Galicia - Galiza
Galicia

III Internacional de Xadrez
Memorial Ramón Escudeiro

Pontevedra

26 ao 30 de decembro de 2014

Informa: Escola Xadrez Pontevedra | Web | ChessResults | Fotos

Ver Partidas: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7

Notas de Prensa

Rafael Rodríguez da Universidade de Vigo Campión do III Memorial Ramón Escudeiro

Campión do III Memorial Ramón Escudeiro Tilve o Mestre Internacional Rafael Rodríguez
Campión do III Memorial Ramón Escudeiro Tilve o Mestre Internacional Rafael Rodríguez

Punto e final para o Torneo Internacional de Xadrez no que a cidade de Pontevedra fai lembranza dun dos seus célebres deportistas, Ramón Escudeiro. Unha edición na que 80 inscritos completaron o aforo máximo do Salón de Actos do Casino Mercantil de Pontevedra. Con 7 Mestres do xadrez e 60 xogadores con ránking internacional, a proba consolídase coma a de maior nivel das que se disputan en Galicia nestas datas.

O Mestre Internacional da Universidade de Vigo, Rafael Rodríguez foi o Campión da edición máis igualada das disputadas ata o de agora, ata 5 xogadores sumaron un total de 5.5 puntos, tendo Rafael o mellor coeficiente de desempate.

Campiona Veterana, Carmen Lago da ONCE de Vigo
Campiona Veterana, Carmen Lago da ONCE de Vigo

A última rolda prometía emocións fortes e non defraudou, un novo erro de Rafael Rodríguez cando dispuña dunha gran vantaxe fíxolle asinar táboas por xaque perpetuo, deixando así a sorte do torneo nas mans de Espiñeira e Guerra, aquel que acadase a vitoria sería o vencedor. Dende logo loitaron coma auténticos titáns, brindando un espectáculo de altísimo nivel que durou máis de catro horas. Para maior épica a partida foi a última de todas en rematar, amontoando a xogadores e espectadores que non querían perder detalle do que estaba a acontecer. Golpeaba Guerra e parecía inclinar a balanza, pero Espiñeira retorcíase e daba un derradeiro pulo os seus peóns que a piques estivo de reportarlle a gloria, nembargante, e como moitas veces acontece cando ambos contrincantes rozan a perfección, chegaba un inevitable empate co que ambos xogadores quedaban co mel nos beizos o verse superados no desempate polo Campión. Finalmente Guerra, tamén da Universidade de Vigo fíxose coa prata e Espiñeira, da Escola Padrón co bronce.

Podium Categoría Mestre Candidato
Podium Categoría Mestre Candidato

Podium Categoría Afeccionado
Podium Categoría Afeccionado

Outros premios por categorías foron repartidos, ata un total de 35 premios. O Campión da categoría "Mestre Candidato" foi o vilagarcián Xoán Carlos Gil. Miguel Rodríguez do equipo Ramón Escudeiro Subcampión de España, acadou o primeiro posto "Afeccionado". O trofeo "Veterano" e unha enorme ovación foi para a xogadora invidente Carmen Lago. E xa nas categorías de base os galardoados foron, David García en Sub16, Pablo Ferreiro en Sub14, Anxo Ferrero en Sub12, Juan Manuel Martínez en Sub10 e Xullo Del Prado en Sub8.

Podium Categoría Sub 16
Podium Categoría Sub 16

Podium Categoría Sub 14
Podium Categoría Sub 14

Podium Categoría Sub 12
Podium Categoría Sub 12

Podium Categoría Sub 10
Podium Categoría Sub 10

Podium Categoría Sub 8
Podium Categoría Sub 8

O acto foi pechado coa lembranza do alcalde pontevedrés a todos eses deportistas da cidade que o igual que Ramón son un exemplo e motivo de orgullo para os pontevedreses. A Escola Xadrez de Pontevedra puido anunciar que grazas o apoio de Diputación, Concello e as empresas colaboradoras, haberá unha cuarta edición nas mesmas datas do ano 2015.

Os enfrontamentos puidéronse seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, e tamén a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com

Todas as fotos do Torneo PINCHANDO AQUÍ

Gabinete de prensa da Escola Xadrez de Pontevedra

 

Catro xogadores loitarán polo título nunha última rolda non apta para doentes cardíacos

En a penas cinco horas máis de xadrez rematará esta terceira edición do Memorial Ramón Escudeiro, pero, ¡vaia cinco horas nos agardan!; 4 xogadores comparten o primeiro posto, os catro Mestres do xadrez que mañá se enfrontarán nunha batalla que se presenta apaixonante.

Das mesas un e dous sairá o Campión que suceda o Mestre Internacional pontevedrés, Pablo García, vencedor das dúas primeiras edicións.

A retransmisión en liña permitiralle a todos aqueles afeccionados que non se poidan achegar as instalacións do Casino Mercantil, seguir unha a unha, e en rigoroso directo, as xogadas que lle darán o título a un dos catro Mestres Internacionais. As partidas darán comezo ás 16:00 horas.

 

Roldas 6: Rafael Rodríguez, da Universidade de Vigo, cede un novo empate e propicia un cuádruplo empate na cabeza da clasificación provisional

Mestre Internacional Rafael Rodríguez
Mestre Internacional Rafael Rodríguez

O Mestre Internacional da Universidade de Vigo, Rafael Rodríguez, deixou fuxir unha moi boa ocasión de sentenciar o campionato. Tras desmontar a Defensa Philidor desenvolvida polo Mestre Pablo Martínez, tivo varias ocasións para rematar coa resistencia inimiga, pero non foi o preciso que debía e rematou por ceder un empate que lle obriga a acadar unha nova vitoria na derradeira rolda para facerse co primeiro posto.

Mestre Internacional Gil Regueira
Mestre Internacional Gil Regueira

Os máis beneficiados polo empate da mesa un foron os Mestres Internacionais, Espiñeira, Guerra e Gil que tralas vitorias da sexta rolda, déronlle caza a Rodríguez e
loitarán polo campionato. No caso de Gil a sorte sorriulle por partida dobre, xa que na súa partida fronte o número un do torneo, o Mestre Páramos, cunha posición desesperada e material de menos, viu como chegaba un incrible erro do rival que mudaba por completo a valoración da posición, lembrando un dito moi popular no xadrez que fala de que a vitoria é para aquel que comete o penúltimo erro.

Mestre Internacional Diego Espiñeira
Mestre Internacional Diego Espiñeira

A xogadora invidente, Carmen Lago, acada unha nova vitoria que a mantén á fronte da clasificación dos veteranos e tamén como o mellor xogador da ONCE.

Nas categorías "candidato a mestre" e "afeccionado" mantense a incerteza, xa que ata 20 xogadores teñen opcións ós premios que se reparten.

Mestre Internacional Diego Guerra
Mestre Internacional Diego Guerra

Unha boa noticia para a Escola de Xadrez de Pontevedra, xunto cos resultados dos máis cativos que lideran as clasificacións sub 16, é a excelente actuación dos tres xogadores do equipo Ramón Escudeiro, vixente Subcampión de España Sub 16, que xogarán nas oito primeiras mesas con moi boas opcións de facerse con algún dos 10 primeiros postos da xeral.

A sétima e última rolda comezará ás 16:00 horas. O acto de pechamento terá lugar no Salón de Actos do propio Casino Mercantil ás 20:30 horas.

Os enfrontamentos pódense seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, ou ben a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com

 

Os Mestres Internacionais mandan no Memorial Ramón Escudeiro

Que a experiencia é un grao está a ser unha proba empírica neste Internacional de Xadrez, tras 5 roldas en tan só 3 días, só aqueles afeitos a tan alta esixencia manteñen o ritmo. As facianas dos xogadores reflicten o esgotamento producido por máis de 16 horas de xadrez de alto nivel en tan só 48 horas, dúas dobres roldas que veñen a ser coma saír airoso dun triplo salto mortal, para aquel que acada a totalidade dos puntos. E por iso polo que os Mestres Internacionais empezan a marcar as diferenzas e van quedando nun reducido pelotón de cabeza, dispostos xa para unha apaixonante loita final polo título de Campión.

 

Roldas 4 e 5: Rafael Rodríguez da Universidade de Vigo líder en solitario con 4.5 puntos

O Mestre Internacional da Universidade de Vigo, Rafael Rodríguez, tan só cedeu un empate, na quinta rolda fronte o tamén Mestre Espiñeira. Rafael lidera a clasificación xeral con 4.5 puntos, por diante dun pelotón de ata 7 xogadores no que atopamos ós demais xogadores titulados, ó compostelán Gregori Nedobora e ó vilagarcián Gonzalo Bouza.

En primeiro plano os Mestres Internacionais Espiñeira e Rodríguez
En primeiro plano os Mestres Internacionais Espiñeira e Rodríguez

Dos heroes das pasadas roldas, Ángel Domínguez e Pablo Vidal non puideron sorprender de novo ós Mestres e caeron derrotados na xornada do domingo, pola contra Miguel Rodríguez, da Escola Xadrez de Pontevedra, sumou dous novos empates fronte a fortes xogadores galegos con moita experiencia.

No grupo da ONCE seguen a liderar Carmen Lago e Carlos Martínez, no día de hoxe sumaron unha vitoria máis unha derrota e marchan pola metade da táboa clasificatoria, con 2.5 puntos dos 5 disputados.

Enfrontamento de Miguel Rodríguez na sexta partida
Enfrontamento de Miguel Rodríguez na sexta partida

Nas categorías "candidato a mestre" e "afeccionado" aínda segue moi aberta a loita e teremos que agardar polos resultados das dúas últimas roldas. Pola contra entre os "veteranos" vai tomando unha lixeira vantaxe a xogadora invidente Carmen Lago, con 2.5 puntos, polos 2 do pontevedrés Fernando Alonso.

A xogadora veterana Carmen Lago
A xogadora veterana Carmen Lago

Xa inmersos no treito final da competición, o luns ás 18:00 dispútase a penúltima rolda das 7 programadas.

Os enfrontamentos pódense seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, ou ben a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com.

 

Os Mestres Internacionais mandan no Memorial Ramón Escudeiro

Que a experiencia é un grao está a ser unha proba empírica neste Internacional de Xadrez, tras 5 roldas en tan só 3 días, só aqueles afeitos a tan alta esixencia manteñen o ritmo. As facianas dos xogadores reflicten o esgotamento producido por máis de 16 horas de xadrez de alto nivel en tan só 48 horas, dúas dobres roldas que veñen a ser coma saír airoso dun triplo salto mortal, para aquel que acada a totalidade dos puntos. E por iso polo que os Mestres Internacionais empezan a marcar as diferenzas e van quedando nun reducido pelotón de cabeza, dispostos xa para unha apaixonante loita final polo título de Campión.

 

Roldas 2 e 3: Rafael Rodríguez da Universidade de Vigo e Gregori Nedobora do Gallaecia, líderes en solitario

Tralas tres roldas disputadas, só dous xogadores suman o total dos puntos, o Mestre Internacional da Universidade de Vigo, Rafael Rodríguez, máis Gregori Nedobora do Gallaecia de Santiago de Compostela. Na cuarta rolda Rodríguez dirixirá o exército branco fronte o negro de Nedobora.

Mestre Internacional Rafael Rodríguez
Mestre Internacional Rafael Rodríguez

O resto de favoritos foron deixando puntos no camiño e parte da culpa lévana os xogadores máis novos, entre eles os da Escola Xadrez de Pontevedra, Miguel Rodríguez e Pablo Vidal. Miguel acadaba un valioso empate fronte o Mestre Internacional Guerra e Pablo facía o propio e incluso acariñou a vitoria fronte o Mestre Senlle. Sorpresa
tamén no empate de Ángel Domínguez da Casa da Xuventude ourensá fronte o Mestre Internacional Espiñeira.

Gregori Nedobora
Gregori Nedobora

No grupo da ONCE, os primeiros postos son para Carmen Lago e Carlos Martínez que marchan con 1.5 puntos, dos 3 disputados polo momento.

Xogadora ONCE Carmen Lago Carballo
Xogadora ONCE Carmen Lago Carballo

A xornada do domingo tráenos a segunda das roldas dobres programadas. Os reloxos poranse en marcha por primeira vez as 10:00, e nunha segunda quenda as 17:00.
Os enfrontamentos pódense seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, ou ben a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com

 

Unha dobre rolda pon a proba a resistencia dos xadrecistas do Memorial Ramón Escudeiro

A primeira das dobres roldas programadas deixounos case 10 horas de xadrez, sen dúbida un reto de alta esixencia física e mental que pasou factura a moitos xogadores.

Hoxe foi un día de moitas visitas, xogadores que non puideron participar nesta edición pero que si querían mostrar o seu cariño, amigos, compañeiros da facultade e incluso as cámaras da TVG que quixeron facer unha reportaxe do que Ramón Escudeiro é para a cidade de Pontevedra e en especial para a súa familia do xadrez.

Segundo avanza a competición vai aumentando a intensidade dos combates nas primeiras mesas e xa tralo domingo poderemos ver quen se postula como candidato o título final.

 

Rolda 1: Poucas sorpresas entre os principais favoritos

Os máis coñecedores xa saben que na primeira rolda non se dan moitas sorpresas, xa que os máis fortes teñen rivais a moita distancia nas listaxes internacionais. Pero sempre hai algún heroe que loita contra as probabilidades, e desta vez falamos de dous rapaces, Agustín Plaza e Anxo Ferreño que acadaron, aínda que non as vitorias, si dous extraordinarios empates fronte a xogadores de moita máis experiencia e con moita máis "ELO" internacional.

Maestro Internacional Roberto Paramos Domínguez
Maestro Internacional Roberto Páramos Domínguez

Pola súa banda, o equipo Ramón Escudeiro da EXP, os Subcampións de Espña Sub16, comezan con bo pé e suman un pleno de vitorias.

Na segunda rolda aínda teremos enfrontamentos con moita desigualdade entre os opoñentes, pero con rapaces moi novos e con moita enerxía que de seguro non llo porán nada doado os seus rivais.

Miguel Rodríguez Domínguez
Miguel Rodríguez Domínguez

A fin de semana tráenos dúas dobres roldas que porán a proba a resistencia dos xogadores. Os reloxos poranse en marcha por primeira vez as 10:00, e nunha segunda quenda as 17:00.

Os enfrontamentos pódense seguir en directo nas instalacións deportivas do Casino Mercantil, ou ben a través da páxina web oficial, www.xadrezpontevedra.com

Previa: Primeiros xaques no Memorial Ramón Escudeiro

Ás 18:00 horas deu comezo a terceira edición deste torneo internacional de xadrez, organizado pola Escola Xadrez de Pontevedra en homenaxe o seu ben querido Ramón Escudeiro.

Unha primeira ollada ó Salón de Actos do Casino Mercantil, cheo ata a bandeira, xa nos di moito de cómo era Ramón, e non pola colaxe que cubre as paredes da sala cos seus éxitos deportivos, senón pola cantidade de caras amigas que non quixeron faltar á cita. Todos os que tiveron a sorte de coñecelo na súa aventura xadrecista, compañeiros da escola, e por suposto o grupo da ONCE, para os que este torneo xa é un encontro de amigos marcado nos seus calendarios.

No eido deportivo falamos de preto de 80 participantes, cifra na que a organización se tivo que deter pola superación da capacidade máxima da sala. Non repite o Campión das dúas primeiras edicións, o Mestre Internacional Pablo García, que desta vez optou por sumar nas tarefas organizativas. Nembargante medra o nivel da competición, con sete Mestres e sesenta xogadores con ranking internacional, que fan do torneo un dos máis fortes de Galicia. O número un é o Mestre Internacional Roberto Páramos de Vigo.

Por clubs temos que destacar a Universidade de Vigo que enviou a case todas as súas primeiras espadas, catro deles, Mestres Internacionais que compiten na Primeira División Nacional. Favoritos ó título final pero con moitos rivais con ganas de facelo ben, coma os novos valores da Escola Xadrez de Pontevedra, entre eles os recentemente erixidos Subcampións de España Sub16.

A retransmisión en liña do evento volve colocar ao Xadrez de Pontevedra no candeeiro do xadrez nacional e internacional. Unha das grandes vantaxes deste deporte é a posibilidade de practicalo e de chegar a milleiros de espectadores a través da Rede, en rigoroso directo e a calquera punto do planeta.

Escola Xadrez Pontevedra

Web:

Escola Xadrez Pontevedra
http://escolaxadrezpontevedra.blogspot.com.es/

 

TablaDeFlandes