
Galicia
III Circuíto Activo de Galicia Central
maio a setembro de 2010
Informa: Salvador Crespo Varela Pte. Club Galicia Central
Bases Xerais:
1.- O circuíto consta de torneos mensuais, a celebrar exclusivamente os sábados pola tarde, dende as 16.30 ata as 21 horas, a 6 roldas e durante os meses de maio a setembro, ambos os dous inclusive, en partidas semirrápidas (maioritariamente a 15 minutos a finish).
2.- Computaranse os mellores resultados equivalentes á metade máis un dos torneos a celebrar. Este ano están programados 7 torneos polo que se terán en conta os 4 mellores resultados.
3.- Xogarase nas seguintes categorías: absoluta, sub-18, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8. Os premios en cada categoría consistirán en medallas para os 3 primeiros clasificados dos torneos e para a campioa feminina. Se houbese algún premio deserto por falta de xogadores nunha categoría, optarán a estes os xogadores de categorías inferiores por orde de clasificación.
Igualmente haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados e campioas do circuíto en cada categoría e para os 3 mellores equipos, modalidade na que se computarán as cinco mellores puntuacións de xogadores pertencentes a un mesmo club na clasificación final do circuíto, con independencia da categoría en que participe.
Todos os participantes recibirán en cada torneo regalos consumibles.
4.- Para establecer a clasificación final do circuíto seguirase a seguinte orde:a)puntos obtidos sumando os 4 mellores resultados.
b)maior número de participacións.
c)maior ou maiores puntuacións obtidas.
d)enfrontamentos particulares.
e)desempate blitz (brancas 6' vs. negras 5')5.- A orde de forza para os emparellamentos farase de acordo co seguinte criterio:
a)máximo entre elo fide e elo feda
b)elo local
c)orde alfabético.6.- Non se aplicará a regra dos 2 minutos de tempo engadido en caso de xogadas ilegais. En todo o demais se rexerán polas normas da FIDE.
7.- O sistema de desempate, agás que se indique outra cousa, será o seguinte:
a)Buchholz brasileiro,
b)Buchholz total e,
c) Progresivo ata as derradeiras consecuencias.8.- A inscrición é gratuíta en todas as categorías co límite de 100 xogador@s, polo que se seguirá unha rigorosa orde de entrada, coa salvidade de que en caso de superarse o aforamento, sempre terán preferencia aqueles integrantes dos clubs pertencentes á Galicia Central: Chantada, Lalín, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada e Cuntis.
Organiza:
Galicia Central