Galicia - Galiza
Galicia

Torneo de Xadrez Pazo Mariñán

Bergondo - A Coruña

Pazo Mariñán

Domingo 30 decembro de 2012

Informa: Asociación Palaestra | Web | Web Torneo

Final

O xogador do Círculo Ferrolano, Walter López, foi o gañador do Torneo de Xadrez de Mariñán, celebrado o día 30 de nadal. A segunda posición foi para Oscar de Prado, do Arteixo, e a terceira para Emilio Sánchez, do Recatelo de Lugo.

Clasificación final.

1 Walter López,
2 Oscar de Prado,
3 Emilio Sánchez,
4 Gregorio Saavedra,
5 José María Dorado,
   Angel de Blas,
7 Luis Patiño,
8 Pablo Sánchez Quinteiro,
9 Julián del Río,
10 Angelo Cassar,  
11 Carlos Castedo,  
12 Jaime del Río,  
13 Angel Otero Ramírez,
14 Fernando Recamán,  
15 Carlos de Pablos,
16 Daniel González,
17 Manuel García,  
18 Mario Cassar,  

Máis Información: http://www.pazodemarinan.blogspot.com.es/

Nota Previa

Neste ano que estamos a piques de rematar cumpríronse coarenta anos da declaración do Pazo de Mariñán como Monumento Histórico.

O vindeiro domingo día 30 finaliza o actual periodo de visitas que permitiu exhibir o interior do Pazo nos últimos dous anos e medio.

Coa idea de facer algo distinto, os promotes da iniciativa Amigos de Mariñán, encabezados pola nosa Sociedade decidimos facer un Torneo de Xadrez, que se celebrará o domingo 30 a partir das 17,00 (ou das 16,00 se aproveitando a ocasión os xogadores queren ver o interior do Pazo).

Datos do Torneo:

Cartel Torneo Pazo MariñánData de celebración: 30 de nadal de 2012.

Tipo de Torneo: Sistema Suizo a 5 roldas.

Tempo de Xogo: 10 minutos a finish.

Horario do Torneo:

16,00: Para os interesados que descoñezan o Pazo, damos a opción de facer unha visita guiada ao interior. Duración aproximada de 45 minutos.

16,45: Apertura da Sala de Xogo. Previsiblemente no Salón Láncara, na Residencia do Pazo.
17,00: Inicio do Torneo.
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,25
3ª Rolda: 17,50
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30

Entrega de premios: 18,50

Cota de participación: 3 euros.
Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo.
Inscripcións: correo@agax.org ou teléfono 981 150 168
Por organización e seguridade no Pazo, solicitamos que se fagan canto antes.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 40 euros
2º Clasificado: Trofeo + 30 euros
3º Clasificado: Trofeo + 20 euros
4º Clasificado: 10 euros


Os acompañantes dos xogadores poderán visitar o Pazo e os seus xardíns que foron declarados Monumento Histórico hai 40 anos, en outubro de 1972. As visitas ao xardín son libres e ao interior son guiadas, iniciándose ás catro, cinco e seis da tarde.

Organización e colaboradores:

Colaboran con Palaestra nesta actividade:

Excma. Deputación da Coruña
Club Ludo - Sociedade Deportiva
Actividades Terme, S. L.

Máis Información:

Amigos de Mariñán
www.pazodemarinan.blogspot.com

 

TablaDeFlandes