
Galicia
Festa da Istoria
25 de agosto de 2007
Informa: Elías González Ourense Xadrez WEB
Neste singular combate imos presenciar como o
conquistador Tamerlán tentará desafiar novamente á Historia, e
rematar co seu adversario, O Monarca Gilderin Baiaceto, entre
os barrotes dunha gaiola de ferro.
Máis non como a Historia medieval conta, se non empregando
as propias pezas do xadrez....
O Desafío vai comenzar...
Presten atención ó que van a presenciar...
1.d4 Cf6 2.c4 e6 3.Cc3 Ab4
A molesta Nimzoindia
van as negras plantexar
vive Deus!, tamaña afrenta
caro lles pode custar...
4.Cf3 Ce4 5.Dc2 f5 6.g3 c5 7.h4 b5
Un peón sacrificou
o principe Baiaceto
imos rematando verso
que é cuarteta, non soneto...
8.Ag5 Da5 9.Ce5 h6 10.Cg6 hxg5 11.Cxh8 bxc4
Iniciais escaramuzas
a loita comenzo deu
contemplade esta batalla
en pleno barrio xudeu
12.Th2 Ab7 13.0-0-0
O monarca e o castelo
decidiron resguardarse
menester foi guarecelos
e a toda presa enrocarse...
13...Cc6 14.h5 cxd4 15.a3 Ac5 16.Ca4 Ab6 17.Cxb6 axb6 18.h6 Cc5 19.b4 Db5 20.bxc5 bxc5 21.h7
Avanzan infantes brancos
cara a meta, cousa sabia...
non hai trancos sin barrancos
presta atención, Ribadavia...
21...Ce5 22.Rd2 f4 23.Ta1 Cg4 24.Th5 Re7 25.Cg6+
Xaque...
O rei de aqui pra ali
sin gastar maravedí
25...Rd6 26.h8=C
As Brancas coroan cabalo
Tamerlán, conquistador
conseguirán atrapalo?
ou fuxirá con honor
26...Tb8 27.a4 Da5+
Xaque o Rei, ameaza grave
tras un longo pensamento
fuxe ¡ Monarca Branco!
do castelo dos Sarmiento...
28.Rd1 Ac6 29.Ta3 Ce3+ Xaque!! 30.Txe3 dxe3 31.Da2 Ae4 32.Cf7+ Xaque!! 32...Rd5 33.Ce7+
Fuxe o monarca lixeiro
tras acoso dos corceis
máis sin perder os papeis
agóchase no ribeiro
33...Rd4 34.Cd6 Ad3 35.Ah3 g4 36.Tg5 Th8 37.Tg6 Th4 38.gxh4
erro grave, Baiaceto!
38...Db6 39.Cf7 Db4 40.a5 Db7 41.a6 Db4 42.a7 Re4 43.h5 Db5 44.h6 Db6 45.h7 Db5 46.h8T
Foron vanos teus esforzos
dama negra loitadora
Tamerlán, saca reforzos
abre a caixa de Pandora!
46...Db4 47.Da6
Descoido descomunal
nesta festa medieval !!
47...Db2 48.Dd6 Da2 49.Th5 Da5 50.Td5 Da3 51.Cg8 Da2
Arriscache en demasíaTamerlán, o temerario
Poideron, A luz do día,
barrerte deste escenario
52.f3+
Prolongada reflexión
sagacísimo estratega
Presten todos atención
á secuencia que aqui chega
52...gxf3 53.Af5+ exf5 54.Te6+ dxe6 55.Cf6+ gxf6 56.exd3+ cxd3
Reparen no pormenor!
Vanse apretando as paredes
sucumbirás con honor
vas caer nas miñas redes
57.Td4+ cxd4 58.a8A+ Dd5 59.Axd5+ exd5 60.De5+ fxe5
Agora non fuxirás
Oh, principe bayaceto!
Só me falta unha xogada
pa rematar o cuarteto
61.Cd6#
Aquí remata o combate
xornada épica de gloria....
tras un fermoso remate
o xadrez xa foi ISTORIA
NOTA: Como se pode apreciar existen fases da Partida de contido técnico escaso, xa que o obxectivo desta Peza teatralizada era acadar unha vistosa posición final de cara O público xeral, máis profano no xogo do xadrez.
Máis sobre “La Jaula de Tarmerlán” en Juegue Como un G.Maestro (Kotov)Organización e guión: Xadrez Ourense
Máis Información: