Galicia - Galiza
Galicia

Xadrez ao Aire Libre

A Coruña

13 e 14 de xuño de 2015

Informa: Asociación Galega Axedrecístas - CIDU | Web AGAX | Web Xadrecista | Web Xadrez Universitario

Información de Actividades



Este fin de semana a Asociación Galega de Xadrecistas e a Asociación Xadrez Coruñés seguen a tomar as rúas da Coruña.

O sábado continua o circuito de xadrez Comercio do teu barrio, iniciado a pasada semana na Praza de Vigo. Nesta ocasión o día de xadrez será na Praza de Abastos de Monte Alto onde as mesas quedarán instaladas a partir das 11,00. Teremos dúas probas distintas.

Por un lado ás 12,00 celebraremos o Torneo Coruñés de Pasapezas, aberto a todas as categorías de idade. O pasapezas é unha variante lúdica de xadrez que se disputa por parellas, pasando as pezas que un xogador come ao seu compañeiro que pode colocalas na súa partida. Este torneo ocupará a mañá, estando prevista a entrega de trofeos para as 13,30 aproximadamente.

Pola tarde, dende as 16,30 haberá un torneo para rapaces en categorías sub8, sub10, sub12 e sub14.

Os tres primeiros de cada categoría levarán un trofeo e ademais os dez mellores do día terán un premio extra nun vale de compra para o comercio coruñés.

En caso de que teñamos mal tempo a proba non se disputará ao aire libre e será nas propias instalacións do mercado.

DOMINGO

O domingo celébrase do Día do Deporte na Rúa. Tamén o xadrez estará presente de 11,00 a 14,00. Igoal que o sábado haberá mesas para disputar libremente partidas e un xadrez xigante. Realizaremos un pequeno torneo de partidas rápidas de 12,00 a 13,00. A organización este ano volve a colaborar con Bancos de Alimentos así que se pide aos asistentes que colaboren aportando algún producto para esta entidade, se ben non é obrigatorio.

Como para este fin de semana non está nada claro que teñamos unha climatoloxía favorable, en caso de non poder facerse ao aire libre trasladaríase a actividade a algún lugar cercano.


Organización :

AGAX

http://www.agax.org

 

TablaDeFlandes