Galicia - Galiza
Galicia

Mireya Represa Pérez fai historia nos campionatos de España de Xadrez

Nigrán. Pontevedra

Informa: Club Xadrez Laroca | Web

Nota de Prensa do Club Xadrez Laroca:

Mireya Represa Pérez fai historia nos campionatos de España de Xadrez

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de campioa de España de Xadrez na categoría Infantil (menores de 14 anos) no campionato de España que desenvolveuse no hotel Best Western en Salobreña (Granada) do 15 o 21 de Xullo do 2013. Este triunfo é especialmente notorio dado que a baionesa Mireya, os seus 12 anos, pertence a categoría inferior (Alevín). Ase mesmo obtivo o 10º posto na categoría mixta.

Podium Sub 14 rápidas
Podium Sub 14 rápidas

Podium Sub 14 rápidas
Podium Sub 14 rápidas

No trascurso do campionato foi quen de vencer a varios campions nacionais e europeos, e únicamente cedeu na 8ª rolda ante Iñigo López Mulet que acabou por converterse no campión do torneo. Na derradeira rolda enfrontábase o campión catalán Alexander Ventura. Tras máis de 3 horas de partida, Mireya lanzo un forte ataque contra o catalán que acabou vencido pola xogadora do Val Miñor. Desta maneira acada brillantemente o seu tercer campionato de España a titulo individual.

Campións Sub 14
Campións Sub 14

A súa fazaña, continuo co subcampionato na categoría infantil na modalidade de rápidas, tras vencer na derradeira rolda o anterior campión de España Infantil: Moises Ucles.

Ademais Mireya conquistou o seu 2º subcampionato de España na categoría Alevín (menores de 12 anos) tanto na modalidade clásica de lentas como na nova modalidade de Xadrez Rápido que acaba de comezala súa andadura nos campionatos nacionais.

Podium Sub 12 rápidas
Podium Sub 12 rápidas

Podium Sub 12
Podium Sub 12

Deste xeito, Mireya volta do campionato de España con 3 subcampionatos (Alevín Modalidade Clásica/Lentas e Modalidade Rápidas  e Infantil Modalidade Rápidas) e o campionato na categoría Infantil.

Estos 4 campionatos individuais únense o recentemente campionato de España de seleccións autonómicas infantil que acadou con Galicia, por primeira vez na historia, no torneo que desenvolveuse en Padrón do 26 o 29 de Xuño do 2013.

O seu próximo reto será representar a España nos próximos campionatos de Europa que disputaranse en Budva (Montenegro) do 28 de Septembro o 8 de Octubro do 2013. 

 

Mireya Represa Pérez (historial deportivo)

Mireya Represa Pérez

Mireya vive coa súa familia en Sabaris (Baiona). Empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor).

Mireya, forma parte dos grupos de tecnificación das Federaciones Galega e Española de Xadrez.

Parabéns.

Club de Xadrez Laroca - 22 de Xullo do 2012

Para mas contactos dirixirse a Juan Represa, telefono 637982524 / 659600908 ou email: jmrepre1@yahoo.es

Ou na web: 

Comentarios Pechados (0)

Máis información

Club Xadrez Laroca
http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.es/

 

TablaDeFlandes