
Galicia
Record de España de Partidas Simultáneas
Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Pontevedra
11:30 da mañá do domingo 27 de decembro de 2009 | Galeria de Fotos (Picasa)
Informa: Raquel Federación Galega de Xadrez Web | Escola de Xadrez Pontevedra Web (Con Foro)
Prensa en PDF. Diario Pontevedra: PDF 1 | PDF 2 | PDF 3
MI Daniel Rivera / Ramón Escudeiro
No día de onte, domingo 27 de decembro de 2009, o MI Daniel Rivera, estableceu o record nacional de partidas simultáneas, ao acadar a cifra de 201 taboleiros. Ao longo do día o xogador uruguaio con residencia en Pontevedra e alma mater do Club Escola de Xadrez de Pontevedra realizou 201 partidas das cales resultou vencedor en 174, táboas en 26 e 1 soa derrota para completar o total. A xornada deu comezo ás 12.00 horas e finalizou ás 20.30 tendo, polo tanto, unha duración de 8 horas e 30 minutos, sen interromperse en ningún momento a actuación do MI Daniel Rivera.
MI Daniel RiveraCalcúlase que o mestre percorreu preto de 6 quilómetros e realizou unha media de 21 movementos por partida. Ás 17 horas eran 102 as mesas que aínda faltaban por xogar, 53 ás 19 horas, baixando a 41 en tan só 10 ´ ás 19.10. Ás 19.50 horas quedaban 17 e só 3 ás 20:20, finalizando a derradeira ás 20.30.
Houbo presenza de xogadores de varios puntos de Galicia e dende estas liñas mostrámoslles todo o agradecemento do MI Daniel Rivera.
Estiveron presentes o Presidente da Federación Española de Xadrez e o da Federación Galega.
Ramón EscudeiroAsí mesmo o sábado día 26 de decembro de 2009, o novo xogador invidente Ramón Escudeiro tamén estableceu un record nacional de partidas simultaneas para cegos, tras xogar un total de 20 partidas das cales resultou vencedor en 17 e asinou 3 táboas, despois de case 4 horas de partidas. No acto estivo presente o presidente da Federación Española de Deportes para Cegos quen certificou o grande evento desenvolvido por Ramón Escudeiro e ponse unha marca altisima para os xogadores invidentes.
Destacar que nos dous eventos, máis do 80% dos participantes eran federados, entre os que se atopaban diversos campións/onas galegos/as e novas promesas do panorama Español.
Escola de Xadrez Pontevedra
Presentacion:
MI Daniel Rivera. Record Simultáneas ano 2006 InfoEstimados afeccionados:
Co motivo da festa HQR, realizada polo Diario de Pontevedra, un ano máis contaron coa participación da Escola de Xadrez Pontevedra, nesta ocasión para levar a cabo un récord nacional de xadrez de partidas simultáneas polo Mestre Internacional Daniel Rivera.
Os organizadores decidiron realizar esta actividade como broche final á festa HQR e co obxectivo da difusión deste deporte en todo o territorio galego.
Pedimos a vosa colaboración para poder levar a cabo esta actividade e con iso poder darlle un maior impulso ao xadrez, grazas á influencia que ten esta festa na cidade de Pontevedra.
A simultanea será a partir das 11:30 da mañá do domingo 27 de decembro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Haberá comida quente e merenda para todos os participantes, así como obsequios e diplomas.
Tamén terá lugar o sabado 26 no mesmo recinto a partires das 4 da tarde, un intento de récord nacional levado a cabo polo xogador cego Ramón Escudeiro Tilve, que se batirá contra vinte persoas.
O dia 26 haberá tamén obradoiros de iniciación e un taboleiro xigante para que todos os nenos e nenas podan disfrutar co xadrez nesta festa que queremos levar a cabo.
Todos aqueles que querades información sobre as actividades ou inscribirvos na simultanea (adxuntamos ficha de inscrición) podedelo facer no email: escola@xadrezpontevedra.com
Esperamos contar coa vosa colaboración para poder bater o anterior récord do Mestre Rivera (152 taboleiros) e poder gozar dun día grande para este deporte.
Un cordial saúdo,
Escola de Xadrez de Pontevedra.Información de Arquivo. MI Daniel Rivera, record de España de partidas simultáneas. Xuño de 2006
Organiza:

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/
Colaboran:
![]()
Diario de Pontevedra
http://diariodepontevedra.galiciae.com/

Festa HQR!
http://www.fiestahqr.com/fiesta/default.htm

Federación Galega de Xadrez
http://www.fegaxa.org/gal/index.php