Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventude

30 de outubro de 2016

Máis de 230 xóvenes xadrecistas abarrotaron Expourense

O Domingo 30 de Outubro tivo lugar a IX edición deste clásico aberto para xóvenes, que congregou a centos de participantes de toda Galicia, Castela León e norte de Portugal nunha fermosa xornada de deporte, convivencia e xuventude. Máis de 70 dos participantes contaban con ránking internacional o que ratifica a alto nivel acadado nesta edición 2016.

Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventude

Alejandro Fernández (Círculo Chantadino) en sub18, Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense) en sub-14, César Pérez (Casa da Xuventude) en sub12, Benjamín Diéguez (Benchoshey) en sub10 e Alejandro Cereijo (Peleteiro) en sub8, foron os vencedores de cada unha das cinco categorías en liza.

Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventudeSub18

Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventudeSub 14

Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventudeSub12

Ribadavia Torneo de xadrez Festa da Istoria 2016Sub 10

Ourense X Festival Internacional Expourense 2016 – Deporte e ciencia para a xuventudeSub 8

Os Clubes máis galardonados foron Círculo Chantadino, Xadrez Ourense e Casa da Xuventude con 3 pódios cada un deles, mentres que Escola Xadrez Porto, Benchoshey e Fontecarmoa acadaron 2 medallistas por club.

Para o xadrez ourensán foi unha excelente xornada con 3 ouros conseguidos e con ata 8 xóvenes premiados da nosa provincia, pese a algunhas ausencias reseñables.

O evento estivo organizado por Expourense, baixo a dirección técnica do Club Deportivo Xadrez Ourense e coa colaboración do Concello de Ourense, representado polo seu Concelleiro de deportes, Mario Guede, quen realizou o saque de honra inaugural.

Texto e Fotos: Elías

PDFs. Clasificacións Finais

Sub 18 | Sub 14 | Sub 12 | Sub 10 | Sub 8

Ecos Prensa

La Región | La Voz de Galicia | Faro de Vigo