
Galicia
Festa da Istoria
Sábado 27 de agosto de 2011
Informa: Elías González Club de Xadrez Ourense WEB | Fotos
Nota Prensa:

A edición 2011 da popular festa medieval da Istoria de Ribadavia (Ourense), contou un ano máis coa representación do clásico xadrez vivinte organizado e dirixido polo Club Xadrez Ourense en colaboración coa coordinadora da Festa da Istoria.

Os 32 xóvenes Ribadavienses que lle deron vida ás pezas brancas e negras cos seus traxes así como os centos de asistentes que se deron cita para presenciar o espectáculo no Auditorio do Castelo dos Sarmiento da capital do Ribeiro, completaron e encheron de colorido este bonito evento xadrecístico que forma parte, dende hai anos, do programa de actividades desta popular e coñecida festa medieval.
Elías González
http://www.xadrezourense.com/
Máis Información: