Galicia/Galiza
Galicia

Torneo Lalín Pontiñas Centro Comercial Haley

Lalín - Pontevedra

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio) Mapa

Sábado 4 de setembro de 2010

TORNEO DO III CIRCUÍTO GALICIA CENTRAL

Informa: Escola Xadrez Lalín

En castellanoEn galego

Final:

Lalín puxo o broche de ouro ao III Circuíto de Xadrez Activo Galicia Central 2010 PONTIÑAS CCO HALEY, coa celebración da sétima e última proba puntuable, na que todas as categorías estaban por decidir e os nervios estaban a flor de pel, especialmente entre os máis pequenos. As partidas estiveron moi disputadas e varios postos no podio final decidíronse por mellor desempate. Chantada foi o club máis premiado do circuíto, con 10 galardóns. Lalín logrou 6, 4 a E.X.P. , 2 Fontecarmoa e Gallaecia, e 1 Marquiño, Franciscanos e Xadrez Ourense. Ademais por primeira vez houbo un campión de cada unha das catro provincias galegas, nunha edición que bateu todos os récords de participación, ao superar os 150 participantes entre todos os torneos disputados, superando as expectativas máis optimistas.

Categoría Absoluta:

lalinense Juan Jesús Sanz Sixto conseguiu manter a coroa e proclamouse por terceira vez campión do circuíto en categoría absoluta, na edición con máis nivel ata o momento. O xogador do Marquiño Jesús Rodríguez Pérez cunha notable actuación finalizou segundo, a só medio punto do líder, ao que chegou a poñer en apertos. Necesitaba gañar todas as partidas no torneo de Lalín para alcanzar a vitoria xeral, pero a súa derrota en segunda rolda deixou decidido o campionato. Miguel Ángel Vázquez Alonso, do Gallaecia, ausente en Lalín mantivo a terceira praza que xa tiña asegurada. A campioa feminina foi a xogadora do Fontecarmoa Silvia Pérez Andrade, que progresa e consegue mellores resultados torneo a torneo.

o que respecta ao torneo lalinense o gañador foi con todo merecemento Juan Carlos Barbosa Fernández, de Celanova, que venceu en solitario por diante dos favoritos, que non tiveron o seu mellor día. O podio completárono dous xogadores do Marquiño, repetindo o acontecido na última proba lalinense, Esta vez Manuel Ángel Amil Blanco finalizou segundo por mellor desempate que Jesús Rodríguez, terceiro.

Silvia Pérez Andrade, do Fontecarmoa, gañou en categoría feminina.

CAMPIÓN: Juan Jesús Sanz Sixto (Lalín)
SUBCAMPIÓN: Jesús Rodríguez Pérez (Marquiño)
3º CLASIFICADO: Miguel Ángel Vázquez Alonso (Gallaecia)
CAMPIOA FEMININA: Silvia Pérez Andrade (Fontecarmoa)

Categoría Sub-18:

Os irmáns Pardo Gómez dominaron a proba de Lalín. Juan Carlos conseguiu a medalla de ouro está vez, por diante de José Ramón, que se tivo que conformar coa prata. Eloy Sixto Puente, do Gallaecia finalizou terceiro, o que lle valeu para conseguir o título de campión do circuíto en categoría sub-18 por mellor desempate que Álvaro Maquieira Vidal, da E.X.P., subcampión ao cabo. O campión das dúas primeiras edicións, o lalinense Javier Varela García, quedou en terceiro lugar nesta ocasión.

A forte xogadora do Fontecarmoa Ana Grande Palacios, logrou o triunfo en categoría feminina tanto no torneo coma no circuíto

CAMPIÓN: Eloy Sixto Puente (Gallaecia)
SUBCAMPIÓN: Álvaro Maquieira Vidal (E.X.P.)
3º CLASIFICADO: Javier Varela García (Lalín)
CAMPIOA FEMININA: Ana Grande Palacios (Fontecarmoa)

Categoría Sub-14:

Tres xogadores partían empatados a puntos no primeiro posto da xeral en categoría sub-14 polo que as puntuacións de Lalín serían decisiva de cara á xeral. O torneo gañouno Álvaro Maquieira Vidal, da E.X.P. co seu mellor resultado ata o momento. O silledense Pedro Segade Penela alcanzou o podio por primeira vez ao finalizar na segunda praza por diante de Miguel Ferreiro Díaz, do Xadrez Ourense, que facía valer a súa terceira praza para alzarse como campión do circuíto en categoría sub-14. O subcampión do circuíto foi José Ramón Pardo Gómez, federado en Franciscanos, mentres que o lalinense Martín Saa López non tivo o seu día e quedou como terceiro na xeral. Outra lalinense, Sara Espiña Prieto conseguiu senllos triunfos na proba e na xeral do circuíto.

CAMPIÓN: Miguel Ferreiro Díaz (Xadrez Ourense)
SUBCAMPIÓN: José Ramón Pardo Gómez (Franciscanos)
3º CLASIFICADO: Martín Saa López (Lalín)
CAMPIOA FEMININA: Sara Espiña Prieto (Lalín)

Categoría Sub-12:

Co campionato practicamente decidido a emoción radicaba en quen ocuparía os outros dous caixóns do podio.

O gañador en Lalín foi Daniel Reboreda García, da E.X.P. que repetía o triunfo de Silleda e demostraba que se encontra en plena forma. Os chantadinos Gabriel Pérez Varela e Alberto Pérez Sánchez finalizarían segundo e terceiro, a medio punto e un punto respectivamente. Con estes resultados a clasificación final do circuíto sería curiosamente a inversa ao torneo, proclamándose campión en categoría sub-12 Alberto Pérez Sánchez, que gañou 3 das 7 probas, seguido de Gabriel Pérez Varela e de Daniel Reboreda García. En categoría feminina a vencedora do torneo foi a chantadina María Vázquez Figueiras, mentres que a campioa do circuíto foi a súa compañeira Natalia Amarante Varela.

CAMPIÓN: Alberto Pérez Sánchez (Chantada)
SUBCAMPIÓN: Gabriel Pérez Varela (Chantada)
3º CLASIFICADO: Daniel Reboreda García (E.X.P.)
CAMPIOA FEMININA: Natalia Amarante Varela (Chantada)

Categoría Sub-10:

Tensión hasta la última ronda en categoría sub-10, dónde los tres primeros terminaron a sólo medio punto en la clasificación general.

El torneo lo ganó Josif Baciu, por mejor desempate que José Luis Rodríguez Díaz, segundo, mientras que Alejandro Fernández López finalizó tercero, todos ellos jugadores chantadinos. En lo que respecta al circuito Alejandro finalizó empatado en primera plaza con el pontevedrés Anxo Vidal García, pero el primer desempate (mayor número de participaciones) le dio el título al primero. El vencedor en Lalín Joshif Baciu acabó tercero y a punto estuvo de adelantar por sorpresa a los líderes. En categoría femenina la chantadino Carla Calviño Romeo consiguió el doblete tras ganar la prueba y el circuito.

CAMPEÓN: Alejandro Fernández López (Chantada)
SUBCAMPEÓN: Anxo Vidal García (E.X.P.)
3º CLASIFICADO: Josif Baciu (Chantada)
CAMPEONA FEMENINA: Carla Calviño Romeo (Chantada)

Categoría Sub-08:

Emoción a cachón na nova categoría sub-08 onde o lalinense Álex Crespo Fuentes e o chantadino Pablo Fernández López parecían empeñados en empatar a todo. No torneo o desempate deulle a vitoria ao dezano, finalizando Pablo segundo e o lalinense Miguel Martínez Azcueta terceiro. Non obstante na clasificación do circuíto tórnalas investíronse e grazas o terceiro desempate Pablo Fernández López conseguiu o trofeo ao campión do circuíto, quedando Álex segundo e a chantadina Daría Pérez López, que tamén logrou o triunfo en categoría feminina, terceira na xeral.

CAMPIÓN: Pablo Fernández López (Chantada)
SUBCAMPIÓN: Álex Crespo Fuentes (Lalín)
3º CLASIFICADO: Daría Pérez López (Chantada)
CAMPIOA FEMININA: Daría Pérez López (Chantada)

Clasificación por equipos:

En la clasificación por equipos, donde se computan los cuatro mejores resultados de jugadores de un mismo club, independientemente de la categoría, Chantada se proclamó campeón con cierta holgura, aprovechando las buenas puntuaciones de su gran cantera. Lalín terminó en segunda plaza como cabía esperar, mientras que en la tercera plaza hubo sorpresa, y finalmente la Escuela de Xadrez de Pontevedra (E.X.P.) conseguía culminar la remontada y sobrepasar a Gallaecia y Silleda en el último momento.

Clasificación en los 5 primeros puestos (y cuatro mejores puntuaciones):

Chantada 75         (Alberto Pérez Sánchez, Gabriel Pérez Varela, Pedro Guitián Sánchez, Alberto Amarante Varela)
Lalín          65           (Juan Jesús Sanz Sixto, Salvador Crespo Varela, Antonio Diéguez Vázquez, Álex Crespo Fuentes)
E.X.P.       61          (Daniel Reboreda García, Anxo Vidal García, David Fernández Lago, Álvaro Maquieira Vidal)
Gallaecia  58'5        (Miguel Ángel Vázquez Alonso, Manuel Rodríguez Lamas, Eloy Sixto Puente, Javier Rozas Pichel)
Silleda       53'5        (José Manuel López Caamaño, José Antonio Gómez Villaverde, Manuel Golmar Fondevila, Andrés Cangas Sánchez)

Dende a organización agradecemos a todos os xogadores e clubs a súa participación e damos o parabén aos premiados, esperando encontrarnos de novo na IV edición do Circuíto Galicia Central.

Escuela de Lalín

PDF Clasificacións Lalín

Lalín Absoluto Cadro Cruzado por Clasificación Final

Lalín Categorías Cadro Cruzado por Clasificación Final

PDF Clasificacións Finais Circuíto 2010

Clasificación Final Circuíto Absoluto, Sub 18 e Sub 14

Clasificación Final Circuíto Categorías Sub 12, Sub 10 e Sub 8

Bases:

Data: Sábado, 4 de setembro de 2010

Local: Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio) Lalín

Sistema de Xogo: Suízo a 6 roldas, a través do programa informático Swiss-Manager.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, sub-18, sub-14, Sub12-Sub10-Sub08

As inscricións
poderanse facer de forma gratuíta e ata as 22 horas do venres 03-09-10, enviando un correo a escueladeajedrezlalin@gmail.com ou chamando ao 670 599 301 ou 638 040 826, indicando nome completo e os menores de idade, ademais, o seu ano de nacemento.

Última proba valedoira para o III Circuíto Galicia Central onde se entregarán tamén os trofeos aos gañadores do circuíto (tres primeiros e campioa feminina en cada categoría ).

Director: Salvador Crespo Varela
Secretario: Xoán Xosé Hidalgo Neira
Árbitro Principal: Juan Jesús Sanz Sixto


Organiza:

Club de Ajedrez Galicia Central

Patrocina:

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley
http://www.pontinas.com/

 

TablaDeFlandes