Galicia - Galiza
Galicia

I Torneo de Xadrez Día dos Museos

Castro-Sada - A Coruña

18 de maio de 2015

Informa: Asociación Galega Axedrecístas - CIDU | Web AGAX | Web Xadrecista | Web Xadrez Universitario | Web Museo Carlos Maside

Información de Actividades



O vindeiro día 18 é o DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.

Ese día o Museo Galego de Arte Contemporánea, situado no Castro, Sada cumprirá 45 anos. Na mesma data a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra celebrará o seu viséximo sexto aniversario.

O Museo leva tamén como nome o do artista Carlos Maside, un dos mais importantes da Galicia do século XX e afeizoado ao xadrez, polo que se considerou convinte celebrar estes aniversarios coa organización do I TORNEO DE XADREZ DIA DOS MUSEOS.

A proba terá lugar o vindeiro sábado día 16 nas instalacións do citado Museo dende ás 17,00 ata as 19,30 e para categorías sub8, sub10, sub12 e sub14. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e medalla para todos os participantes.

Os interesados poden recibir mais información no teléfono 981 150 168 ou no correo electrónico asociacion@palaestra.net.


Organización :

http://www.agax.org

 

TablaDeFlandes