
Galicia
Torneo Chantada
Parque Campo Vello da Feira. Chantada
7 de agosto de 2010
TORNEO DO III CIRCUÍTO GALICIA CENTRAL
Informa: Anxo Boán Circulo Chantadino Web
Final :
![]()
Onte sete de agosto, Organizado polo CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ, seguindo as bases xerais do Galicia Central, celebrouse en Chantada a 5ª etapa do III Torneo Galicia Central, con 69 participantes, que iguala o record de participación nesta vila do V Open de Xadrez de Galicia Central celebrado en Xaneiro do 2009 e a pasada edición de 2009 co galo das Festa do Carme de Chantada.
O éxito obtido supera todas as expectativas de participación, tendo en conta que o torneo coincidía co CIRCUITO GALEGO na edicción de Cambados e co Memorial Mestre Alfredo de Celanova, coa ausencia dos clubes de Celanova, e da Escola de Xadrez de Pontevedra de acostumbrada participación nos torneos chantadinos
O concello, e a Comisión de Festas de Chantada, e a mesma organización de Galicia Central patrocinaron este torneo. A Organización doou as acostumadas medallas que ao terceiro clasificado, segundo clasificado e campión e campioa de cada categoría se corresponden con cada etapa do Torneo. A organización das festas, que inclúe o xadrez no seu programa, doou un trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría, unha camiseta para cada participante conmemorativo das festas do Carme, bebidas e refrescos, e unha medalla conmemorativa do torneo a cada participante.-
O torneo disputouse en forma de Sistema suízo con seis quendas, a 15 minutos para cada xogador:
Na categoría absoluta o triunfo foi para o lalinense J. Jesús Sainz, con cinco puntos e medio, tendo que conformarse o mellor xogador do Circulo Chantadino, Pedro Guitián Vázquez co segundo posto a medio punto do campión. O terceiro posto foi para Lorenzo Durán do Liceo Caixa Postal e a campioa foi a Bilbaina Ha¡zeia Doboranbaran-
Na categoría Sub-18, o Campión foi José Ramón Pardo Gómez, quen a pasada tempada xogou cos Franciscanos de Lugo e que neste torneo faino co clube anfitrión, con quen posiblemente fichará para a próxima tempada.- O segundo posto foi para Eloy Sixto do clube Gallecia, e o terceiro posto para Adrián Espiña de Lalín. A Campioa igual ca o Campión tamén foi do Circulo Chantadino, Ana Doval FernándezNa categoría sub 14 o Campión foi Alexandre Rodríguez, do grupo Bazán de Ferrol, o segundo posto para o Lalinense Martín Saa, mentras o terceiro posto para Juán Carlos Pardo Gómez, do Circulo Chantadino.- A Campioa, foi a xogadora do Circulo Chantadino Alicia Xu.-
Na categoría sub 12 despois de seis partidas xogadas, e táboas entre eles, os Chantadinos Lionel Salgado Rigueira e Alberto Perez Sánchez acabaron con 5,5 puntos cada un e empatados a todos os sistemas de desempate normais, polo que excepcionalmente xogaron unha partida de desempate entre eles.- O Campión na partida de desempate foi Alberto Perez, sendo que Lionel Salgado tivo que conformarse co Subcampionato. O terceiro posto foi para o lalinense Antonio Diéguez, e a Campioa Sara Espiña tamén de Lalín.-
Na categoría Sub 10 o podio foi monocor do Circulo Chantadino.- O campión foi Lucas Ledo, do Circulo Chantadino, o segundo clasificado Josif Baciu, tamén do Circulo Chantadino, e o tercero clasificado Alejandro Fernández López, igualmente do Circulo Chantadino.- A campioa, foi a Chantadina Daría Pérez.-
Na categoría sub 8.- O campión foi Alex Crespo de Lalín, o subcampión Daniel Rodríguez do Circulo Chantadino, e o terceiro posto para Xavier Vázquez Curiel igualmente do Circulo Chantadino.-
En resumo: A exquisita canteira do Circulo Chantadino, denota a boa saúde da que goza o xadrez no sur da Provincia de Lugo.- Do Circulo Chantadino é o subcampión da categoría absoluta, o campión e campioa na categoría sub-18, a campioa da categoría sub 14, campión e subcampión da categoría sub 12, podio monocor con campión e campioa incluído na categoría sub 10 e subcampión e campioa na categoría sub-8.-
Toca espallar este traballo ao Val de Lemos, donde Roberto Muñoz está a formar un par de equipos para a próxima liga de xadrez, e dese xeito espallar os éxitos da vila Chantadina a toda a parte sur da Provincia.-
O vindeiro 28 de agosto, terá lugar en Silleda a VI etapa do Circuito Galicia Central, onde de novo os integrantes do Circulo Chantadino intentarán sacar a maior parte dos metais, que a bo recaudo terán que compartir cos de Lalín, quenes na etapa Chantadina coparon o campión absoluto, campión sub 10 e campioa sub 12, impedindo deste xeito o que parecía un monocolor do Circulo Chantadino.-
De todas os xeitos, o Agora Silleda sempre foi bo anfitrión nos seus torneos, polo que a numerosa participación do próximo 28 de agosto está asegurada
Anxo Boán
Círculo Chantadino
http://www.cichaxa.es/Bases:
5ª PROBA VALEDOIRA PARA O III CIRCUITO GALICIA CENTRAL 2010
DATA: Sábado, 7 de Agosto de 2.010
LOCAL DE XOGO: PARQUE CAMPO VELLO DA FEIRA
INAUGURACIÓN E COMEZO:
16:30 horas: Acreditacións de Xogadores.
1ª Rolda: 17:00 horas
2ª Rolda: 17:35 horas
3ª Rolda: 18:10 horas
4ª Rolda: 18:40 horas
5ª Rolda: 19:15 horas
6ª Rolda: 19:50 horas
21:15 horas: Entrega de Premios.RITMO DE XOGO: 15 Minutos a finish.
SISTEMA DE XOGO: Suízo a 6 Roldas, a través do Programa Informático Swiss-Manager.
INSCRICIÓN:
De Balde e ata ás 22:00 Horas do venres 6 de AGOSTO, enviando un e-mail a enriquechantada@gmail.com ou chamando ó 609433157, indicando
nome e apelidos e os menores de Idade, ademaís, o seu ano de Nacemento.DIRECTOR: Anxo Boan y Enrique Rojo
ÁRBITRO PRINCIPAL: Juan Jesús Sanz Sixto
Organiza:
Circulo Chantadino
http://www.cichaxa.es/
Comisión de Festas de Chantada
Patrocina:
Comisión de Festas de Chantada