
Galicia
Torneo Chantada
Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio) Mapa
22 xuño de 2010 | Galería de Fotos
TORNEO DO III CIRCUÍTO GALICIA CENTRAL
Informa: Salvador Crespo Varela Pte. Club Galicia Central
Final:
O sábado 26 celebrouse en Chantada a segunda proba puntuable para o III Circuíto de Xadrez Galicia Central.
Reuníronse 60 xogadores provenientes das catro provincias da xeografía galega, co que se rozou o récord de participación que ostenta Lalín dende o primeiro torneo desta tempada.
A igualdade foi a tónica predominante, só se repetiu un campión e moitos postos decidíronse por desempate.
Categoría Absoluta:
Segunda vitoria consecutiva para o lalinense Juan Jesús Sanz Sixto, que comezou gañando as cinco primeiras partidas, pero perdeu na derradeira rolda contra o forte xogador do E.X.P David Fernández Lago, o que propiciou un cuádruplo empate na cabeza que favoreceu ao dezano, quedando David Fernández Lago en segunda praza, seguido polos xogadores de Celanova Juan Carlos Barbosa que finalizou 3º e Gumersindo Rodríguez, 4.
Gran torneo tamén para os ourensáns que debutaban no circuíto.
A campioa feminina foi a chantadina Ana Fernández Prado.
Sub-18/Sub-14:
Na categoría sub-18 triunfo sen paliativos de Miguel Ferreiro Díaz, do Xadrez Ourense, que facía o seu debut no circuíto. A un punto de distancia quedaron tres xogadores, favorecendo o desempate a Eloy Sixto Puente, do Gallaecia de Santiago que sería prata e ao lalinense Javier Varela García que se alzou co bronce. Mala sorte para o chantadino Héctor Ledo Doval, que quedou coa cuarta praza.
Mentres, en sub-14 se produciu novamente un triplo empate na cabeza. As dúas vitorias nas primeiras roldas déronlle o triunfo por desempate ao pontevedrés do E.X.P. Álvaro Maquieira Vidal, seguido polo lalinense Martín Saa López e o chantadino David Méndez Martínez.
Triunfo en categoría feminina para a lalinense Sara Espiña Prieto.Sub-12/Sub-10/Sub-08:
En sub-12, incontestable o dominio do chantadino Gabriel Pérez Varela, que gañou todas as partidas e logra o seu primeria vitoria no circuíto. Acompañáronlle no podio o xogador do E.X.P. Daniel Reboreda García e o chantadino Alberto Pérez Sánchez, favorecido polo desempate, xa que encabezou un grupo de nada menos que ¡7 xogadores! coa mesma puntuación. A chantadina Natalia Amarante foi a campioa feminina.
Pola súa banda, en categoría sub-10 retorno con vitoria para a xogadora do Laroca de Nigrán Mireya Represa Pérez. En segunda praza finalizou o debutante Alberto Iglesias Feijoo, do Casa dá Xuventude de Ourense, mentres que terceiro finalizou o chantadino Alejandro Fernández López, que se coloca como líder do circuíto.
Por último, en categoría sub-08, primeira vitoria e liderado no circuíto para o chantadino Pablo Fernández López, cun punto de vantaxe sobre o lalinense Álex Crespo Fuentes, que rematou segundo por mellor desempate que o chantadino Xosé Carral Taboada.
As dúas seguintes probas (3ª e 4ª) celebraranse de forma seguida os días 10 e 17 de xullo no Pontiñas CCO Haley de Lalín, patrocinador oficial do circuíto.
(Texto: Juan Jesús Sanz Sixto)
(Fotos: Salvador Crespo Varela)Clasificación Final
Clasificación Final. Sub 12, Sub 10 e Sub 8
Organiza:
Escola de Xadrez Lalín
Patrocina:
Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley
http://www.pontinas.com/