  e que pasa necesariamente por gañar os vindeiros dous e nove de marzal  se se queren manter  as aspiraions  para promocionar ao ascenso a primeira división- Na vindeira xornada recibe en Chantada ao Xadrez Ourense D.-

Círculo Chantadino B. Foto Arquivo 16/2/2013
Círculo Chantadino B. Foto Arquivo 16/2/2013

O CIRCULO CHANTADINO C.- Caeu derrotado ante o Xadrez Ourense D por 3-1, e baixan deica o noveno posto da taboa. Na vindeira xornada reciben en Chantada ao Casa da Xuventude A.-

Terceira División

Remata a liga Galega os nenos de terceira division con un empate a domicilio e unha boa actuación nunha categoria donde os membros do Circulo Chantadino eran nenos de menos de 11 anos e cuio unico ouxetivo e que tomaran contacto co-as competicions oficiais, co que se pode valuar positivamente esta experiencia.-

Texto e Fotos:

Anxo Boán (Representante do Circulo Chantadino de Xadrez)


Comentarios Pechados (0)

Organiza:

Federación Galega de Xadrez

Máis info

Círculo Chantadino Xadrez
Círculo Chantadino de Xadrez

 

TablaDeFlandes