Galicia - Galiza
Galicia

Actividades Xaquedrum

Lugo

2 outubro de 2015

Informa: Pablo Castro. Xaquedrum | Web

Presentación de Xogos Didácticos e Conferencia de Leontxo García

Conferencia de Leontxo García: "O xadrez ensínate a pensar e é moi divertido"

 

Xaque Mate. Presentación de Xogos Didácticos

Ás 17:30 horas no Centro Xuvenil Lug 2 presentarase uns xogos didácticos de pre-xadrez dirixido para os nenos de infantil, esta é unha das iniciativas do programa Xaque Mate.

Á presentación asistirán Cecilia Vázquez Directora Xeral de Xuventude, Pablo Castro presidente de Xaquedrum, Carlos Fernández responsable do grupo de traballo, Leontxo García xornalista da cadea Ser e O País e nenos e mozos da entidade.

Presentaranse catro xogos domidrez, parellas de xadrez, baralla xadrecística, unidades didácticas de prexadrez e quebracabezas xadrecísticos.

Con estes xogos preténdese achegar o xadrez dunha forma dinámica e divertida, e ao mesmo tempo, coñecer e diferenciar os tamaños, as cores, as estacións.

Xaque mate é unha iniciativa realizada polos mozos de Xaquedrum, grazas á colaboración do programa Iniciativa Xoven da Dirección Xeral de Xuventude coa que se prentede fomentar o xadrez entre os mozos da cidade.

 

Conferencia de Leontxo García: "O xadrez ensínate a pensar e é moi divertido"

A Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Sogama e o diario El Progreso levarán a cabo a conferencia O xadrez ensínate a pensar e é moi divertido, por Leontxo García.

Esta conferencia levarase a cabo o venres 2 de outubro ás  dezanove trinta horas, no Centro Xuvenil Lug 2 que se encontra na rúa Pintor Corredoira. Esta conferencia lévase a cabo dentro do programa  Xaque mate. Xaque mate é unha iniciativa xuvenil, a cal, é apoiada pola Dirección Xeral de Xuventude. E o seu principal obxectivo é o fomento do xadrez entre a xuventude.

 

Xaquedrum
http://xaquedrum.es/

 

Organización :

Escola Luguesa de Xadrez
http://escolaluguesadexadrez.wordpress.com/

 

TablaDeFlandes