
Galicia
Invitación Inscrición Pena "Alexei Shirov"
Escola de Xadrez Pontevedra Web
Informa: Escola de Xadrez Pontevedra Web
Nota de Prensa:
Dende a Escola de Xadrez de Pontevedra, queremos anunciar a creación da primeira pena xadrecística co nome:
"Pena Alexei Shirov ´ ´ Grazas polo lume".Esta iniciativa xorde despois de observar o ánimo co que alumnos da EXP seguen as partidas do xenial Gran Mestre Alexei Shirov. Por iso decidimos levar a cabo a creación desta asociación, na cal, pretendemos difundir o xadrez dinámico desta xogador por toda Galicia e España en recoñecemento á súa carreira xadrecística ata agora e no futuro.
Por iso, esta iniciativa non só querémola deixar en Pontevedra ou Galicia, senón invitarvos a todos os interesados en participar nela, sendo a afiliación a esta pena totalmente gratis, invitámosvos a participar e asociarvos na pena.
Isto parécenos xenial, sendo unha idea pioneira, ao ser a primeira pena xadrecística, e dános esperanzas de que no futuro haxa máis como esta na cal poidamos ir dando aínda máis a coñecer o xadrez e aos seus magníficos xogadores.
Sen máis, achégase unha ficha de inscrición para os interesados, a cal poderedes mandar a escola@xadrezpontevedra.com.
Tamén vos dicir que se entrades no noso foro: foro.xadrezpontevedra.com poderedes gozar de diversos temas, habendo un especialmente dedicado a Alexei Shirov, tan só tedes que entrar e registraros para poder velo.
Enviámosvos un cordial saúdo esperando contar convosco.
Descargar convite en PDF | Descargar convite en DOC
"Peña Alexei Shirov ´´Gracias por el fuego"
Informa:
Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/