Galicia - Galiza
Galicia

Asociación Galega de Axedrecistas

A Coruña

16 de xuño de 2013

Informa: Asociación Galega Axedrecistas | Web

Comunicado Actividades

AGAX CUMPRE 24 ANOS O VINDEIRO DOMINGO

O vindeiro día 16 a Asociación Galega de Axedrecistas cumpre vinte e catro anos dende a súa fundación en 1989.

Ese día na Coruña celébrase o Día do Deporte na Rúa, no que AGAX colabora cunha zona para xogar ao xadrez nos Xardíns de Méndez Núñez.

Xa pola tarde celebrará o TORNEO ANIVERSARIO DE AGAX aberto a tódolos interesados e que se desenvolverá dende as 17,00 no Sporting Club Casino.

Serán 5 roldas cada media hora, xa que as partidas serán a 15 minutos a finish. A entrega de premios, que serán trofeos para os tres primeiros e outros para os mellores sub18, sub14 e sub10, se desenvolverá a partires das 19,30, para pechar o acto co sorteo de diferentes premios entre os rapaces que participaron nos Xogos Escolares da Coruña, destacando como premio principal unha Play Station 3.

Organización:

Asociación Galega de Axedrecistas

http://www.agax.org/

Xogando co xadrez

 

TablaDeFlandes