Galicia/Galiza
Galicia

Torneo Tata Steel Wijk aan Zee 2011
Portal Shirov Online

Pontevedra

Escola de Xadrez Pontevedra Web
Plataforma Shirov Online Web

Informa: Escola de Xadrez Pontevedra Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Ola a todos:

Dende a pena Alexei Shirov "Gracias por el Fuego" e a Escola Xadrez de Pontevedra, con motivo do torneo que se celebra dende onte sábado na cidade holandesa de Wijk aan Zee.

Torneo o cal, esta disputando Shirov no grupo A, composto por 14 dos xadrecistas máis fortes do mundo.

Por iso, queremos facer un seguimento especial ten este torneo a través do Portal shirovonline, mediante unhas clases, nas cales se verán e analizarán as partidas disputadas por shirov neste torneo.

Os horarios das clases serán os seguintes.

Martes 18 a partir das 18:30 ( polo MI Daniel Rivera)

Xoves 20 a partir das 21:00 ( polo monitor autonómico David Fernández )

Martes 25 a partir das 18:30 ( polo MI Daniel Rivera)

As clases impartiranse no portal Shirovonline no grupo da pena Alexei Shirov "Gracias por el Fuego"

Esta actividade será completamente gratuíta para os socios da pena.

Aquelas persoas que non sexan socios e queiran selo, teñen a oportunidade escribindo a p_alexei@xadrezpontevedra.com e solicitando a inscrición de balde para poder gozar destas clases e de máis actividades organizadas por esta.

Pregamos aos que non asistisen nunca a unha clase a través do portal shirovonline que o comuniquen para que se lles poida crear unha conta, escribindo a escola@xadrrezpontevedra.com ou ben a p_alexei@xadrezpontevedra.com.

Agardando a vosa asistencia enviámosvos un cordial saúdo.

David Fernández
Pena "Gracias por el Fuego"

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/


Sitios Relacionados:

Escuela de Ajedrez Shirov Online
http://www.shirovonline.com/

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/

 

TablaDeFlandes